View allAll Photos Tagged cando
Cando os uns xogan... outros divertímonos sacándolles fotos...
(no sé como vereis la foto vosotros...entre lo que yo veo en el monitor y lo que se ve después de publicar en flickr...hay un abismo...no sé como solucionarlo)
Que existan petroglifos nos montes de Sabucedo con figuras de homes loitando con cabalos, tal e coma se fai agora, mil anos anteriores o nacemento de Xesús e un feito que proba que a orixe da Rapa non ten relación co cristianismo, pero xa se sabe que tratándose de estes asuntos de maxia e relixión, as probas e os feitos non teñen a menor relevancia fronte a tradición
O feito da Rapa non é só cortar as crinas, senón tamén a previa aloita corpo a corpo (home-besta) e a inmobilización do animal. O acto da rapa, comeza co acurramento dunha parte das bestas. Os nenos separarán os potros (bichiños) para que estes non sexan mancados polos grandes e irse así iniciando na actividade. Seguidamente os aloitadores (nos últimos anos tamén algunhas aloitadoras) escollen un cabalo (diríxense especialmente ás bestas do Santo: aspecto simbólico-relixioso) e loitan con el corpo a corpo, sen máis aparellos cá súa forza. Esta forma de loitar herdouse de xeración en xeración: dous aloitadores van á cabeza e un ó rabo. Un dos que vai á cabeza debe ser o que salta enriba da besta e cabalga sobre ela. Pouco despois, o segundo da cabeza acode na súa axuda. Cando este chega e se engancha nas crinas dianteiras, o que está subido no équido debe baixar do animal. Ó mesmo tempo o aloitador que vaia ó rabo debe facer unha serie de movementos para intentar desequilibrar a besta. Unha Vez deitada a besta e inmovilizada, cortaselle as crinas,pero tamen marcase con chip e desparasitase a fin deperservar a sua saude
[O camiño dos faros, etapa 8: de Nemiña a Fisterra]
Durante moitos séculos, na Galiza, o pobo pasou fame. Unha fame infinita e dolorosa, que só podía ser calmada con froitos dun mar salvaxe e violento que tragaba mariñeiros demasiado a miúdo. As vilas, fartas do seu destino, decidiron entón, según as lendas, deixar de ser as vítimas dese océano grande e escuro, para tornares en axudantes e cómplices do asasino mar.
Decíase que nas noites de forte treboada e pouca visibilidade, cando as fortes choivas e as espesas brétemas impedían ós navegantes estranxeiros albiscar a costa, pequenos grupos de paisanos acudían cos bois ós cabos, facéndolles camiñar con fachos e faroles nos seus cornos. Así simulaban, co seu cansino camiñar, as luces acendidas de outras pequenas embarcacións. Os mariñeiros cruzaban entón a costa, pensando que había un corredor seguro, non tan afastado da terra, usado por outro barco.
Así acababan estrelándose contra os acantilados da costa da Morte, e comezaba o saqueo que en poucos minutos deixaba as despensas dos viláns cheas a conta dos náufragos, que bastante tiñan con salvala vida.
Algúns pensan que estos actos eran lamentábeis e deplorábeis. Outros, os que coñeceron a fame e a pobreza porque a viron de fronte nalgún momento da sua vida, saben que eran actos de supervivencia, que ademais ninguén dudaría en acometer para dar de comer a un fillo.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro.
GMTX MP15AC # 309 ( built for Kennecott Copper ) lettered for lease to Cando Rail Services in Canada. East St Louis, IL March 26th 2019
When the weather is fine, it's common to see a group of women having tea on Touro Beach in Ribeira. They look very happy and relaxed, and there seems to be a strong sense of sisterhood among them. They don't need to take a bath to enjoy the beach.
***
Cando hai bo tempo é frecuente ver un grupo de mulleres tomando o té na praia do Touro en Ribeira. Dá a impresión de estaren moi ledas e relaxadas e que hai unha grande sororidade entre elas. Non precisan do baño para desfrutar da praia.
Un cogomelo,é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados.
A época na que se fan visíbeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o champiñón e o pleuroto) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (níscaro, boleto, matacandil, etc.) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a zarrota.
A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.
Os cogomelos (ou cogumelos) reciben en Galiza infinidade de denominacións populares coma: pan de raposo, pan de cobra, pan de sapo, etc, moitas veces aludindo á toxicidade
Os cogomelos en xeral representan unha fonte importante de selenio, elemento moi importante para o metabolismo humano, sendo un dos micronutrientes que posúen un maior efecto antioxidante e de protección contra algúns tipos de cancro. O seu alto contido en polisacáridos comporta unha acción beneficiosa sobre o sistema inmunolóxico.
Os fungos comestébeis conteñen un tipo de glícidos que os encimas humáns non poden dixerir, mais que poden ser fermentados parcialmente polas bacterias do colon de xeito que se comportan no aparato dixestivo humano de xeito semellante á fibra alimentaria. A fibra e estes glícidos inchan coa auga e regulan o tránsito intestinal. Os cogomelos tamén aumentan a excreción de ácidos biliares e teñen propiedades antioxidantes e hipocolesterolemiantes.
A Galiza non chegaría o cultivo de cogomelos para consumo masivo até o século pasado, circunstancia na que seguro tivo que ver a micofobia existente en Galiza que se arrastra até a actualidade. Hoxe atopamos cogomelos frescos, secos, en tarro... todo o ano.
Especies
Agaricales (Agaricus: bóla de neve, champiñón común, fungo dos lameiros), Amanita (amanita branca, amanita dos Césares, cacaforra da morte, cacaforra dourada, francesiña, rebentabois), Boletus, cantarela, carallán, cerrote, cogomelo dos lamigueiros, cornizó, feixó do demo, fungato, matacandil, mildio, netorra, níscaro, oídio, pé azul, peido de lobo, pleuroto, tortullo, trufa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"¡Quen me dera que, antes de morrer, poidese ver á Igrexa de Deus como nos primeiros tempos, cando os Apóstolos largaban as súas redes para pescaren homes e non para pescaren ouro ou prata!"
Bernardo de Claraval (1091-1153), Carta 238.
MÚSICA: Tomás Luis de Victoria - Officium Hebdomadae Sanctae - IV - O Domine Jesu Christe - Motete a 6
"O botafumeiro, enorme incensario (o máis grande do mundo), na actualidade é de latón prateado e noutros tempos de foi prata, ten un peso de 53 quilos e é capaz de ser balanceado chegando a atinxir velocidades de 70 quilómetros por hora e elevándose ata 20 metros de altura. Dese xeito, cando se pon en funcionamento dá lugar a unha espectacular cerimonia.
Se podería dicir que o botafumeiro xurdiu por necesidade de resolver un problema sanitario. Durante os escuros séculos do medievo, azoutados polo vandalismo e as pestes, os peregrinos, por miles, se protexían entre os muros de pedra da Catedral non só para elevar as súas pregarias e promesas ó Apóstolo Santiago se non tamén para durmir e guarecerse do mal tempo, das chuvias e da friaxe.
Di a lenda que cara o século XI da nosa era, os monxes e canónicos da catedral, saturados pola aglomeración humana que se producía e tras padecer a cidade varias epidemias, encargaron a construcción dun enorme aparello que servise para paliar tan desagradable situación.
Estaba calculado para que ó balancearse, puidese derramar o doce olor do incenso sobre a multitude de peregrinos, actuando como desinfectante e dulcificando o cheiro do espacio sagrado. A ese enorme incensario de prata, de máis dun metro e medio de altura, chamóuselle en lingua galega e castelá "botafumeiro".
As persoas encargadas de facer funcionar o botafumeiro son os "tiraboleiros". Para facelo mover, tiran dunhas cordas de esparto que co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda. Tiraboleiro significa o mesmo que thuribulum, é dicir, "lanzador de fume"."
O NOSO MAR
Fel mantenza de auga miragreira
que vai e ven e baixa e rube e roda,
e ferve nos punteiros das lustrosas
testas ergueitas das rocas agachadas.
Perdura a regalía
abalada das bágoas.
Pestanexar de brilos atolados
antre o ceo desfeito polo vento,
cando o bico da chuvia rebulea
nunha loita ceibada e burbuxante.
Cadea de ondas
espallando espellos.
Cándido Viñas Calvo, Xoias e coitas da terra orballada, 1972.
MÚSICA: Reasy - Fading Clouds
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 859 habitantes (442 mulleres e 417 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando contaba con 981 habitantes.
Caión contaba cun porto baleeiro, que aparece mencionado na Descripción del Reyno de Galicia do Licenciado Molina (século XVI).
Arquitectonicamente destacan a Casa do Conde do Graxal, a Igrexa de San Xurxo (plateresca) e as ruínas do convento de Santo Agostiño, fundado no século XVI por Fernando Bermúdez de Castro.
Caión, A Laracha
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Si el excursionista quiere salir de A Coruña rumbo al Oeste, irá a dar a Caión, donde comienza la dura, brava, peligrosa y conocida "Costa da Morte".
Durante siglos, Caión fue un destacado puerto ballenero. Aún hoy da la impresión de que sus casas pretenden introducirse en el mar.
Los habitantes de Caión (lugar que presume de tener las cebollas de mejor calidad de toda Galicia), desafiaron al mar desde su montículo batido por los vientos día y noche. No solo eso, sino que, sin importarles el peligro, salían a cazar ballenas primero y a pescar enormes cantidades de sardina despues.
Conta a lenda deste castelo que fai moitos anos viviu nel unha moza fermosa, unha auténtica doncela coñecida como Aldara.
Aldara estaba prometida cun cabaleiro da contorna, e pronto ía ter lugar o casamento. De xeito misterioso, Aldara desapareceu da fortaleza. O pai da doncela, un cabaleiro coñecido como Froiaz, estivo a buscala coa axuda do seu fillo Egas e seu futuro xenro.
Fixérono durante anos, nas máis escuras noites e nos máis fríos invernos. Pero a familia acabou dando á rapaza por morta, pensando quizais que fora devorada por algún lobo famento ou algunha outra besta salvaxe.
Anos despois Egas, o fillo do cabaleiro Froiaz e irmán de Aldara, saíu ó monte co obxectivo de dar caza a algún animal para o xantar. Namentres camiñaba puido albiscar ó lonxe unha corza branca como a neve. Apuntou co seu arco e sen pensalo dúas veces, cunha soa frecha, abateu ó animal.
Egas non pensara no difícil que sería transportar o corpo do animal dende o monte ata o castelo, pois pesaba moito e a neve non axudaba nada. Foi entón cando decidiu cortarlle unha das patas dianteiras para levala consigo e dar proba da súa fazaña. Cando Egas chegou de volta ó castelo, foi onde seu pai para mostrarlle a peza que cazara.
Mais no momento no que baleirou o seu saco, o que apareceu non foi precisamente a pata dianteira daquela corza branca, senón unha man pálida, fina e suave; de fidalga. Nun dos dedos daquela man ensanguentada lucía un brillante anel de ouro cunha pedriña vermella. Naquel preciso momento, pai e fillo miráronse fixamente e lembraron que aquel anel era o da súa Aldara. Ámbolos dous colleron rumbo ó monte, cara o lugar onde Egas dera morte a aquela corza branca. Cando chegaron ó lugar atoparon o resto do corpo da fermosa doncela tirado no chan, ensanguentado e sen unha das súas mans.
CN Q114 with Military painted GE 3015 in the lead, passes a Cando SW1200RS at East Edmonton Alberta. This area of the city is full of petrochemical and other heavy industries, and the Cando crew is busy switching tank cars into Imperial Oil's refinery out of frame to the left.
Repinican as campanas
en San Xoán de Baión,
repinican as campanas
cando sai a procesión.
Cantiga popular galega.
MÚSICA: Antonio Caldara (1670-1736) - Magnificat per soli, coro e orchestra in do maggiore
This photo was taken in January of this year from Lakeshore and Bathurst, 9 photos stitched together. this one really has to be seen BIG
Chove,
Ti miras pola fiestras e ves sol, pero chove. Tan miudiño que nin te decatas. Neste mundo chove, sempre miudiño. Cambios tan pequenos que non lle das importancia.
Ves que no pobo se pecha unha casa, portas pechadas.
Os vellos mais encorvados levando un peso que non lles corresponde.
Estamos comodos, non importa.
Cambios imperceptibles que non nos incomodan.
Pero chove, miudiño, sempre miudiño.
Pero cando queiras acordar estarás todo mollado, non habrá volta atrás. O frio xa estara nos teus osos, un frio que non é facil de quitar. Nin o lume nin o sol. Somos xente do norte. sabes de que falo.
Chove
Miudiño, pero estás a tempo de cambiar, de facer teus os cambios, de loitar polo que queres.
O Faro de Fora da Illa Pancha na bocana da Ría de Ribadeo. Con 13 metros e medio de altura nos os de Ribadeo acostumamos a miralo coma un xigante. Un xigante na defensa das xentes do Mar que traballan a diario preto do seu radio de acción; ou mesmo de iates, mercantes, e demais embarcacións que entran na nosa Ría.
O que xa non sei é como ó imos sentir cando se levanten nos montes do fondo da Ría os 25 muíños eólicos de 170 metros de altura que se están a prever na Serra de Porta -Monte Pousadoiro e outros-.
Isto dos eólicos, moito me temo que comeza a dexenerar. Os 170 metros de altura supoñen 40 mais que o edificio mais alto de Asturias na actualidade, a Torre da Laboral en Xixón. E son nada máis e nada menos que 25 torres.
Veño co posto para face-la miña ofrenda. Veño á fin deste camiño a deixa-los meus agasallos. Deixo atrás privilexios e prebendas. So teño comigo os meus defectos e os meus fallos.
Ergo a mirada cara os teus ollos. Permítome sorrir cando aínda non aprendín. Fas que esqueces a miña presencia. Consegues que todavía crea menos en min.
Nada novo baixo a lúa.
--------------
I came here with just what I'm wearing to make my offering. I came here to the end of this road to give my presents. I leave my privileges and prebends behind. I only have my defects and failures with me.
I rise my sight towards your eyes. I allow myself to smile when I don't even know how. You pretend you've forgotten my presence. You make me believe even less in me than before.
Nothing new under the moon.
Gymnopilus Spectabilis. Coñecida como Seta da Risa.
Algún dos nosos políticos, tamen Spectabilis, dan Risa cando dín que non queren de se enfrontar a Madrid, logo das que nos levan feito.
Ai que ter orgullo do que somos, non so de palabra, ou vamos dar Risa
Conta unha lenda universal que, fai moitas épocas, as persoas eran animais simbióticos: ían sempre acompañadas dun paxaro diminuto, de plumaxe brillante e canto melódico semellante a un murmurio. Chamábase Agora.
Os Agoras acompañaban aos humanos día e noite, revoloteando polas súas cabezas en silencio, e eran paxariños moi sabios e sinxelos. Cada vez que os seus simbiontes contemplaban unha paisaxe fermosa, miraban a alguén aos ollos, ou vivían calquera deses máxicos eventos que adoitan discriminarse só por ser cotiáns, o Agora peteiráballe na cabeza e cantaba. Entón as persoas tiñan un Momento de Consciencia. Vivían o presente con máis nitidez e eran felices. De feito, os Agoras nutríanse das emocións que se desprendían destes momentos, e de aí a simbiose.
Había xente que se facía moi amiga dos seus Agoras e estes dábanlles Momentos de Consciencia a cada pouco. Con todo, algo ocorreu. Chegou un punto en que, por motivos escuros, a xente empezou a establecer relacións con outras dúas aves, unha de plumaxe negra e outra branco: chamábanse Antes e Despois, e aos poucos, os Agoras foron desaparecendo, a maxia dos pequenos detalles esqueceuse, e os Momentos de Consciencia esvanecéronse para sempre.
De cando en vez, os humanos aínda se entenden, cooperan, escóitanse e apoianse. Entón, os Agoras aparecen para peteirar feblemente e indicar que aínda viven entre nós. E, tan rápido como se deixan ver, desaparecen no ceo azul, deixando tras de sí un rastro de ledicia e esperanza.
Nada. Nada despois. Nada despois do último momento.
Murmurio do océano onde nadan as túas cinzas, berros das gaivotas antes do solpor.
Erosión permanente para quedar nas mesmas coordenadas desordenadas, sen sextante nin compás.
Non acado saber ben por que estás aquí dentro, por que a túa presenza se sinte arredor, cando o teu corpo xa quedou atrás.
DETRÁS das persianas de madeira verde chove. Chove cando abre luces o mundo
coñecido, desde a casa ata o mar. Na hora central da terra, teima a chuvia en mecánica
de harpas e as cores morren brancas nunha única cor que chamamos auga, que
chamamos nada.
Hai vultos que sobreviven indiferentes debaixo do trebón. Soben e baixan polo día entre a chuvia multitudes grises, roupas frías, un trafego líquido de sombras.
Sei da chuvia a caír con pedras bravas enriba dos tellados e dos raizames de auga a ferver nos fundamentos da casa porque morra. Pero desta banda do mundo a terra miña son arquitecturas de espello inesperado: os afagos da cera na madeira, o estralo dos aceites como agullas, a matizada voz das persoas domésticas e o timbre que anuncia a visita do comercio popular.
(...)
Xosé María Álvarez Cáccamo, Calendario perpetuo, 1997
MÚSICA: Shelter from the Storm - youtu.be/p8whzxttOIk
Dae cando este iscuricande issa est jà pronta a essire
chin sas atteras cumpandzas sunu prontas a partire
unistella troppu bella chi ti sindzat su caminu
unistella troppu manna tottus deppen ammirare.
Istentales
Copyright © Giorgia Antoni - All rights reserved - Use without permission is illegal
Cando o vento sopra levántase os sons da terra, as árbores farfullan os seus dialectos e os riscos oubean os seus silencios . Cando o vento sopra o aire adquire a súa dimensión de corpo . As súas mans enrédanse nos teus cabelos ou coanse, antes que as miñas, por baixo da túa saia mentres rumorea a carón do teu oído ,toleandoche coas súas palabras. Ás veces chora na choiva que lle acompaña, outras fere co fío frio dunha guadaña Ás veces estráñalo polas súas caricias ,outras ódialo polas súas labazadas . Cando o vento sopra ínchanse a maior dos veleiros, , rasgan con forza as ondas, balancean frenéticas as lapas. Cando o vento sopra e achegase a ti , bátenme de celos as contras da alma
"Érguese Deus e dispérsanse os seus inimigos,
foxen da súa presenza os adversarios.
Disípanse coma fume que esvaece,
coma cera que co lume derrete.
Así perecen diante de Deus os malvados,
pero os xustos alégranse, exultan na súa presenza,
reloucan de contento."
Salmo 68 (incluído no ritual de exorcización).
Téndese a pensar no rito do exorcismo habitualmente do xeito que se conta en películas con moita parafernalia e con escenas que fan sentir arrepíos, pero realmente do que se está a falar é do tipo de exorcismo menos habitual, o "Exorcismo solemne", para o que o sacerdote debe pedir permiso ao bispo para ese caso ou ter unha licencia perpetua librada directamente polo Vaticano. Pero hai outro tipo de exorcismo que é o "Exorcismo simple", do que a manifestación máis habitual é a que se dá no ritual do bautismo. Prodúcese ese exorcismo cando algún membro da Igrexa, habitualmente un cura, pide publicamente no nome de Cristo, que unha persoa, un animal ou cousa sexan protexidos contra o mal que exerce o demo e que causa desmelloramentos, doenzas ou mesmo a morte. Na cultura tradicional é ben sabido que se buscaban medios de todo tipo para aseguraren o futuro das colleitas, da pesca, da cría do gando, etc. Servían neses casos como "pólizas de seguro" certos ritos que incluían pequenas oracións, letanías ou ditos que se transmitían duns a outros. No caso das vivendas e as cortes dos animais non é raro ver cruces incisas nos linteis ou nos machóns das portas de acceso que constituían parte dun rito inicial de exorcismo simple onde interviña o cura, que daba a súa bendición a eses riscos. Así quedaba protexido todo o que estaba no interior desa edificación. Cando se entraba pola porta adoitábase pasar os dedos por eses riscos e facer o xesto de se santiguar ou ben dicir algunha desas pequenas oracións.
Aínda hoxe en día se practican ritos semellantes herdados destes outros vellos da cultura tradicional, e non é raro ver como vai o señor cura bendecir un coche recén comprado, unha casa que se acaba de rematar ou o pavillón municipal. Non deixa de ser un reflexo do xa moi vello rito de exorcismo simple.
MÚSICA: Antonio Lotti (1667-1740) - Crucifixus
My 2nd capture of Cando the candle for "Smile on Saturday". Cando the candle hold tight the "heart-shaped"
Gracias polas vosas visitas e comentarios. Saludos /Thanks for your visits and comments. Regards.
Cando un está neste lugar da illa de Madeira con unha cámara na man o tempo pasa a unha velocidade tremenda. Botaría todo o día sacando todos os detalles destas árbores.
Hai belezas que son agresivas, impactantes, duras que danan a vista e enardecen os sentidos, ou nos ningunean coa súa soa presenza.. Hai outra beleza mais suaves e ñoñas, desas de non romper un prato e que che encandean cos seus ollos, coma se fose fina porcelana e o mínimo rozamento puidéseas danar. Pero tamén hai belezas sutís, serenas, evanescentes que precisan fixar a atención para albiscalas, nun movemento, nunha palabra ,nun sorriso e cando as descobre xa che conquistaron a alma
Un chisco máis e todo é pasado. Outro paso e mañán non existe. Un salto cara adiante e todo queda atrás, un inmediato saúdo a quen nos trouxo ata aquí, un non despois de agardar un si, un segundo e xa non es dono do que fas.
Cando a luz se apaga é cando te das conta da oscuridade e os teus temores. Cando xa non está é cando sabes que por diante so quedan días peores. Medras cando aprendes que a raíña de corazóns tamén tiña mal de amores, que ás veces no teu arco da vella han faltar cores, que non todo se arranxa cun ramo de flores e quizáis, so quizáis, os días mellores son mentiras piadosas que inconscientemente te das.
Nese momento indistinguible entre día e noite, cando a luz está a medio camiño entre ir e voltar, no que é tarde para saír na túa procura pero é cedo para deixarte marchar.
Nese intre no que todo se apaga por sempre, no que o propio mundo deixa de xirar, o que veña despois non importa, xa non habemos ser nos quen o teña que aturar.
--------------
In that indistinguishable moment between day and night, when light is half way between going away and coming back, in which it's late to go out and look for you but it's soon to let you leave.
In that moment in which everything turns off forever, in which our own world stops spinning, whatever cames afterwards doesn't matter, it won't be us who have to stand it.
--------------
En ese momento indistinguible entre día y noche, cuando la luz está a medio camino entre ir y volver, en el que es tarde para salir en tu búsqueda, pero es temprano para dejarte marchar.
En ese momento en el que todo se apaga para siempre, en el que el propio mundo deja de girar, lo que venga después no importa, ya no seremos nosotros quienes lo tengan que aguantar.
Xusto cando esta parede semella quedar de pé, esoutra pedra cae. Xusto cando este tellado parece protexer da auga, empeza a chover dentro.
Xusto cando esta horta comeza dar froito, a neve conxélao todo. Xusto cando este río nos trae de beber, o sol secouno.
Pero dime: ¿podes senti-las almas deste que nunca foi o paraíso? ¿podes lembra-las voces dos rapaces que non naceron? ¿podes imaxina-las caras dos que viviron aquí antes da túa visita furtiva?
Calquer tempo pasado non é presente.
In 2019 Cando Contracting took over contract switching for Pembina's terminal located on CN's Beamer Industrial Spur. On a warm August afternoon, CCGX #4000 sorts tank cars at the south end of the terminal. By summers end the geep will be sent to the deadline in Winnipeg, replaced by yet another ex. CN GP9 in Cando's fleet.
Cando atópase co Atántico.
Camposancos, A Garda, Galicia.
(E alá, ó fondo, Portugal, a Galicia secesionista do Sur ).
E subes e subes e a calor faino todo peor. A cento dez grados e non parece parar.
Paras ti cando o que tes diante non estaba nos plans.
The always-exellent work of Ryan Gaynor coming out of northern Ontario led me to revisit some photos from my fall 2014 trip up there with Chief Huddleston. It's the morning of Sept. 27 and we're at Terrace Bay. CP train 420 (Winnipeg-Toronto) has just made its setout, and Cando Rail Services has coupled onto 15 cars for the local paper mill. SW1200RS No. 1006 is an ex-CN unit, and at this time its role is schlepping cuts of cars up the short spur to the mill. Soon the Lake Superior fog will lift, revealing yet another sunny fall day in the Northland. Catching multiple such days in a row is rare, and this is the one time I've experienced it.
Na outra banda do mar construen o navio: o martelar dos calafates resoa na mañá, e non saben
que están a construír a torre de cristal da miña infánci Non saben que cada peza, cada caderna maxistral
é unha peza do meu ser. Non saben que no interior da quilla está a médula mesma da miña espiña dorsal; que no galipote a quencer
está o perfume máxico da vida.
Que cando no remate ergan a vela, e a enxárcia tremole vagarosamente no ar será o meu corazón quen sinta o vento, será o meu corazón. .
Avilés de taramancos
Que este año está dedicado a María Mariño
...Calou a terra un día, calou,
calou cando berrou o mar por ela,
baixou da escada, déronse a mao e
calou.
........
(Calló la tierra un día, calló
calló cuando gritó el mar por ella,
bajó de la escalera, se dieron la mano y
calló )
María Mariño
Esta foto se la dedico al queridiño Ollo mecánico, que hizo un montón de kilómetros para vernos y nos acompañó en un día estupendo...
A soas, as pedras móvense cando non as miras. A soas, a imaxinación so paga o billete de ida. A soas, non hai misterio inexplicable por algunha nova superstición. A soas, o que noutrora foran bicos cheos de vida agora son escura lembranza dunha equivocación.
Luces fóra de tempada, o frío alterna os momentos escollidos coa calor dos agarimos prometidos.
Fuxo da idealizada beleza da morte, das moedas lanzadas sen sorte, das apertas espidos que nos dimos onte, dos ríos sen leito e das árbores sen monte.
E neste intre, agora, cando o amencer insiste en aloumiña-las túas pálpebras, afogada a mente polas miñas eternas dúbidas, agradezo a fortuna de vivilo.
A única historia sen fin é a que está por iniciar.
O mosteiro de Carboeiro sitúase nunha área boscosa a poucos metros do río Deza que vira o seu curso nesa altura. A súa fundación fíxose tras a compra a un tal Egica duns terreos onde había unha ermida polos condes de Deza, Gonzalo e Tareixa, ao que se foron sumando outras parcelas do entorno. O documento de fundación é de 936 aínda que xa levaba funcionando polo menos desde 14 anos antes. Por causas que non están aínda claras o mosteiro vese destruído e ten que ser restaurado polo rei Vermudo II no 999. O caso é que o que en principio era un mosteiro máis ben modesto, co paso dos anos foise facendo cun patrimonio considerable, engrandecendo ao tempo os edificios do conxunto. A mediados do século XII remátase o convento e uns anos máis tarde iníciase o traballo na nova igrexa, o edificio máis innovador da Galicia desa época. Se das obras anteriores se ocupara o abade Froila, desta volta, desde o 1162, será o abade Fernando. O arquitecto fai da necesidade, virtude, e para salvar o grande desnivel onde se debía asentar a cabeceira, crea unha cripta con tres ábsidas cinguidas por un robusto muro exterior onde asentar o nivel principal da igrexa posteriormente, unha solución nova por estes lugares naquel tempo. Remátase a cripta no 1171 en estilo aínda claramente románico, seguramente influído polo modelo de Tournus, con piares robustos encapitelados con moldura de chafrán recto que teñen conta da estrutura. Semella que houbo un cambio de arquitecto cando se remata a cripta e se consagra o novo templo, pois a continuación da igrexa no nivel superior é radicalmente diferente en estilo, incorpora a novidade do protogótico de orixe borgoñona á par do que facía o mestre Mateo en Compostela. Ambas obras están claramente emparentadas e ambos arquitectos poderían ter recibido formación dun mesmo mestre. En Carboeiro érguese a primeira igrexa protogótica de Galicia, introducindo unha serie de elementos estruturais novidosos no plan da xirola, á que se abren as capelas ao xeito gótico, utilizando bóvedas de cruzaría e arcos apuntados os piares das naves coa columna da nave central a media altura. As obras da cabeceira debéronse rematar pouco despois de 1171 pois son claras as influencias noutras igrexas inmediatamente. En canto ao transepto e as naves, estarían rematadas antes do 1192, cando se enterra ao abade Alfonso. As portadas, de clara influencia mateana, aínda que realizadas por un mestre menor, xa serán de arredor do 1200. Algunhas obras de menor importancia serían realizadas a mediados do século XIV.
MÚSICA: Annibale Padovano (1527-1575) - Misa para 24 voces: Credo
Qué alta nos queda la historia
y cuán lejos las proezas,
que sólo las alcanzamos
si la sombra las acercan.
Qué pena que hoy seamos
una sombra sin peana,
que vaga sin rumbo en Europa
y dentro sólo sentimos
indignación y pereza.
¡Qué pena que sólo existan
unos platos de lentejas!
Carlos Nuñez y Luz Casal - Negra sombra
Letra de la canción:
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Rosalía de Castro.
Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en marzo de 1997
¿ONDE está a morte? ¿Que sentido ten?
Nada sei: estou chamando
a unha porta que só cando morra
poderei abrir. Morte e nacemento
determinan eso tan escuro
que chamamos a vida para entendernos.
Nacer non causa dor nen arrepío:
é abrir os ollos cara á luz do día
sen decatarnos de que
somos argumento do milagre.
A morte é un soplo que, dun golpe,
apaga a luz do esistir.
¿Serán morte e non ser a pura nada?
Manuel María, Camiños de luz e sombra.
MÚSICA: Zbigniew Preisner - Melodia na dobranoc
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
...
Rosalía de Castro
Canta: Amancio Prada
Para escuchar www.youtube.com/watch?v=E9vn8nEdI3g