View allAll Photos Tagged cando
-
gurushots.com/photo/6c339f2ce724775141e939ed5644e08d
-
www.instagram.com/vitorjkphotography/ -00-
-
-
www.facebook.com/photo/?fbid=464100052511934&set=a.42...
-
-
www.google.pt/maps/contrib/116600800082905349290/photos/@..
-
-
__Local Guides - Google Maps - VitorJK Place__
______Cando______
-
No xardín unha noite sentada
ó refrexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo ninguén;
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malenconia
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non ven ven o meu ben"!.
Lonxe dela, de pe sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América,
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"¡Quén pudera dar volta -pensaba-,
quén pudera con vosco voar! ..."
Mais as aves e o buque fuxían
sin ouir seus amargos lamentos;
solo os ventos
repetían:
"¡Quén pudera con vosco voar! ..."
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡qué tristeza en vos hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar! ...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou soio, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadávre no fondo do mar.
(5 xunio 1869)
Este foi o primeiro poema en galego de Curros Enríquez, escrito cando aínda era estudiante. Tempo despois “Cántiga” foi musicada e converteuse nun dos temas máis coñecidos e tradicionais en Galicia.
Este fue el primer poema en gallego de Curros Enríquez, escrito cuando aún era estudiante. Tiempo después “Cántiga” fue musicada y se convirtió en uno de los temas más conocidos y tradicionales en Galicia.
Traducción en: www.galespa.com.ar/currosenriquez_cantiga.htm
Metrolinx test train no.001-27 gets underway out of Obico Yard onto the former CP Canpa Subdivision behind Cando GP38-2 4204.
Sharing a photo of the 2nd of the 2 ex BNSF SD70MAC’s Cando Rail Services of Winnipeg Manitoba has acquired from GATX. This is the former BNSF WFRX 8961 and will also be assigned to a potash mine in Jensen SK. Taken with Cando permission at MEI on October 2nd 2025.
A trio of old friends work Mosaic's "K1" mine near Esterhazy, Saskatchewan. CANDO operates the CP Yarbo Subdivision which runs up to Bredenbury. Potash is the name of the game and trains run daily from the mine. Usually at least three trips are needed to build a monster train at Bredenbury for CP to take to the west coast.
The three locomotives on today's train are ones I've shot many times in previous lives and it was good to see them again.
CCGX 5304 SD40-2 ex-CEMR 5396/CP 5396/CN 5396/CP 5784
CCGX 5309 "SD40-3" ex-DME 6090/CP 5407/QNSL 211 SD40
CCGX 5311 SD40-2 (W) nee CN 5311
Viaxando polas terras galegas veredes o solpor por riba dun val verdecente ou batidas polo aire dos cumes nas terras outas de toxos e bidueiro, as escanastradas figuras dos castelos feudais.
Xa ninguén fai caso deles: pasou o tempo romántico cando os rapaces pálidos se namoraban da dona loira feita de liño e sol; pasou a treboada revolucionaria, tempo de ouveos e declamacións que acantazaban con verbas vitorhuguescas ós feitores dos foros e da escravitude dos labregos. Hoxe os castelos coma os mosteiros, esmorénanse pouquiño a pouco na fonda soedade dos montes. A natureza indeferente e unha migalla tamén irónica, vai cubrindo de vexetación as pedras feudais. Os turistas procuran nos castelos efectos de lus.
(...) Moitos teñen medo ós castelos dos seus avós; millor está o moucho na torre, a pereira brava na barbacana.
A nobreza feudal de Galicia foi forte, individualista, fantasosa, lambona e aventureira. O correr dos séculos de estrondo guerreiro floreceu en dinastías cáseque reais. Ningunha chegou a selo porque non puido domar as testas ergueitas de veciños e parentes.
A mor porción da máis cerne nobreza española vén das terras esgrevias ou doces de Galicia sen ter en conta as castes que se afundiron no pobo eterno e perderon o nome e a cuña como se afunden os castelos no seo garimoso da terra nai.
Ramón Otero Pedrayo, "Niños de aguias" en Vida Gallega, maio 1926.
MÚSICA: Jacques-Martin Hotteterre - Rondeau Le Plaintif (1715), interpretado por Frans Bruggen, Sigiswald Kuijken e Gustav Leonhardt
« Aconteceu hai sete anos; só coma un home do campo eu estaba a seguir o meu camiño na procura de aventuras, ben armado como un cabaleiro debe estar, cando dei cun carreiro que guiaba cara á dereita por unha fraga espesa. O carreiro era moi malo, cheo de silvas e espiños. A pesar dos trastornos e molestias, seguín o camiño e a camiñada. Case todo o día estiven polo tanto montando a cabalo até que saín da fraga de Brocéliande. »
Chrétien de Troyes (1135-1190), Yvain, o Cabaleiro do León.
MÚSICA: George Winston - Living in the Country
Forged in fire ;)
“If you want to be a blacksmith, you go and watch the blacksmith working, and you work out what the blacksmith does”. ― Terry Pratchett.
Seth Lakeman ― Blacksmith’s prayer ♫ youtu.be/NsnlVNtEljY
“Machucando, machucando, o ferreiro vai afinando” ― Proverbio galego.
“Ferreiro de maldición: cando ten ferro non ten carbón” ― Proverbio galego.
“Ferreiro que traballa ferro frío, tempo perdido” ― Proverbio galego.
Devotos ― Vida de ferreiro ♫ www.youtube.com/watch?v=UXhVrfgKZAY
Vellos oficios.
Paco de Chambán na súa forxa de Monfero. Bisneto, neto e fillo de ferreiros. Enxeñeiro industrial xubilado de Astano (que é iso de Navantia?); e agora, de grande, por fin é o que sempre quixo ser: Ferreiro. E ser ferreiro é hardcore ;)
The decal stuck on the nose of no.333 tells you all you need to know about the trajectory of the old line to Orangeville. Image taken in Streetsville PDI at the junction.
A cultura cabaleiresca, en efecto, nacera nun mundo que practicamente ignoraba as cidades. A riqueza señorial asentaba na terra e no traballo labrego. Os príncipes viaxaban constantemente de dominio en dominio e reunían as súas cortes solenes en pleno campo (...).
Trabábase o combate nas viñas, na beira das fragas e no perfume da terra calcada. As batallas comezaban sobre o orballo, quecían pouco a pouco co subir do sol. Por iso, cando a torre aminorou os seus recintos de murallas e se acondicionou para abrigar as dozuras da vida, logo se abriu para un xardín.
Georges Duby, Le Temps des cathédrales. L'Art et la société (980-1420), 1976.
MÚSICA: Leonardo Vinci (1690 – 1730 - Catone in Utica (Rome, 1728) - "Se in campo armato" aria
Adiós ríos, adiós fontes
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m’eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña d’o meu contento.
Muiño dos castañares,
noites craras do luar,
campaniñas timbradoiras
da igrexiña do lugar.
Amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós para sempre adiós!
Rosalia de Castro
..cando de nenas,fai uns cantos anos xa, os domingos, de camiño para a misa, parabamos a saúdar a dona Amelia, non sabemos moi ben si era por si precisaba algo, polo boa que era ou polas propininhas que, ás veces, nos deixaba...
Aberta de par en par, coma as ás dun anxo de pedra, coma o sorriso esquecido tanto tempo atrás.
Co espacio suficiente para cruzar ambos, con espacio de máis agora. Coa luz doutro lado, mais so a do ceo no que te poder atopar.
Na auga na que navegar, na que pelexar coas ondas deste vento traicioneiro cando a noite se fai dona dos arredores.
No mar no que deixarse levar e perder por segunda vez esta vida. No que mesturarme contigo e percorre-lo mundo como en tantos soños compartidos, mais agora sen palabras, co murmurio infinito do vento de música por escoitar.
-----------------
Wide open, like wings of a stone angel, like the forgotten smile so long ago.
With enough room for both of us to cross, with more than enough room now. With light on the other side, but only the one from the heaven in which I can find you.
In the water in which to sail, in which to fight against the waves of this treacherous wind when the night becomes the ruler of the surroundings.
In the sea in which to drift away and lose this life for the second time. In which to blend into you and travel the world as in so many shared dreams, but wordless now, with the infinite mutter of the wind as the music to listen to.
[Future Waters, 4]
"Que paz deixan", exclamei cando parei de escoitar os trompos dos portugueses na madrugada, mentres unha escachaba da risa e outra metíame o pé case no fuciño.
Ruta da Libertade o ruta Tras os pasos do Río Barbeira, es algo más que una ruta de senderismo......es el trabajo de acondicionamiento de una serie de rutas antiguas por parte de los internos del Centro Penitenciario de A Lama, ayudados por vecinos de la zona en jornadas voluntarias.
Transcurre por las orillas del rio Barbeira, siempre a través de corredoiras bajo el amparo de hermosas carballeiras, y atraviesa las aldeas de O Peso, As Chozas, Escuadra o Covelo.......
Tiene su inicio en el lugar de Verdugo, donde el rio Barbeira desemboca en el rio Verdugo.
FEITIZOS
Oraciós das augas que o muíño deita
a carón das beiras escumantes.
Augas que esbaran no suor das pedras,
e sementan brilos
onde moran piedosos ramalliños
e pinares ergueitos
e vereas cheirosas.
O pazo é un fidalgo impasibre, esquecido
no curruncho enxoiado
de durmidas lembranzas.
Vello altar do desterro
de un tempo xigante
nos tempos.
Graba a volvoreta
aturdidos xeitos
arredor dos beizos pasmados,
da folla sedenta,
da frol esquecida,
da ponla abalante.
Beilan as sombras nos alalás da tarde
cando a tristura vai de romaría.
Os olliños da fonte choriquean
nas escumosas gorxas do camiño.
Nos xentiles centeos, as cóxegas do vento
fan latexos cativos.
Cándido Viñas Calvo, Xoias e coitas da terra orballada, 1972.
MÚSICA:Max Richter - Andras
Día das Letras Galegas. Día da Fala.
Ás veces teño que empurrar ás preguiceiras palabras para que saian e digan o que teño que dicir. Outras veces saen só, a pesar da preguiza que de cando en vez me produce pensar, lembrar, contar, falar e por riba de todo, escribir.
Menos mal que, a miña man, sempre vai mais lenta que o preguiceiro pensamento.
RFMyFL
[Etapa 11: Dornelas – Santiago de Compostela] [27.8km]
Cando iniciei este proxecto co meu irmán aínda podíamos ir sen máscara pola rúa, os bares abrían toda a madrugada e o turismo era o principal motor económico do país. Facía so 9 meses de todo iso. Polo medio un confinamiento salvaxe de case 80 días, xente económicamente destruida, xente mentalmente derrumbada, case trinta miles de ialmas desaparecidas e un futuro a corto prazo aínda escuro. Imaxinei como sería a vida dun peregrino medieval, coa peste, as guerras, a fame. Nin semellante o que facíamos nós, aínda tendo en conta a pandemia mundial.
CN business train P00851 passes a sea of tank cars at Cando's Sturgeon Terminal.
The facility provides rail car storage as well as a staging location for unit trains of petro chemical products shipped out of Alberta's Industrial Heatland.
December 17th 2021 will forever go down in history as the last day a train ran on the former Canadian Pacific Owen Sound Subdivision now known as the Orangeville Brampton Railway . Opened in 1879 the line ran from Owen Sound to Streetsville until October 31st 1995, when the section north of Orangeville was abandoned and later ripped up .
facing further abandonment the line was purchased from the CPR by the town of Orangeville for continued operation in 2000.
Cando Contracting operated the line on behalf of the town of Orangeville from 2000 until 2018 and also operated the popular Credit Valley Explorer tourist train.
In 2018 GIO Rail aka Trillium Railway took over operation but with very little traffic on the line and little Political will to Save the 36 mile Railway the Owen Sound Subdivision will join the long list of abandoned railways in Ontario
The only active GMD-1 in Edmonton Alberta is the CCGX 1010, ex. CN 1435. The unit was sent from Manitoba to replace an ailing GP9 at Imperial Oil's Strathcona Refinery.
Normally the unit is out of public view, but when servicing is needed, Cando staff part power along a public access road, where 1010 is spotted awaiting work.
Tan preto pero a distancia é infinita. O ar faise máis lixeiro e o corazón máis pesado. Os teus bicos están do outro lado pero a oportunidade xa está perdida.
Cando non quede pedra sobre pedra, cando desaparezan tódalas herbas, após que o sol nos leve con el, haberémonos fundir nun.
-------------
So close but the distance is infinite. The air becomes lighter and the heart becomes heavier. Your kisses are on the other side but the chance is already lost.
When there's no stone over stone, when all grass disappears, after the sun takes with him, we will fuse into one.
A ponte vella xa non rexe cos amores e as traxedias que leva ao lombo e calquera día amañece afundida.
Se a ponte vella falase, atestiguar podía o que vou contarvos.
Era unha rapaza branca e bonita como unha filla de rei. Pola súa endebleza e o seu porte fidalgo fixérona costureira e todos os anoiteceres pasaba pola ponte vella e cruzábase sempre co estudante de crego.
-Boas tardes, Rosa.
-Boas tardes, Pedro.
Ela viña da costura; el tornaba do latín. E olláronse de pasada tantas veces na ponte vella que cando Pedro entróu no Seminario xa levaba un amor no peito.
O inverno foise e Pedro chegóu do estudo e viña ardendo por ver a Rosa. O namorado sentábase todos os anoiteceres na ponte vella, en espera...
A costureira branca e bonita xa non andaba na costura e, ó topárense nalgún camiño, ela agachaba a cara no seu pano e el poñíase a morrer.
Un día Pedro escoitóu, co corazón turbado, unha conversa na ponte.
-Aquela cariña tan feita trocóuse nunha carantoña que pon medo. Xa seu pai viña de xentes marcadas con cruz no libro da parroquia, e que non pensen en curala... O que che ten a probiña Rosa é o mal de San Lázaro...
A noite daquel día pechóuse para Pedro coma se se pechasen tódalas portas do mundo.
Agora é un abade moi vello e moi santiño, que se senta moitos anoiteceres na ponte vella a repartir o ben da súa santidade en tódolos que pasan.
Alfonso R. Castelao, Cousas, 1926.
MÚSICA: Lenine e Gog - A ponte
VAGAR
Que é a vida, si cheos de pesares
non temos o tempo pra deternos e ollare?
Sin tempo de estar debaixo das ponlas
e fitar co lecer das ovellas e vacas.
Sin tempo para ver, cando os boscos pasamos
e onde as ardillas na herba a noz agacharon.
Sin tempo pra ver na luz do día, prena,
cal en ceos da noite, no arroio as estrelas.
Sin tempo de voltar ao mirar da Beleza
E ouservar os seus pés, e como eles bailan.
Sin tempo de agardar deica que a súa boca
enriqueza o sorriso que os ollos comezan.
Unha vida ben probe será esta si cheos de pesares
non temos o tempo pra pararnos e ollare.
William Henry Davies (1871-1940) (trad. Plácido Castro)
MÚSICA: Rachmaninoff - Vocalise, interpretado por Mischa Maisky e Lily Maisky.
CP 1413 in a dark blue retro livery, with IR 21860 from Pocinho to Porto - São Bento, here seen crossing Bridge of Quebrada (Ponte da Quebrada) at Santa Leocádia.
Medo a mirar atrás porque os anos non pasan en balde. Medo a mirar cara adiante porque cada vez o tempo acelera un chisco máis.
A pel resécase, a vista precisa sentar de cando en vez.
O que naquel momento che dixen foi, será, é.
Locomotive: Orangeville-Brampton Railway 1000 - GM EMD GP9, 1956 - General Motors EMD 567C two-stroke 45-degree V-16, 1750-hp
----
Niagara Escarpment UNESCO World Biosphere Reserve
en.unesco.org/biosphere/eu-na/niagara-escarpment
_DSC2683 Anx2 1200h Q90 f25
Esta noite fun lavar
ó río do Pelouriño,
cando acabei de lavar
cantábame un paxariño.
Cantiga popular galega.
MÚSICA: Al Andalus Ensemble - Song of the water.
Na parroquia de Meirás, moi preto da coñecida Praia da Frouxeira, máis coñecida para os de fóra como Praia de Valdoviño por estar sita neste municipio coruñés, localízase a Ermida de Nosa Señora do Porto, Virxe do Porto ou Nosa Señora do Mar. Unha pequena capela branca que desafia as tempestades e temporais do Cantabrico Esta preto do mar construida sobre unha illa rochosa á que só se pode acceder cando a marea está baixa
Conta a lenda que uns mariñeiros atoparon a imaxe da Virxe no mar e leváronlla a terra. Con todo algo fixo que ao día seguinte estivese de novo no mar. Polo que ali, sobre unhas rocas, decidiron levantar unha capela para que imaxe santa estivera a carón do mar
O que eu fago é unha especie de estensión descritiva da miña obra pintada ou dibuxada. Pretendo dicir con verbas o que eu supoño que non podo espresar dabondo con liñas e cores, pensando pra min que as obras de arte efeituadas por un home, siñifican sempre, cando se analizan na súa totalidade, unha atitude moral. Facer que os demáis vexan, é o propósito dun artista cando coida ter extraguido algo de si mesmo, ou de aquelo que o circunda: naturaleza, homes, guerra, paz, sentimento, ouxetos. Facer que os demáis vexan e sintan, coma un ten visto e sentido. Ver e sentir pra eternizar.
Luis Seoane (1910-1979).
MÚSICA: Al-Andaluz Project - Morena
O río cando vai cheo
leva follas e penedos,
o galán de dúas damas
nunca ten os ollos quedos.
Cantiga popular galega.
MÚSICA: Clara Schumann - Romance op. 11 no. 1 in e flat minor / Tomer Lev - Piano
Carballos de Carballido,
cando era rapaz deixeivos;
vin despois de moitos anos;
xa imos vellos.
Pasáronse as alegrías
que trouxera o tempo ledo;
a mocedá foi pasada;
xa imos vellos.
Eu teño os cabelos brancos,
vós téde-los gallos secos;
os nosos días pasaron;
xa imos vellos.
Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos, 1886
MÚSICA: Andrew Bird - "Oh No"
Fotografía con la que participo en la expo: "Negro sobre blanco" de Fofógrafos de Valladolid.
Fotografía galega con música castellana ♫
English Electric/Sorefame built Medway 1456 and 1444, seen in double traction, hauling a ballast train from Vila Nova de Gaia - Devesas to Pocinho.
Entras, xiras no círculo, se pasas moito tempo dentro mareaste. E logo, cando remates, pode que collas a salida... ou que voltes cara a entrada.
Hoxe estou de estrea co meu novo macro (ou micro segundo din en Nikon) e como xa houbo quen me criticara cando dixen que o quería para ferros, parafusos e trebellos polo estilo... pois comezo cunhas flores. Eso si, as flores atopeinas nunha obra abandoada fotografiando puntas oxidadas, corrugados do 12 e cousas polo estilo :-)
Hoy estoy estrenando macro (o micro según los señores de nikon) y como alguno ya me criticó cuando dije que lo quería para tornillos, hierros y cosas de esas... pues empiezo con unas flores. Eso sí, las flores las encontré en una obra abandonada fotografiando puntas oxidadas y otros hierros :-)
Today I'm using for the first time my new macro (or micro as Nikon says) and as some friend criticized me when I said I wanted it for screws, steel and stuff like this ... I´ve started with flowers. Of course, I found these flowers in an abandoned construction when I was looking for photos of iron oxides, concrete and others :-)
Arcos de Furcos (Cuntis - Galiza)
Cando estaba a tirar esta fotografía, sentín que un home falaba algo que non entendín ou non ouín ben, aos poucos unha muller dille:
-...andan a facer fotos.
Pasei por diante deles e pregúntame ela:
- E lo!, anda a facer fotos?
- Pois si, ando a facer fotos ás casas, aos hórreos,... aproveitando un pouco a mañá! - Dixen eu.
- E ao meu hórreo non lle vas facer unha foto?, porque tamén é bonito! Preguntábamo mentres se achegaba a min e se puña diante do seu hórreo.
Debeumo dicir porque nese intre estaba fotografando o hórreo da veciña e está claro que entre veciños uns lévanse ben e outros mal.
Cada foto ten a súa historia: o que se ve cando se fotografa e o que acontece cando a fas.
Saio deste sono do que non podía agardar. Neste vello corazón so camiños concéntricos arredor. So, onde o horizonte se volve infinito porque ninguén nos dixo como ía ser. Porque ninguén nos dixo como ver. Porque ninguén quixo sacarnos deste erro.
Lánzome de cabeza neste río seco sen eco de ningún latexo. Medro entre as silveiras sen ve-la luz do sol. Corro entre o millo cortando a pel sen dor. Cando atope un novo día será hora de pechar este sen sentido.
Demasiadas veces fóra da corrente, non teño tempo para fuxir un anaco máis. Se se achega esa tormenta, que tire con todo. E cando pase, pois ha pasar, deixádeme nesa esquina xunto o mar.