View allAll Photos Tagged sobradodosmonxes
Obra en estilo renacemento. A súa construcción iniciouse no ano 1560 pero non foi rematado ata moito despois, entre os anos 1741 e 1744.
Le monastère de Sobrado dos Monxes est très ancien. Il fut abandonné durant de longues années. Réhabilité depuis le début des années 1960, il est un havre de paix et de tranquilité. Le refuge des pèlerins est le dernier sur le camino del norte.
galicias.com/sobrado/index.htm
SOBRADO DOS MONXES
Na provincias da Coruña. Lonxe do mar. Nas terras do interior. Onsde cualla a neve. Deitado nas ladeiras suaves de montañas antiguas, dorme-vive, con certo aire de intemporalidade, o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Ten a súa orixe no século X. En 1147 o papa Uxío III confirma a súa fundación; en 1498 únese á congregación reformada do Cister; entre os anos 1600-1700 fanse nel grandes obras e reformas; en 1834 unha Real Orde elimina o Cenobio, o cal fai que o mosteiro quede abandoado; en 1945 comenza a súa restauración e en 1966 volve a establecerse nel unha comunidade de monxes procedentes da Abadía de Viaceli (Cóbreces-Cantabria).
Tres claustros: o dos peregrinos, sóbrio e sinxelo, onde hai un albergue para peregrinos, con duas plantas (Sobrado é un dos lugares senlleiros do Camiño do Norte); o dos medallóns, máis rico e fermoso; e o da comunidade, moito máis grande ca os outros dous.
Unha igrexa grandiosa: fachada principal, obra de Pedro Monteagudo, feita alá polos arredores do ano 1680; pranta de cruz latina, con tres naves; cúpula ricamente decorada; sacristía do século XVI, sorprendente tamén pola súa decoración e pola súa cúpula; e capela do Rosario, do século XVII, onde o barroco é mais barroco ca nunca, destacando a súa entrada e a súa cúpula; e a capela de San Xoán Bautista, do século XII, a parte máis antigua que se conserva neste mosteiro. A luz da tarde entra polas "linternas". Hai unha forza irresitible que nos empuxa a mirar cara arriba, cara o teito, buscando un ceo debuxado nas pedras.
E dentro unha comunidade. Monxes que rezan, traballan, estudian... Monxes que cantan, esculpindo almas nas pedras... ¡Qué ben soa neste marco a lingua galega!.
Remata a Semana Santa do ano 2008, coa vixilia pascual. Na tarde do sábado chove, sae o sol, vai frío, moito frío... e as néboas parecen que queren dicir algo... A mañán do domingo desperta blanca, cuallada de neve... Fermosura divina neste máxico recanto da Galicia eterna.
Hola Amig@s...
--------------------------------------------------------------------------------
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
gl.wikipedia.org/wiki/Mosteiro_de_Santa_Mar%c3%ada_de_Sob...
Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes
O mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes é un mosteiro cisterciense situado no concello de Sobrado, na comarca da Terra de Melide
Posibelmente fundado no ano 952 nun primeiro momento (aparece citado en documentos de finais do século X co nome de "San Salvador"), pouco se sabe sobre os primeiros cento cuncuenta anos da súa historia. A principios do século XII o mosteiro está abandonado.
Foi refundado no ano 1142, cando San Bernardo envía desde Claraval (Francia), de onde é abade, unha comunidade de monxes. O 14 de febreiro de 1142, comeza en Santa María de Sobrado a vida monástica cisterciense. Durante o resto do século XII e o século XIII o mosteiro desenvolve unha grande actividade espiritual e económica. Desta fábrica consérvanse a capela funeraria da Magdalena, a sala capitular e algunhas partes soltas.
Coñece despois unha etapa de decadencia que se detén no ano 1498, ao incorporarse a Congregación de Castela. O mosteiro recupera parte da súa grandeza; a maioría dos edificios que actualmente se conservan, comezan a construírse a partir desta nova época. A monumental igrexa remátase a finais do século XVII e conságrase en 1708.
Santa María de Sobrado sofre unha nova etapa de decadencia, que culmina o 21 de setembro de 1834, cando coa desamortización, o Mosteiro queda suprimido por real orde. O Mosteiro de Santa María de Sobrado, os seus edificios e posesións foron vendidos. Iníciase un deterioro progresivo dos edificios que acaban converténdose en ruínas.
No ano 1954, por encargo do cardeal Quiroga Palacios, Arcebispo de Santiago, o Mosteiro Cisterciense de Viaceli, situado en Cóbreces (Cantabria) comeza a tarefa de reconstrución de Sobrado; e no mes de xullo de 1966 envía unha comunidade de monxes. O 25 de xullo de 1966, comeza de novo a vida monástica cisterciense no Mosteiro.
Outras ligazóns
A magnificencia abraiante da súa fachada corresponde á súa grandiosidade interior, tanto polas súas proporcións como polo traballo nas pedras. Obra do mesmo Pedro Monteagudo cara a 1680. Planta de cruz latina, con tres naves.Lonxitude, 60 m. Altura na cúpula, 35 m. Ó fondo da nave central, o coro alto con bóvedas de construcción plana. Unha comixa de máis dun metro de ancho percorre toda a igrexa. Bóveda de medio canón. Arcos laterais ricamente raballados nos seus arranques o mesmo que o friso da parte inferior da crnixa. Magnífica cúpula con catro escudos pegados ás pendentes. En relevo, cruces de Ordes Militares.
[Texto copiado do folleto informativo que daban no mosteiro]
El Camino Primitivo a partir de Lugo pierde bastante y se pisa mucho asfalto.. El Monasterio de Sobrado dos Monxes es un oasis en un desierto. Los monjes son muy buena gente.
Os exteriores do mosteiro de Sobrado son merecedores dos mellores eloxios. Respírase tranquilidade por todos lados. Tampouco se debe perde-la visita á lagoa, apenas uns centros de metros máis abaixo.
-----------------
The outside of the monastery of Sobrado deserve the best of acclamations. You can breath quietness everywhere. And you can't miss a visit to the pond just a few hundred meters down.
Arcos de medio punto e sete compartimentos, de bóveda ovixal con aretas reforzadas e rosetóns no seus centros. Catro rexas columnas, das que penduraban as cadeas colgando sobre a "lareira," sosteñes a cambota da cheminea.
(Texto orixinal no papel informativo que dan o entrar no mosteiro de visita)
Datos técnicos: HDR de 5 fotos (-2,-1,0,+1.+2), enfocada manualmente pola pouca luz.