View allAll Photos Tagged cando
Sinopse:
Que queda cando os recordos desaparecen? Como se chora o que aínda non marchou pero tampouco está? Que se di cando non existe nada que faga xustiza ao que un sente?
Cuando no recuerdes mi nombre é unha breve viaxe cara ao esquecemento a través dos medos, as preocupacións e os anhelos compartidos. Unha disección do Alzheimer, da dor e a tristeza, da desorde que deixa. Unha colección de sentimentos, bos, malos e innomeables. Unha homenaxe ás persoas condenadas a esquecer e ás que lembran no seu nome.
Biografía:
Paula Ramos Barral (A Coruña, 2000) é graduada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Pasou por La Voz de Galicia, Cadena SER e Producciones del KO. Colabora coa revista Jot Down. Cuando no recuerdes mi nombre é a súa primeira novela.
Thank you to the Palos Park Fire Department for once again cooling us off at Camp Can-Do with their fire hose!
i was a busy bee today and painted my kitchen, cleaned my counter space and my kitchen seems huge now! so a quick ta-da! and good night!
Cando se fixo o Sendeiro do Río Artes, os veciños e veciñas, con boa vontade, asinaron as expropiacións coa confianza de que a administración municipal cumpriría o seu compromiso de repoñer os pasos ás súas propiedades, dos que gozaban desde tempo inmemorial e dos que se servían para poder traballar as terras. Aínda hoxe están agardando, despois de reiteradas promesas do goberno local, a que eses pasos sexan habilitados. Tal é o caso da veciñanza cuxas propiedades foron illadas pola pista que se construíu con adoquíns nas que podemos ver como a altura da pista fai impracticábel o paso do río.
A solución proposta polos servizos técnicos do concello de facer unha ponte nos terreos públicos foi tantas veces reiterada e comprometida como esquecida mentres os veciños ven ano tras ano que non poden traballar as súas terras, aumentando as perdas e diminuíndo o valor das propiedades.
Salientar tamén que nalgunha propiedade as obras da pista aumentaron o risco de accidente laboral coa maquinaria, tractor, etc. pola deficiente construción da cuneta ao non canalizar as augas con tubaxe soterrada como é o caso dos 30 m que desaugan no río.
Afectados negativamente son tamén as propietarias e propietarios de leiras a carón do muíño de Correa, cuxo paso foi deteriorado polas obras do paseo. Removéronse e retiráronse as lousas que permitían o paso da maquinaria o que produciu un corremento de terras e maior profundidade do regato, facendo impracticábel o paso.
Estas familias que con xenerosidade se desprenderon de parte das súas propiedades para facer unha obra que toda a veciñanza e visitantes de Ribeira puidésemos desfrutar, non poden ter como pago a imposibilidade acceder ás súas propiedades, non poder traballar as terras e sufrir perdas na súa economía e facenda. Ese non é o pago que merecen.
O grupo municipal do BNG de Ribeira vén de solicitarlle ao concello:
A) Que na maior brevidade se proceda á construción da ponte que reiteradamente se ten ofrecido como solución para repoñer o paso que sempre tiveron ata que se fixo o sendeiro.
B) Que o paso do muíño de Correa, que os veciños sempre mantiveron en bo estado e que foi estragado polas obras, sexa arranxado cunha solución adecuada e duradeira.
C) Que se canalicen as augas cunha tubaxe soterrada da propiedade que discorre paralela á pista de adoquíns xa que a solución que se adoptou é perigosa.
D) Que, se for preciso, se habilite unha partida no orzamento para a realización das obras mencionadas.
Cando xa todas as follas dos carballos repousan no chan, sempre a quedar esa cativa ramiña que pon o contrapùnto nas árbores espidas de follas.