View allAll Photos Tagged cando

Este é o paxaro

de cando o neno da praza buscava a sombra

e a mañá era de árvores

e o poente era de estrelas.

 

Esta é a campá

que se lembra do anoitecer.

 

Cesáreo Sánchez, A escrita do silencio-Antoloxía persoal, 1997.

 

MÚSICA: Claudio Monteverdi - "Si dolce è 'l tormento", interpretado por Anne Sofie von Otter

youtu.be/-To489HejJc

É neste momento no que trato de achegarme a ti, mais non acado entrar, xa non, xa é demasiado tarde.

 

É agora cando a túa imaxe comezará a esvaecerse co tempo se a deixo ir, que a túa lembranza se adaptará ó que a miña mente queira facer dela.

 

É agora cando maldigo unha e mil veces este camiño, este destino que nos puxo tan preto e sen embargo, dende agora, a distancia será o infinito.

 

Agás porque te levo aquí dentro, aquí onde reclamaches territorio propio, de onde nin quero nin podo botarte fóra, porque se algo son agora, é o que ti fixeches de min.

 

---------------

 

It's in this moment that I try to get close to you, but I don't get to come in, not anymore, it's too late already.

 

It's now when your image will begin to fade away with if I let it go, that your remembrance will adapt to what my mind wants to make of it.

 

It's now that I damn a thousand and one times this path, this fate that placed us so close and, however, from now on, the distance will be the infinity.

 

Except that I carry you here inside, where you claimed your own territory, from where I don't want nor can take you out, because if I'm anything now, it's what you made of me

(...)

Compártome

Sei que no lonxe das parábolas das frases

Cortadas e os puntos a parte son só

Medos escorrentados polo teu corpo

Soberano dunha idea poderosa que

Tal vez suceda e eu non saiba quen es ti

Cando te agardo (...)

XELA ARIAS

February 24th 2018 was the last day of operation of the Credit valley explorer . After 18 years of operating the Orangeville Brampton Railway ( ORBY)

Cando contracting ( Cando) announced that they were pulling out of Orangeville due to financial reasons. Feb 24th was the last trip of the popular Credit valley explorer excursion train and freight operations are due to end on June 30th . The city of Orangeville who owns the 34 miles long Missauggua to Orangeville short line is in search of a new contractor . Time will tell if trains will ever run on the CP / ORDC Owen sound subdivision again

PECHOUSE a noite riba do ucedo

i eu non vin einda a cor da miña amiga.

Agora é cando ún treme e ten medo.

 

/

 

ISTE desacougo! Este cousa! Esta mao xorda que tira!

Iste querer irse sin saber para onde!

 

/

 

AGORA o meu cor é unha chaga encendida.

Unha mao loba anda escalazándome a ferida.

 

/

 

ESTA door que se oi!

Iste cor meu!

Esta door que me veo ela de seu

Sin saber polo que foi!

 

/

 

FOI coma se caira nunha cova.

Antes era noite i era día

Agora é todo unha negrura loba.

  

1953

 

Uxío Novoneyra, Os Eidos, 1981

 

MÚSICA: Summer 78-Yann Tiersen

youtu.be/nfwWKCRth_A

RLK 1757, RLK 1808, SOR 5005, RLK 1755 all sit dead in Hamilton awaiting their fait. 1755 and 1808 would be bought by Cando...5005 and 1757 would be scrapped.

Pedra baixo pedra baixo auga. Sol canso de media tarde mentras arde o impensable tan pouco tempo atrás.

 

A un paso da auga onde estaba cando non estaba a auga, distinta era a fala pero o sentimento case o mesmo.

 

Descoñezo cal é o sentido da vida, pero sen ti doe a vida.

Comentario de Juan Ramón Vidal Romaní :

 

Non era nada hai 650 millóns de anos. apenas unha lama negra acumulada nas augas profundas dun océano sen nome entre continentes sen nome . Pouco a pouco foi saindo do mar erguéndose e convertíndo lama en lousa negra e lousa nas magníficas montañas que agora son. E os ríos conforme as montañas medraban afondaron nelas formando os vales e as montañas como agora os vemos. Hai 37 millóns de anos os ríos remataron o seu traballo, e a vexetación e os animais ocuparon seu lugar. A armonía das augas e dos xeos glaciares nos últimos 3 millons de anos viu chegar o primer galego ao Courel. Nos últimos 30 anos o home desesperase por destruir aceleradamente o que tanto tempo levou facer. A teima de cubrir a sua cabeza coa lousa do Courel e como volver atrás barbara e irreflexivamente ao principio cando todo estaba baixo o mar.

 

Fotografía da coleción "Dez Outonos no Courel" ver en :

www.xoanpinon.com/galerias/colecciones/colecs06/galego/co...

www.xoanpinon.com/galerias/colecciones/colecs07/galego/co...

  

Comment by Juan Ramón Vidal Romaní

 

Courel: Galicia’s Memory

 

Courel, Galicia’s Memory, was nothing 650 million years ago, barely some black mud accumulated in the deep waters of a nameless ocean between nameless continents. Little by little it came out of the sea, rising and turning mud into black tile and tile into the magnificent mountains that now exist. And, as the mountains grew, the rivers penetrated deeply into them, forming the valleys and the mountains as we see them now. 37 million years ago, the rivers completed their work, and the vegetation and the animals took their place. The harmony of the waters and the glacier ices of the last 3 million years witnessed the arrival of the first Galician to O Courel. In the last 30 years, man is desperately trying to destroy quickly what took so long to make. The whim of covering one’s head with tiles from O Courel is like going back to the beginning in a barbarous and thoughtless way, when everything was under the sea.

 

"O Courel" Lugo Galicia Spain Europe

 

Links:

 

www.iux.es/index.php?l=_i

0-dialnet.unirioja.es.diana.uca.es/servlet/autor?codigo=1...

www.serradocourel.es/geologia.htm

soscourel.blogspot.com/

  

Technique:

 

Daylight under a clear and cloudy sky

Film: Digitalised Velvia 6x6 slide

Camera: Hasselblad SWC

Exposure: 1/2 sec at F/22

Filter: Amber and polarizer

 

Sigo practicando, e cando menos experimentando coa Vía Láctea, e diferentes iluminacións pra o primeiro plano.

Nesta ocasión misturaronse as luces de Abel Caballero co incendio pertinente

A Cando Rail & Terminals Geep is bracketed by a CP ES44AC and the D-Day Veterans SD70ACU at the Service Track at CPKC's Knoche Yard after all three arrived here earlier in the day on CPKC train 263. 8/2/26.

“Cando a xente olla as miñas fotografías quero que se sintan igual que cando len por segunda volta uhna liña dun poema”.

 

Robert Frank

 

MÚSICA: Slow Meadow - Cauda Luna

youtu.be/qq8gurkX7Jo

...Cando o sol alomee, lumioso e radiante

marcha ergueito e disposto pola ruta esquencida.

Podes facer, se queres, a tua ialma xigante

Podes hachar, si loitas, o que val máis que a vida ....

Manuel Antonio , Rianxo (1900 - 1930)

 

♫♪♫ Milladoiro - Maruxa ♫♪♫

Mugardos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. O primeiro documento referido a Mugardos (Mogardos) data de 1105, cando a metade da vila pertencía ao mosteiro de Caaveiro a Cristóbal de Seguedís. Noutro documento de 1235 aparece o abade Tedón como posuidor da outra metade.

Day of the sw1200. After catching the OSR CAMI/Woodstock job and the OSR Tillsonburg job both of which had sw 1200s for power I mange to catch CANDO switching manga frame with yet another sw 1200.

CP 4522 leading for H42 as they switch out Lafarge on the runaround along Hobson Street in Hamilton, Ontario. Lafarge loads slag from nearby Dofasco into gons here and sends them out west for slag cement.

 

In the background is Cando working Parkland Fuels, and a ship taking on grain at Richardson.

Took me a few trips to Kamloops before I was able to take a photo of the Cando Rail Services GP9 at their new railcar storage facility. This is their first foray into British Columbia and future plans for the site include transloading and railcar repairs. More info on Cando Rail Services.

 

March 31, 2018

Aínda creo que estás aquí, rodeada deses pequenos sorrisos que facían o día un chisco máis feliz. Cando as bágoas e os gritos eran por celebrar un momento e non por estar sen ti.

 

Aínda non conseguín cruzar esa ponte cara o resto do que me queda por vivir. Non semella que se poidan cura-las feridas se ún so pensa en desangrarse ata a fin. Pero todavía teño a túa lembranza e unha promesa que cumplir.

 

Aínda teño aquí as túas palabras, aínda teño aquí os teus bos días. Pero as cálidas mañáns cos teus bicos agora so quedan noites frías.

Cando Rail Services CCGX 4015 for Orangeville-Brampton Railway short line

----

Motive power for Credit Valley Explorer scenic heritage railroad

----

Powerplant: EMD 567C 45-degree V-16 two-stroke diesel, 1750-hp

 

P7030025 Anx2 Q90 1400h

CEFX+CP+ CANDO units provide the head end power

Anthony Mann expón na súa película “ horizontes afastados” a pregunta se a xente pode cambiar e ata que punto debemos aceptar ou dar unha segunda oportunidade. Grandes formulacións para un western, que pode pasar desapercibidos entre os tiros e as escaramuzas. A teoría das “mazás podrecidas” forma parte da cultura estadounidense (cando a mazá está podrecida o único que se pode facer é sacala do cesto) como o é a segunda oportunidade. Supoño que todos nalgún momento desexariamos ter esa segunda oportunidade , para remendar esa parte do pasado que ocultamos nun insondable silencio que nos permite soportar o seu sabor amargo. Pero tamén non é menos certo que somos quen somos froitos dos nosos erros e dos nosos acertos. As veces temos que entonar como Silvio Rodríguez aquilo de “ e quero que me perdoen por este día os mortos da miña felicidade”. Non sei si pensar niso achéganos algún valor, pero alzar a vista e mirar a ese horizonte cada vez mais afastados onde nos recoñezamos poida que nos fága mais humanos

Ai... miña bela, ahí estás diante do meu regalo…e pensarás…xa!!! está deulle un mal…para que carallo quero isto??? Se nen sequera sei que é.

Verás ofrezcoche un mundo cuadrículado onde todo está no seu sitio cando as cousas van mal pero verás que os cuadrados deixan de selo e son… hexágonos…liñas rectas…apenas unhas liñas para que poidas deixar a seguridade das cuadriculas e espallarte como e cando queiras

Ofrezcoche coores calidas azul, marrón, rosa, verde, beige… pero outra vez as coores se diluien e so queda luz, para que te envolva calida cando eu non estea

Ofrezcoche un agarimo suave e doce para as noites e os días con algunha sombra. Un refuxio que sabes que está e estará ahí …pero agora miña bela…

Tocache voar!!!

This old International rests along a shelterbelt, at the edge of our place near Cando North Dakota.

[Etapa 4: Montefurado – San Clodio] [17.2km]

 

Hai anos, cando éramos novos, tiñamos aínda algo de mentalidade emprendedora e ás veces, nos bares, argallábamos negocios novedosos e imaxinativos. Mentres as cervexas ían caendo, nós anotabamos en servilletas as ideas, ideas que nunca chegabamos a levar a práctica.

 

Cando camiñamos por esta vila, esta praza, este olivar, non dubidamos nin un intre: o lugar axeitado para levantar un novo albergue de peregrinos no Camiño de Inverno era Montefurado. Escollimos a casa, a disposición das habitacións, os servizos que ofertaríamos, as datas de apertura, as linguas que tería que dominar o recepcionista.

 

Despois seguimos camiñando. Xa non somos novos.

Nos segundos que nos separan a distancias curtas e inalcanzables. Nos momentos que nos unen a distancias medidas en unidades descoñecidas.

 

Nas noites infinitas que se perden nas mañáns. Nas tardes que se esquecen cando non hai máis luz coa que ver.

 

E sen embargo nada é igual.

 

-----------------

 

In the seconds that separate short and unreachable distances. In the moments that join us at distances measured in unknown units.

 

In the infinite nights that get lost in the mornings. In the afternoons that get forgotten when there's no more light to see with.

 

And, however, nothing is the same.

Got away with my dog today for a quick drive. Came across this new to me, abandoned farm, photographed here with storm clouds to the south. North of Cando, ND.

A opuntia ficus-indica ou chumbeira é unha especie de cacto orixinario segundo parece de México, pero hoxe en día está introducida por boa parte do mundo debido á súa facilidade para prosperar en terreos de pouco aproveitamento para outros competidores. A variedade máis común por aquí é a alaranxada na súa maduración, aínda que hai outras de diferentes cores que teñen prosperado máis noutras latitudes. Nas Rías Baixas tense cultivado xa de vello, sen que se teña noticia certa de cando se iniciou. O que si podo dicir é que na casa da miña avoa en Romai había unha moi vella e dun tamaño enorme abeirada á mina de auga que xa ela lembraba estar desde sempre aí. Tendo en conta que a miña avoa naceu no 1910, esta chumbeira tería que ser ben vella. Ademais do uso para comer en fresco, o figo chumbo préstase para marmeladas, licores, zumes, secado en pequenos toros, ou na preparación dalgúns pratos tradicionais do Perú e México. Tamén son usados os talos achanzados cando son novos para a súa inxesta, e cando medran son válidos para forraxe dos animais. O froito é unha boa fonte de vitamina A, ferro e fibra, aportando unha cantidade apreciable de azucres.

 

MÚSICA: Jenna and Bethany Reid - Whisky Jigs

youtu.be/XDqAl45h17Q

O rio Sil é do máis fotoxénico imaxinable, pero non me foi doado sacar unha foto que me gustase. Cando vin o catamarán rio abaixo aproveitei a ocasión, pero a lixeira néboa que había naquel intre non axudaba.

 

Meses despois, con algo de procesado, quedou isto.

 

--------------------------------------

 

The Sil river is as photogenic as it can be, but it wasn't easy to take a picture I liked. When I saw the ship going down the river I took advantage of the chance, but there was some fog in that moment that didn't help at all.

 

Months later, with some processing, this is what showed up.

Parte del Roteiro de Alvite y del Roteiro de Garfián en el concello de Beariz (Ourense).

Mapa de Ruta

 

Pertenece a la comarca de O Carballiño y a la cadena montañosa de los Montes do Testeiro, en la Serra do Suído, justo en la Serra do Cando.

 

Nosotros salimos del Area Recreativa de Barcía justo cogiendo el camino entre Beariz y Muradas a mano izquierda en la carretera OU-213 ......luego ascendimos el Monte Costoia, bajamos al pueblo de Lebozán y cruzando el río Ponte Pedriña, afluente del Avía, volvimos al punto de partida.

 

Siempre os recuerdo que yo ando 4 o 5 horas seguidas, raramente más.....asi que acorto las rutas establecidas a menudo.

 

Mi galeria en Flickeflu

NOITE

 

Cando na noite me ten a escuridade

ollo xurdir clarísima a tua imaxe

que ven esborrallar

a tebra que me cingue e arrodea

e pon no meu corazón tremor e medo.

 

Ainda que brilen e rebrilen as estrelas

a noite é un oco longo, interminabel

que só o amor da amiga pode encher

coa sua presencia plena e amorosa.

 

A noite é un enemigo e ven ferirme

co afiado coitelo da sua sombra.

E só o teu amor, amiga miña,

ten forza dabondo pra pechar

esa ferida que a noite fai en mín.

 

Manuel María, Entre a arxila e a luz, 1957

 

MÚSICA: Pretty Peg Craig's Pipes-The Bothy Band

youtu.be/bDOiBCNcxsE

Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en setembro de 1991.

 

(...)

Acheguéime á ventanilla

Y-en terra italiana vínme,

N'a estación de Vintimiglia.

—¡Salve, d'antusiasmo cheo

Escraméi—patria sagrada

D'o Dante e de Galileo!

Feitos polvo y-en anacos

Os teus membros, posta a túneca

En cen xirons e buracos;

Os teus fillos perseguidos,

Queimados teus patriarcas,

Todos teus bens recollidos;

Ceibados ós catro ventos

Os osos d'os teus maores,

Afogados teus lamentos;

D'os Papas triste cautiva,

Baixo seus pes sempre morta,

Pero tamen sempre viva;

Tí, n'un traballo grorioso

De quince sigros, traballo

Cal ningun outro espantoso,

Recolliche gota a gota

Todo o teu sangue vertido,

E volto en guerreiro o ilota,

Dende a ergástola retache

Teus verdugos y-arrumbados

Liberta te levantache.

Tí, d'os cabalos d'Atila

Debaixo d'a ferradura,

Que canto toca aniquila,

Recolliche a tua coroa

E maldixeche a salvaxe

Civilización teutoa.

Tí, cando por tod'a terra

O corno feudal soaba

Chamando as naciós á guerra,

Convirtindo en estandarte

O vello sudario griego,

Proclamache a cencia e o arte;

Y-en tanto que n'un divino

Resprandor inunda os ceos

O sol de Tomás d'Aquino,

O verbo audaz de Xordano

Penetra o misterio, oculto

Sempre ó pensamento humano,

A forma en Rafael estrala

¡Y-hastra a pedra, ó golpe rudo

De Miguel Anxele, fala!

Dende enton, tí tés d'os povos

O sacreto, tí o candado

Y-a chave d'os tempos novos.

¡Ou patria, d'as patrias tempro,

Quen d'o teu mal adoleza

Cúrese c'o teu exempro!...

(...)

 

Manuel Curros Enríquez, O Divino Sainete, 1888.

 

MÚSICA: Claudio Monteverdi (1567-1643) - "Si dolce è'l tormento" (Accordone), interpretado por Marco Beasley e Guido Morini

youtu.be/g6e43zjwGr8

Se por algún motivo coincide que pasas pola Vía da Prata onde se separan (ou se xuntan) Salamanca e Cáceres, visitar esta poboación debería ser pouco menos que obrigatorio.

 

A historia dela é doada de atopar, pero resumindo, Granadilla era unha vila que todavía tiña o seu pequeno castelo e a muralla defensiva construidos en tempos medievais. A mediados do século pasado ordearon a súa evacuación pola construcción dun encoro que a ocultaría baixo as augas. O encoro construíuse, pero as augas quedaron a uns poucos (bastante poucos iso si) metros da muralla.

 

Abandoada durante anos, iniciouse un proceso de recuperación a base de escolas-taller e similares. Así, o castelo (pequeniño pero resultón), as casas da rúa principal de entrada e algún edificio máis están plenamente reconstruidos. O resto están so as paredes, máis dunha con perigo de poder quedar no chan antes que despois.

 

Tamén hai hortas e máis dun animal solto, polo menos un burro, un cabalo e tres porcos. Andan por onde queren dentro do que permiten os muros e certas cancelas polas que un pode pasar, pero que piden que se pechen.

 

Todo isto nunha paisaxe na que a vista se perde entre a Serra de Gata e a de Béjar. Un lugar do máis relaxante para visitar, con acceso (cando menos ata agora) libre e gratuito, so hai que coñecer cal é o horario.

 

------------------

 

If by any chance you drive by the Via de la Plata (Way of the Silver, one of the many Ways of St. James, in this case from Andalucía) where Salamanca and Cáceres get together (or apart), visiting this village should be almost mandatory.

 

Its story is easy to find, but long story short, Granadilla was a small village with its own small castle and walls that dated back to medieval times. By mid-twentieth century it was evacuated due to the building of a dam, since water would cover it all. But that never happened though water did come close, quite close, to the walls.

 

Abandoned for years, a restoration plan started with school workshops and so. Thus, the castle (small but cute), the houses at the main street and some other buildings are completely rebuild. The rest of them are just walls which, some of them, are waiting to crumble.

 

There are several orchards and a few animals on their own, at least a donkey, a horse and three pigs. The wander wherever they want to as long as walls and gates allow them, which you can pass by as long as you shut them right after.

 

All this in a landscape where the sight gets lost between the Sierra de Gata and the Sierra de Béjar mountains. A really relaxing place to visit, for free on your own (at least until now), as long as you know its timetable.

Chamando dende lonxe a medianoite para non escoitar a ninguén. Correndo dende a porta ata a auga, dende o cumio ata o fondo do val. Non hai momento de descanso cando non hai tempo que malgastar.

 

E todo acaba caíndo co tempo, todo acaba sendo igual. Se no principio non houbera regras agora tampouco iría tan mal.

 

E se nesta noite sen amencer non quedan bicos por dar, non hai tampouco palabras nos oidos nin chamadas que escoitar.

Cando chega a chuvia

parece de fideos.

Na cidade chove en amarelo,

e cando chove nada se ve.

A min gústame correr baixo a chuvia de fideos,

e sentir como me enchoupan o pelo,

como me mollan os pés de amarelo,

e como saben a canela e azafrán.

E logo gústame marchar para a cama

a soñar co seu sabor ata que sae o sol.

 

Fran Alonso, Eclipse doméstica, 2003.

 

MÚSICA: Bob Dylan - Buckets of Rain

youtu.be/D6v5HrfeeV8

Hi folks,

 

now you've caught me resting. I had to get in front of the warm fireplace for a moment, I'm telling you, these two people are really not easy. Stephan hasn't been fit for a while, first his knee, then the flu. And now Katja has also been infected, and I tell her to keep her distance, but no, she hears even worse than Buba when she's hunting.

 

Well, what can I say, they bark and have wet noses. We only went out for short rounds, but in the course of the week it got better day by day and yesterday they packed all their things and we drove 300km in the little red car. Now we are back in our favourite cabin in the woods. I wanted to drive, but they said something like "... that's not allowed in Germany" or something. Are your dogs allowed to drive?

 

The 2 say they need some rest and new energy. Buba is in the garden all day and tries to catch mice, they have to eat something and I have soup on the cooker and make sure they really rest.

 

I have to rest a bit before they want something again...

Your Candor

  

Indo de paseo, baixei ata as pedras que hai preto de San Carlos.

Estaba a facer barridos as gaivotas e cormorans, cando de supeto escoito ¡¡¡dispara dispara!!!. Coidaba que se debía a que lle estaba a sacar fotos os paxaros, pero sorpresa cando chego á casa e vexo o pedazo polbo que levaba na man...

ROSAS

 

SEMPRE a rosa. Sempre:

a forma,

a cor,

o recendo,

a luz,

a perfección da rosa.

Prefiro a rosa vermella.

E amo a rosa branca

porque, cando lle digo

simplesmentes: ROSA,

entrecerra os ollos,

treme

e ruborece.

 

Manuel María, A luz ressuscitada (1984)

 

MÚSICA: Françoise Hardy - Mon amie la rose

youtu.be/2ICFtXx546A

Chamábano Miguel ,pero en realidade era Michele. Ninguén sabía súa idade nin de onde vira. Apareceu un bo dia na praza coa súa guitarra e dende aquela xa ían cinco anos. Tiña unha boa educación. Saudaba levantando o seu pucho cando pasa diante dunha dona , sorrialles e deixáballes unha” buona sera ou buona mattina” segun a hora. Ao principio mirábanlle mal ,pero co tempo devolvéronlle o sorriso e ou saúdo. Non pedía so deixaba ou pucho non chan a ver ou que caia . As veces moito outras non, pero raro era ou dia que non tivera algún peso non peto. Por outra parte tampouco faltáballe onde comer ou durmir, A

xente dá vila ten tendencia a adoptar e coidar daqueles que xa considéravos dos seus. Ademais tiña un repertorio de historias incrible, que atrapaba a imaxinación con viaxes por terras lonxanas, cos heroes e vílanos, con Xulio Cesar, Neron, o tolo de Caligula, a lurpia de Agripina ,e un longo retablo de deuses , cidades e xente, que nas tardes de inverno facíalle unha dura competencia aos programas dá televisión do bar. Miguel ou MIchele, cantar ou que e cantar non ou facía o que se di moi ben, pero a guitarra a tocaba con unha delicadeza que facía esquecer algún que outro galo nas notas altas Algúns dias pasábase co viño, e ao rematar coas súas historias, collía a súa guitarra e nun corruncho, cantaruxaba polo baixo. Acariñando as cordas, tremorandolle a voz, con bagoas furtivas, coas notas do seu “ Chitarra suona più piano” A xente, en silencio , deixabao só . E asi , polo baixo se foi artellando, unha lenda e unha historia sobre a vida , as penas e os amores do Miguel…… ou Michele no seu particular almost blue .

Eche o que ai

Caballo salvaje en a Serra do Cando.

Tarabelo.-

 

Especie de espantallo formado por un trebello con aspas que baten contra un obxecto metálico e fan ruído cando son movidas pola forza do vento.

Fotografía tomada cunha Sony Digital Mavica MVC-FD7 en agosto de 1998.

 

FEITIZOS

 

Oraciós das augas que o muíño deita

a carón das beiras escumantes.

Augas que esbaran no suor das pedras,

e sementan brilos

onde moran piedosos ramalliños

e pinares ergueiros

e vereas cheirosas.

 

O pazo é un fidalgo, impasibre, esquecido

no curruncho enxoiado

de durmidas lembranzas.

Vello altar do desterro

de un tempro xigante

nos tempos.

 

Graba a volvoreta

aturdidos xeitos

arredor dos beizos pasmados,

da folla sedenta,

da frol esquecida,

da ponla abalante.

 

Beilan as sombras nos alalás da tarde

cando a tristura vai de romaría.

Os olliños da fonte choriquean

nas escumosas gorxas do camiño.

 

Nos xentiles centeos, as cóxegas do vento

fan latexos cativos.

 

Cándido Viñas Calvo, Xoias e coitas da terra orballada, 1972.

  

MÚSICA: Sigur Rós - Ágætis Byrjun

youtu.be/QY60VAViupk

Ser, ou non ser, é a cuestión! -Que debe

máis dignamente optar a alma nobre

entre sufrir da fortuna impía

o porfiador rigor, ou rebelarse

contra un mar de desdichas, e afrontándoo

desaparecer con elas?

Morrer, durmir, non espertar máis nunca,

poder dicir todo acabou; nun soño

sepultar para sempre as dores

do corazón, os mil e mil quebrantos

que herdou a nosa carne, quen non ansiase

concluír así!

Morrer... quedar durmidos...

Durmir... talvez soñar! -Ai! alí ten algo

que detén ao mellor. Cando do mundo

non percibamos nin un rumor, que soños

virán nese soño da morte!

Iso é, iso é o que fai o infortunio

planta de longa vida. Quen querería

sufrir do tempo o implacable azoute,

do forte a inxustiza, do soberbio

o áspero desdén, as amarguras

do amor desprezado, as demoras

da lei, do empregado a insolencia,

a hostilidade que os mezquinos xuran

ao mérito pacífico, podendo

de tanto mal librarse el mesmo, alzando

unha punta de aceiro? quen querería

seguir cargando na cansa vida

o seu fardo abafador?

A 6001 cruza a ponte Internacional do Miño rumbo a estación de Valença. A fronte dun dos madeiras da sociedade Ibercargo que cruzan diariamente Galicia e Portugal.

Detras desta imaxe escóndese unha anécdota un tanto curiosa. Xa ibamos Yago e eu contentos co que "cazaramos" no outro lado da fronteira cando decidimos pasarnos ao lado portugués. Yago ía mirando polo espello retrovisor e alertoume de que por detrás viña un takargo. Non o queriamos perder polo que decidimos chantar o coche no medio da rúa e tras comprobar á carreira que o freno de man estaba votado saín pitando do coche (entre os claxonazos doutros conductores), corrín un par de metros e...o resultado aquí o vedes.

La 6001 cruza el puente Internacional del Miño rumbo a la estación de Valença.Al frente de uno de los madereros de la sociedad Ibercargo que cruzan diariamente Galicia y Portugal. Detras de esta imagen se esconde una curiosa anécdota. Yago y yo ya estabamos contentos con todo lo que habíamos fotografiado en el lado español por lo que decidimos pasarnos al lado portugues. Tras cruzar el puente, Yago, que iba pendiente de si venía algo interesante por detrás, me avisó de que venía un takargo.

Sin dudarlo dos veces, decidimos dejar el coche en el medio de la carretera, poner los cuatro intermitentes y con el tiempo contado para poner los cuatro intermitentes, poner el freno de mano, coger la camara, encenderla y...disparar, el resultado aquí lo teneis.

Gracias polas vosas visitas e comentarios. Saludos /Thanks for your visits and comments. Regards.

Outra foto que tod@s traemos cando vamos a Madeira é a dos penedos de Riveira de Janela. Ás seis de mañá non estaba só fotografiando, había cinco persoas máis con cámara en trípode e escapando das ondas cando o mar se cabreaba

85

 

Conduces outros seres

ao teu fluir.

Vives en mudanza

dun modo diferente.

No animado que nos posui

nas estacións que volven

de novo a Ela en flor

morres no teu amar

inundado de tarde.

Serás quizais Aquel Rio

que nunca existiu?

Construirás segundo trascorres

a Ideia de Ti mesmo?

Trasmites-me a tua imaxe

mas cando a teño comprendido

as tuas águas xa partiron.

 

Cesáreo Sánchez, A escrita do silencio-Antoloxía persoal, 1997.

 

MÚSICA: Amancio Prada - Corre o vento, o río pasa

youtu.be/ukrDeEvG-dQ

Palermo, capital de Sicilia, é unha cidade cuberta de po . Uns din da historia, e das desgrazas que reportaron os desastres naturais en forma de terremotos, .Outros do po da sucidade que se acumula nas súas beirarrúas sen que ninguén se moleste e a contaminación dun tráfico caótico e denso que todo o chea . Se a iso súmase o lastre que provocaron a especulación inmobiliaria, a miseria e o paro ou os crimes da mafia teremos unha foto de Palermo pero aínda así non o coñeceriamos . Tras toda esta fachada desvencillada temos un mundo que vive, crea e divírtese nas súas noites cálidas e os seus días infernais. Xente amigable, que ama a súa cidade e cando lle fas ver as súas miserias a súa resposta non deixa lugar a dúbidas “ Non tutto può essere perfetto”

Volvo aquí porque entón era noite, volvo aquí cando a noite está por vir. Volvo aquí porque as miñas pregarias non se escoitaron, polas pregarias que non hei dicir.

 

Si, a miña presenza é agora diferente, antes prefería estar a soas e agora so fuxo da xente.

O tempo e a perdurabilidad sempre foi a obsesión do ser humano. Temos, dúas idades: a inocencia e a consciencia, e esta segunda debe empezar cando recoñecemos o tempo e, con el, a propia continxencia. Quizais por iso medir o tempo é unha obsesión que a todos atácanos, atrápanos e somos despois escravos de medilo, articulando a nosa vida ás agullas dun reloxo .Obsesiónanos aproveitalo ao máximo, que sexa sempre "produtivo". E esquecémonos de vivir, por que a vida non ten tempo ni se mide polos dias ou os anos que levamos enrriba de nos ,nin siquera polas veces que respiramos senón polos instantes , as vivencias e as olladas onde a emoción ven de córtanos a respiración

 

Por algún extraño motivo cando fixen esta foto lembreime da amiga Teresa. Coido que lle gusta ver ós animáis ceibes.

TeresalaLoba

1 2 ••• 4 5 7 9 10 ••• 79 80