diegoperez74
Botafumeiro II
"O botafumeiro, enorme incensario (o máis grande do mundo), na actualidade é de latón prateado e noutros tempos de foi prata, ten un peso de 53 quilos e é capaz de ser balanceado chegando a atinxir velocidades de 70 quilómetros por hora e elevándose ata 20 metros de altura. Dese xeito, cando se pon en funcionamento dá lugar a unha espectacular cerimonia.
Se podería dicir que o botafumeiro xurdiu por necesidade de resolver un problema sanitario. Durante os escuros séculos do medievo, azoutados polo vandalismo e as pestes, os peregrinos, por miles, se protexían entre os muros de pedra da Catedral non só para elevar as súas pregarias e promesas ó Apóstolo Santiago se non tamén para durmir e guarecerse do mal tempo, das chuvias e da friaxe.
Di a lenda que cara o século XI da nosa era, os monxes e canónicos da catedral, saturados pola aglomeración humana que se producía e tras padecer a cidade varias epidemias, encargaron a construcción dun enorme aparello que servise para paliar tan desagradable situación.
Estaba calculado para que ó balancearse, puidese derramar o doce olor do incenso sobre a multitude de peregrinos, actuando como desinfectante e dulcificando o cheiro do espacio sagrado. A ese enorme incensario de prata, de máis dun metro e medio de altura, chamóuselle en lingua galega e castelá "botafumeiro".
As persoas encargadas de facer funcionar o botafumeiro son os "tiraboleiros". Para facelo mover, tiran dunhas cordas de esparto que co apoio dunha roldana situada nel conseguen que este se balancee ascendendo ata a bóveda. Tiraboleiro significa o mesmo que thuribulum, é dicir, "lanzador de fume"."