View allAll Photos Tagged cando
Nome: Breogán Moris Louzán, 1º ESO
Escola: IES de Foz (Lugo)
Texto:De uniforme no Arsenal
Nesta foto vemos ao meu avó Pepe no Arsenal militar de Ferrol, cando fixo o Servizo Militar Obrigatorio, alá polo 1965. Leva posto o uniforme da Infantería de Mariña do exército español.
No barco que se aprecia ao fondo está colgada a bandeira franquista xa que cando meu avó fixo o Servizo Militar Obrigatorio foi durante a ditadura de Franco que, queiramos ou non, forma parte da nosa historia.
Centrándonos no lugar onde se tomou a foto, podemos facer fincapé en que Ferrol é unha das principais cidades galegas e por este motivo forma parte do Patrimonio Cultural de Galicia. O Arsenal militar de Ferrol está dividido en distintas seccións, algunhas están compostas por edificios e outras son sitios destinados á creación e reparación de barcos.
Algúns edificios foron modificados para que o público poida visitalos libremente, como por exemplo o Museo Naval, inaugurado o 5 de marzo de 1996. Tamén existe unha visita guiada pola antiga Sala de Armas - que máis tarde pasaría a ser a residencia dos soldados – e polos diques.
Dentro do Arsenal está o CIM – Cuartel de Instrución de Marinería – no que os mozos cumprían o Servizo Militar Obrigatorio, que era un período de tempo no que os varóns maiores de dezaoito anos, como o meu avó Pepe, formaban parte do exército. Este servizo desapareceu no 2001, cando se profesionalizou por completo o exército.
Photocopy of a tornado in Cando, ND. Taken from the book "Significant Tornadoes 1880-1989" by Thomas P. Grazulis. Image credit by the State Historical Society of North Dakota.
Sábado (24), Assis visitou a prefeitura de Foz do Jordão, em Candói, participou de Encontro Estadual da Articulação Paranaense de Educação do Campo.
Cando nos adentramos, o val vaise estreitando e na súa cabeceira atópanse os lugariños máis illados da comarca
Nome: Erea Iglesias Pardo (2ºESOE)
Escola: IES Alexandre Bóveda (Vigo)
Texto:
É unha foto en branco e negro do ano 1968 cando a niña avoa tiña 15 anos. Nela aparecen un grupo de xente nova rindo e posando nun monte. Un deles ( meu avó) esta dándolle de beber ao outro cunha bota. Para ser unha Romería chámame a atención que o meu avó estea vestido cun pantalón branco xa que están tirados no chan. Ao fondo pódese apreciar que hai unha morea de xente de costas atendendo á procesión que acontecía polo outro lado. A miña avoa e a súa "pandilla" subían o último sábado de xaneiro de cada ano a San Xiao, unha capela do monte que está, subindo desde Cariño ata o cabo Ortegal (a metade de camiño). Era unha oportunidade para que os mozos e mozas se xuntaran para divertirse. Nesta Romaría de 1968 foi cando os meus avós se coñeceron e a partir de aquí comenzaron unha relación de noivado. A miña avoa cun xersei branco tiña 15 anos e o meu avó con pantalóns brancos tiña 21. A xente xuntábase no pobo pola mañá, e subían cantando e bromeando polo sendeiro ata a capela, pasaban o día comendo e bebendo no monte, e á tardiña baixaban e continuaban coa festa na vila.