214
Nome: Breogán Moris Louzán, 1º ESO
Escola: IES de Foz (Lugo)
Texto:De uniforme no Arsenal
Nesta foto vemos ao meu avó Pepe no Arsenal militar de Ferrol, cando fixo o Servizo Militar Obrigatorio, alá polo 1965. Leva posto o uniforme da Infantería de Mariña do exército español.
No barco que se aprecia ao fondo está colgada a bandeira franquista xa que cando meu avó fixo o Servizo Militar Obrigatorio foi durante a ditadura de Franco que, queiramos ou non, forma parte da nosa historia.
Centrándonos no lugar onde se tomou a foto, podemos facer fincapé en que Ferrol é unha das principais cidades galegas e por este motivo forma parte do Patrimonio Cultural de Galicia. O Arsenal militar de Ferrol está dividido en distintas seccións, algunhas están compostas por edificios e outras son sitios destinados á creación e reparación de barcos.
Algúns edificios foron modificados para que o público poida visitalos libremente, como por exemplo o Museo Naval, inaugurado o 5 de marzo de 1996. Tamén existe unha visita guiada pola antiga Sala de Armas - que máis tarde pasaría a ser a residencia dos soldados – e polos diques.
Dentro do Arsenal está o CIM – Cuartel de Instrución de Marinería – no que os mozos cumprían o Servizo Militar Obrigatorio, que era un período de tempo no que os varóns maiores de dezaoito anos, como o meu avó Pepe, formaban parte do exército. Este servizo desapareceu no 2001, cando se profesionalizou por completo o exército.