View allAll Photos Tagged cando

Cando home , terra e mar conxúganse para crear fermosos lugares...

youtu.be/_m4_YMIljK8

#avidaaollosdegorrion

#ofurtivodalusonair

#ilovetofly

#likeabird

#HorusAir2S

#ofurtivodalus

Cando provides a classic GMD1 to switch grain cars for Superior Terminal the former Cargill grain elevator at the port of Thunder Bay.

Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en setembro de 1992

 

PERDIDA CARCASONA A CIDADE OS DIAS OS ROSTROS QUE TIVECHES

 

nunca máis volverás a carcasona

di adeus á cidade encaramada nos outeiros

e á que repta e se adelgaza na planície até o horizonte

e á que pendura do precipício como agoiro

 

crerás que foi por desangrares as palabras

porque é bon inventar o mundo e rostros que o fecunden

necesário coma un viño tépedo e sal para a viaxe

aínda que en cada pulsación sexa a morte a que palpite

cando esixe o seu tributo en cicatrices

 

todo regresa con vagar para ser cerna

endurecido talvez no adubo da nortada

onde o tacto é insensíbel e hai agullas

afiada nas mesma mola que a caricia

todo regresa ao seu centro e no seu límite

 

nunca máis procures carcasona

hai un bosque entre ti e o que xa fuches

milenário en humus terra estéril

e anoitece con vagar entre os teus ollos

 

Xosé M. Millán Otero, As palabras no espello.

 

MÚSICA: Gigo Vitouno - Encà Sonar

youtu.be/RsrzrmVX_5Q

Adios ríos

adios fontes

adios regatos pequenos

adios vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos

 

Rosalía de Castro

 

17 de maio, día das letras galegas

  

Déixome levar e non chego a ningures. Descoñezo o pasado igual que o que está por vir. Atopeite nun momento errado e quen errou fun eu.

 

Estarei onde sempre, polo menos ata mañán.

 

As pedras que caen da montaña non han parar por min. Daría un paso atrás pero ese non seu esta noite.

 

As cores desaparecen na memoria pero a túa cara voltou sen buscala.

 

Custa un mundo esquecerte cando doe tanto lembrarte.

Cando Rosiña se separou de seus tíos, dirixeuse ó seu carto en

busca de soedá, que é boa compañeira dos corazós feridos que aman

co fogo da primeira pasión.

Abreu a porta, e despois de pechar co tarabelo, sentouse nun

tallo que estaba preto do berce. Acochou a cara cas mans e púxose a

chorar caladiñamente.

 

Manuel Lugrís freire, Xabier Campos Villar

Cando o demo non ten que facer, co rabo torna as moscas.

Non é o demo tan feo coma o pinta o medo.

 

MÚSICA: Highway To Hell cover by Sershen&Zaritskaya

youtu.be/J0KpseN9AjE

E cando durmo aínda estás aquí, e cando soño ocúpasme ti. E cando esperto apúntame a lúa que se vai durmir. E cando esperto non sei de min.

 

Entre os momentos imperfectos a soidade aloumiña con interese. Na procura doutra verdade que estas mentiras soubese. Non ten sentido mañán se aquí non estivese.

 

Acouguen as nubes, tempo haberá para a treboada. Hoxe o meu camiño aquí chegou e non lamento nada.

En Explore #266 2 de Maio 2009

O teu corpo sen cubrir, as túas pernas dan a benvida, os teus ollos amosan que goberna o corazón. Tan doado como subir, tan difícil coma unha despedida, tan imposible coma un desafío á razón.

 

E nisto unha aperta a escuras, e a seguir un bico, por que non?, e despois contar estrelas perdidas nun ceo imaxinario nesta habitación.

 

Ambas linguas pola complementaria pel, farei que me creo a mentira cando digas que che sabe a mel.

 

Madrugada no máis parecido ó silencio na cidade, non importan as pequenas mentiras se por diante vai a verdade. Déixame taparte agora, aínda que non vaia frío fóra, nun intre saberei se non te volvo ver.

 

Ese envexable momento no que vivo dentro, eses sonidos que me deixan marcas visibles. Todo ese imposible que lamento.

HLCX GP38-2 # 1028 just off lease to UP has been shopped and lettered for lease to Cando Rail Services. The HLCX # 1028 was built new as Illinois Central GP40 # 3024. East St Louis, IL June 28th 2019.

Adiós ríos, adiós fontes,

adiós regatos pequenos,

adiós, vista dos meus ollos,

non sei cando nos veremos.

 

Dijo Rosalia de Castro, la gran poetisa gallega, invocando la emigración y a los que tuvieron que abandonar estos paraisos......"En Galiza non se pide nada. Emígrase." (Castelao)

De aí parte o camiño que leva ás ondas do tartáreo Aqueronte, abismo largo e lamacento, que ferve perpetuamente e vomita todas as súas areas no Cócito. Garda aquelas augas e aqueles ríos o noxento barqueiro Caronte, do que espanta o lixo que porta; sobre o peito cae enguedellada a longa barba branca, dos seus ollos deitan lumes; unha sórdida capa colga dos seus ombreiros, prendida cun nó: el mesmo guía a súa barca negra cunha gancha, axeita as velas e transporta nela aos mortos, xa vello, pero verde e rexo na súa vellez, como corresponde a un deus. Toda a turba das sombras, por alá dispersa, precipítase cara as beiras: nais, esposos, heroes magnánimos, mozos, mozas, nenos colocados na fogueira á vista dos seus pais, sombras tan numerosas como as follas que caen nas fragas nos primeiros fríos de outono, ou como as bandadas de aves que, cruzando o profundo mar, se dirixen á terra cando o inverno as impulsa na busca de rexións máis quentes. Acugulados na beira, todos piden pasar os primeiros e erguen as mans con decisión cara a beira contraria; pero o severo barqueiro toma indistintamente a uns ou a outros e rexeita aos demais, afastándoos da ribeira.

 

Publius Vergilius Maro, Eneida, s. I a. C.

 

MÚSICA: Naragonia - Mira

youtu.be/K1REDX8kMyk

Era moito máis doado vela cando so a estrada nacional pasaba a carón dela, sempre e cando a vexetacion non se interpuxese.

 

Agora o tráfico é case que nulo, pois pasa uns poucos metros máis arriba pola autovía, dende a que é complicado observala incluso sabendo onde fixarse.

 

Pero deste xeito pódese disfrutar das vistas sen apenas ruido algún, tendo ese anaquiño de historia ben preto pero, á vez, bastante lonxe, pois a ubicación nese peñasco doutro lado do río, fai que haxa que dar un bo rodeo por un camiño de terra para chegar.

 

Igual noutro momento. Polo de agora basta con experimenta-lo contraste entre o avanzado das estruturas como as pontes da autovía, non tan lonxe de aquí, e este castelo.

 

A min chámame moito máis que este aínda estea, mal que ben, en pe.

 

------------------

  

It was easier to watch it when only the national road went by it, as long as trees didn't block the view.

 

Now the traffic is almost none since the freeway is just a few meters uphill, from which it's a bit hard to watch this tower even knowing where to look at.

 

But this is the way to enjoy the view with almost no noise at all, having this little piece of history quite close but, at the same time, quite far, since its placed on that hill on the other side of the river, which makes you go around through a path to get there.

 

Maybe some other day. Now it's enough for me to experience the contrast between the advanced structures like the bridges of the freeway, not that far from here, and this castle.

 

And it calls my attention, much more, this castle is still, somehow, standing.

O SANTO CALAFATE DAS ESCUMAS NA AROUSA

  

Xilvira de Sartaxes, co mar como testigo,

dou conta dun milagre cos que o Señor Santiago

axuda ós peregrinos que pasan por Arousa

cara ó seu santuario.

 

Collía eu mexillóns pola seca de agosto

descalza de pé e perna, xa logo era a tardiña,

cantaba o reiseñor no bosque de loureiros

e o sol fixérase ouro nas uvas albariñas.

 

Vin daquela aboiar acó de Cortegada

un home que acenaba abrazado a un madeiro

e puxen rumbo á dorna que meu pai ten na area

por ver de socorrelo.

 

Cecais fora atacado por algúns malfeitores,

que viña malferido, sanguiñento e sen azos.

Miroume cos seus ollos azuis como as augas

e caeu nos meu brazos.

 

E xa con el na barca volvín cara as areas

e subín para a casa polo atallo fondeiro

levando aquela carga maltreita e magoada

apoiada no ombreiro.

 

Estaba a miña xente sentada baixo a parra

a falar delongado e a disfrutar do viño.

O can veu cara nós, inviso e silandeiro,

e lambeu as feridas daquel descoñecido.

 

Mi padre preguntoume, ó velo así mancado,

que quén era aquel home e de ónde o traía

e mi madre ordenou que lle dese pousada

e lavase as feridas.

 

E mentres lle vendaba os membros encetados

xa lavados con ruda e romeu fervidos,

el debía lembrarse de avogosas ribeiras

con máxico sorriso.

 

Xa a lúa chegaba a rubir pencarada

alixeirando a noite por riba do Xiabre

e o silencio era lene, tan fráxil e tan frío

como un cristal que se abre.

 

El bicoume nas mans. Despois abenzooume

e púxose a falar mirando cara ó ceo

cos sons engaiolantes da palabra estranxeira

e a voz máis acendida que a fogueira no inverno.

 

Á fonte de Abuín subinlle buscar auga

e apañeille pexegos no camiño,

pero cando volvín collera o sono,

¡malpocadiño!.

 

Deixeino alí privado como unha criatura

e fun mirar a noite a través da ventá,

descubrindo de novo que algo estraño

sucedía no mar.

 

Por riba das escumas viña aquel calafate

case á beira das augas,

coa cuncha de Santiago bordada na bandeira

da súa unha nave branca.

 

E alí compuxo os restos do naufraxio

coa axuda dos golfiños

ata que foron barca que alpeiraba das augas

para seguir camiño.

 

Xa desaparecera o peregrino

cando puiden volverme para darlle a noticia,

pero teño o arrecendo do seu sangue

nunhas vendas que gardo de reliquia.

 

Helena Villar Janeiro, Milagres de Santiago.

 

MÚSICA: Tiny Fish for Japan - Stan Rogers

youtu.be/BRUSqO8fObU

The Credit Valley Explorer is on its very last and final run operated by Cando along the ex CP Owen sound sub. Cando will be pulling out as of June 30th, with talks of 5 companies bidding on the switching operations and we will see if the Credit Valley Explorer excursions continue under the new operator.

Cando handles the switching for the West Fraser pulp mill in Hinton Alberta, using a pair of ex. Reserve Mining SD38-2's. Still wearing Iowa Interstate paint, the pair normally venture out of the mill complex during the night shift. Just after 21:30 hours, and with a storm approaching, I found the "Unicorns" returning from the CN interchange with a cut of empties.

Zorzal real

Tordo real

Griva cerdana

Durdula

Fieldfare

Non é difícil cando o tempo é pasado, non ten mérito cando sen motivo é chegado.

 

Baixo estas sombras que mañán non han estar, ti tampouco, as miñas mans han face-lo traballo que non merecen.

A CEMR train prepares to head south on the Pine Falls Sub, as they await a clear signal to enter CN's Redditt Sub. The trio of SD40s idles next to Tim Hortons, a major Canadian icon. The SD40 in the middle still proudly wears the former "CEMR Buffalo" scheme, but the bookends look just as sharp in their new paint in my humble opinion. Chris and I lucked out getting these guys running on a Sunday, as they tend to operate Monday through Friday with the occasional Saturday extra...and not much on Sundays at all.

Era noite pero agora é día, era escuro e agora é luz, era choiva pero achégase o sol, era sen tempo e agora so queda un.

 

A poucos metros do destino, a quizáis menos do que agardar, sen case obstáculos neste camiño, sen excusas que poder imaxinar.

 

Quizáis se lle dea paso á seguinte páxina, quizáis non quede máis tinta coa que escribir, quizáis so se rompa esta máquina cando non me lembre de pensar en ti.

 

Agora que o vento leve estas palabras, agora que este cheiro a sal o impregne todo. Pero se hai unha idea macabra, é que agora nada é novo.

 

--------------------

 

It was night but now it's day, it was dark but now it's light, it was rain but sun is coming, it was with no time and now there only one left.

 

A few meters away from the destination, maybe less than what could be expected, with almost no obstacle in this path, with no excuse left to imagine.

 

Perhaps it turns to the next page, maybe there's no more ink to write with, maybe this machine will only break when I don't remember to think about you.

 

Now may the wind take all these words, now may this smell of salt fill it all. But if there's a macabre idea, it's that there's nothing new now.

 

--------------------

 

Era de noche pero ahora es día, era oscuro pero ahora es luz, era lluvia pero se acerca el sol, era sin tiempo pero ahora sólo queda uno.

 

A pocos metros del destino, a quizás menos de lo que esperar, sin casi obstáculos en este camino, sin excusas que poder imaginar.

 

Quizás se le dé paso a la siguiente página, quizás no quede más tinta con la que escribir, quizás sólo se rompa esta máquina cuando no me acuerde de pensar en ti.

 

Ahora que el viento lleve estas palabras, ahora que este olor a sal lo impregne todo. Pero si hay una idea macabra, es que ahora nada es nuevo.

 

Dous rapaces, non sei onde,

Ben non me podo acordar;

Do vento mouros, garridos,

De tenro corpo lanzal,

Cal dous follentes brabádigos,

Da terra de Breogan;

N' un sitio vougo, areoso,

Se puxeron a cantar:

 

Decide, ventos da Cróa

O q' oíches sin tardar:

 

—D' unha lancha á branca vela,

Da negra altura ô tornar,

Parece, toda encurvada,

Da virazon xorogal,

Unh' ala d' unha gaivóta,

Que mais alta qu' outra vai.

¡Que garrida he á branca vela,

Cando se vé bandear!...

 

De bolina, tesa á escota,

Que os ventos subïar fan,

O courel debaixo da agua...

Que gusto véla avanzar!

Que garrida vay á lancha,

Ca espuma que ó redor fai...

Que dicha hé ser pescador,

Que ten por seu todo ó mar!

(...)

 

Eduardo Pondal, Queixumes dos pinos, 1886

 

MÚSICA: Mariza - Barco negro

youtu.be/nf8R-Dw_PYQ

Fotocomposición galardoada co 2ºAccesit

no Concurso Fotográfico "Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra" (2009)

 

--------------------------------------

Esta é outra fotocomposición de varias fotografías miñas con documentos históricos sobre a emigración galega cara ás Américas.

 

A morriña transformouse nunha doenza denominada "Síndrome de Ulises": querendo estar na Galiza cando estaban nas Américas, e querendo estar alá cando retornaban.

 

Unha tarde, sen saber por que, o ventro tráeche eses ecos do alén...

 

Luar na lubre- "Ecos do alén" (Disco: Camiños da fin da Terra)

 

Letra

 

Hai un rumor que move o vento no ar

que encolle a ialma cando o sintes

hai un rumor que sabe a terra e a sal

que aínda ten voz na que habitar

e algún rapaz teimando por preguntar

descubrirá que hai mil historias

nos ollos calmos de quen soubo gardar

ecos do alén

 

Na súa voz

está por destecer

en cada frase un cantar

do que xa foi, do que ha de ser

na súa voz

quedou sen esquecer

do tempo un maino alalá

na súa voz

 

Non hai silencios se te vexo tentar

coller na man o mundo enteiro

e así comenzan no teu berce a nevar

as verbas que deixa un ronsel

antigas lendas da montaña e do mar

e contos nados na lareira

van debuxando frente a ti, devagar

ecos do alén

 

Na túa voz

a luz hase prender

mostrando as sombras que fan

saber que hai máis do que outros ven

na túa voz

vieiros ancestrais

terán alento, meu ben

na túa voz

Atopei media ducia de eirugas na miña herba luísa e estaba convencida de que se trataba de Autographa gamma. Pero cando finalmente apareceron os imagos, resultou ser esta avelaíña que me custou identificar. Parece ser que esta especie non leva demasiado tempo por aquí por Galicia.

O mosteiro de Carboeiro sitúase nunha área boscosa a poucos metros do río Deza que vira o seu curso nesa altura. A súa fundación fíxose tras a compra a un tal Egica duns terreos onde había unha ermida polos condes de Deza, Gonzalo e Tareixa, ao que se foron sumando outras parcelas do entorno. O documento de fundación é de 936 aínda que xa levaba funcionando polo menos desde 14 anos antes. Por causas que non están aínda claras o mosteiro vese destruído e ten que ser restaurado polo rei Vermudo II no 999. O caso é que o que en principio era un mosteiro máis ben modesto, co paso dos anos foise facendo cun patrimonio considerable, engrandecendo ao tempo os edificios do conxunto. A mediados do século XII remátase o convento e uns anos máis tarde iníciase o traballo na nova igrexa, o edificio máis innovador da Galicia desa época. Se das obras anteriores se ocupara o abade Froila, desta volta, desde o 1162, será o abade Fernando. O arquitecto fai da necesidade, virtude, e para salvar o grande desnivel onde se debía asentar a cabeceira, crea unha cripta con tres ábsidas cinguidas por un robusto muro exterior onde asentar o nivel principal da igrexa posteriormente, unha solución nova por estes lugares naquel tempo. Remátase a cripta no 1171 en estilo aínda claramente románico, seguramente influído polo modelo de Tournus, con piares robustos encapitelados con moldura de chafrán recto que teñen conta da estrutura. Semella que houbo un cambio de arquitecto cando se remata a cripta e se consagra o novo templo, pois a continuación da igrexa no nivel superior é radicalmente diferente en estilo, incorpora a novidade do protogótico de orixe borgoñona á par do que facía o mestre Mateo en Compostela. Ambas obras están claramente emparentadas e ambos arquitectos poderían ter recibido formación dun mesmo mestre. En Carboeiro érguese a primeira igrexa protogótica de Galicia, introducindo unha serie de elementos estruturais novidosos no plan da xirola, á que se abren as capelas ao xeito gótico, utilizando voltas de cruzaría e arcos apuntados e os piares das naves coa columna da nave central a media altura. As obras da cabeceira debéronse de rematar pouco despois de 1171 pois son claras as influencias noutras igrexas inmediatamente. En canto ao transepto e as naves, estarían rematadas antes do 1192, cando se enterra ao abade Afonso. As portadas, de clara influencia mateana, aínda que realizadas por un mestre menor, xa serán de arredor do 1200. Algunhas obras de menor importancia serían realizadas a mediados do século XIV.

 

MÚSICA: Zbigniew Preisner - Requiem dla mojego przyjaciela, 01. Officium

youtu.be/ErQm19Zvxxo

Cando Rail Services CCGX 4015 - General Motors EMD GP9 four-axle diesel-electric locomotive, 1959 - EMD 567C 45-degree V-16 two-stroke diesel, 1750-hp

----

SLR Magic 8mm 1:4 rectilinear ultra-wide-angle manual-focus lens

 

P8291380 Anx2 Q90 1400h 1.5k

O Rosal (Pontevedra).

É pouco habitual ver esta especie libando nas flores. Cando o fai, adoita ter as ás anteriores moi levantadas, o que permite apreciar os dous ocelos.

MEU AMOR, CANDO EU MORRA

 

Meu Amor, cando eu morra,

triste cantar non cantes;

ciprés sombrizo ou rosas

á testa non me prantes.

Orballo e choiva mollen

sobre min a herba verde:

e si queres, relembra,

e si queres, esquece.

 

Eu non hei ver as sombras,

nin hei sentir a choiva;

nin ouvirei o reiseñor

que cando canta, chora:

i en meia luz soñando,

que nin se esvai nin medra,

pode ser que me lembre,

e pode ser que esqueza.

 

Christina Rossetti (1830-1894) (trad. Plácido Castro, 1964).

 

MÚSICA: Marius Flothuis (1914–2001) - Pour le tombeau d'Orphee. Danse élégiaque pour harpe seule Op. 37 (Manja Smits, harp)

youtu.be/TiZzdDrsW5o

Espero que a marea nos devolva toda a area que o temporal se tragou, senón no verán teremos que tirar as toallas no monte.....

A forza do mar é algo impresionante, o ano pasado ningunha desas pedras que vedes estaba ahí.

Cando toca o acordeón o deus da música métese no seu corpo e domínao. Se abstrae escoitando as súas propias melodías e todo o que ocorre á seu redor é alleo a el. O seu cerebro divídese en dous, unha parte para cada man. Pero a súa alma márchase lonxe do seu corpo, que se move ao son da música que toca, sen moverse da cadeira. Vals, polcas, tarantelas.. todo sae do movemento rítmico dos seus dedos e os seus brazos. As súas mans móvense con axilidade polas teclas e aínda que dá a sensación de que as acariña, toda a forza do seu corpo concéntrase nese movemento. A praza esta ausente e a súa mente énchese de imaxes recordos de lugares do pasado , de lugares esquecidos e daqueloutros de onde proveñen os ritmos que saen do espírito. Un pode imaxinar un bico nunha ponte de París un día de choiva. O agarino dos corpos nunha rúa xeada de Moscu ou o alento dun beizos no paso sensual dun tango no Caminito de Buenos Aires A melodía é lenta,ás veces triste e melancólica; ás veces rompedora e con rabia. A xente camiña, todos pasan de longo por diante do acordeonista, que a pesar da choiva, a pesar de chorar, él toca e toca dende moi lonxe sen parar

Situado no cabo denominado así polo ruído que fai o mar cando rompe nos seus cantís. Este faro é famoso pola beleza do seu contorno natural, é polos afamados percebes do Roncudo. Este faro de cor branca esta conformado unicamente por unha torre de 11 metros de altura e sitúase na rocha do Roncudo onde se encontran os percebes de mellor calidade, aproveitando a baixamar.

As cruces de pedra lembran a mariñeiros mortos.

Corme-ponteceso

Ao cruzar a Ponte Luis I dende Porto, chegamos a Vilanova de Gaia. Ao igual que o que pasa noutras cidades de Europa, o rio separa dúas cidades que viven intimamente unidas, e é difícil imaxinar unha sen a outra. Vilanova é unha cidade moderna onde a parte mais turística aparece dominada polas algunhas das afamadas adegas onde se fabrica o viño que leva o nome da súa veciña de en fronte o Porto, Se accedemos a Vilanova pola parte alta da Ponte de Luis I encontrarémonos en maxestoso Mosteiro dá Serra do Pilar, que nos ofrecerá unhas das mellores vistas de Porto e punto de encontro de afeccionados á fotografía. Paga a pena coñecer, e mellor hospedarse, no hotel The Yeatman ou degustar unha cea con vistas en Vimiun. Non son baratos pero algún luxo de cando en vez temonos que dar

De perfil lanzal,

esvaeces no tempo

cando brúa o mar.

 

Haiku, setembro 2017.

 

MÚSICA: Igor Khabarov - Try

youtu.be/W3WdC48wZsI

A cor é a impresión producida por un ton de luz , ou máis exactamente, é unha percepción visual que se xera no cerebro ao interpretar os sinais nerviosos que lle envían os fotorreceptores na retina do ollo, que á súa vez interpretan e distinguen as distintas lonxitudes de onda que captan da parte visible do espectro electromagnético.

Todo corpo iluminado absorbe unha parte das ondas electromagnéticas e reflicte as restantes. As ondas reflectidas son captadas polo ollo e interpretadas no cerebro como distintas cores segundo as lonxitudes de ondas correspondentes.

O ollo humano só percibe as lonxitudes de onda cando a iluminación é abundante. Con pouca luz vese en branco e negro.A cor branca resulta da superposición de todas as cores, mentres que o negro é a ausencia de luz. Por iso a luz branca pode ser descomposta en todas as cores do espectro visible por medio dun prisma (dispersión refractiva). De feito na natureza esta descomposición dá lugar ao arco iri

Cando Poseidón desata todala súa furia; algúns como Fobos aproveitan para estar o acecho na busca de vítimas despreocupadas. Na súa mirada se reflexa o medo. Como o infeliz se achega....

 

Nas aguas (mais ben nos ventos) da nosa terra tamén hai Fobos que se disfrazan de salvadores; poren seguen a vender o "millor" postor.

   

Times were better when I shot this image as Cando's crew aboard CCGX GP9 1000 backs across Townline Road in Orangeville. Having setoff their lone hopper on the north end of the string of hoppers in the background the crew will run back out to the main in front of the station to perform some maintenance on the old GP9 before roosting her for the day. In 2018 Cando would back out of Orangeville and the torch handed over to GIO Rail. Orangeville's city council then decided the railway was not worth keeping and these tracks would be abandoned effective December 31, 2021. with GIO running their last train south on December 17th. The tracks in this scene were removed expeditiously during the spring of 2022.

 

Mile 34.6, Orangeville-Brampton Railway

Orangeville, Ontario

April 20, 2007

O Convento de Cristo, en Tomar, (Portugal), pertenceu á Orde do Temple e é un dos principais monumentos da arquitectura portuguesa.

 

Fundado en 1162 polo Gran Maestre do Temple en Portugal, don Gualdim Pais o Convento de Cristo aínda conserva recordos deses monxes cabaleiros e dos seus herdeiros no seu cargo, a Orde de Cristo, que fixeron deste edificio a súa sede. Baixo o Infante D. Henrique o Navegante, Maestre da orde desde 1418, foron construídos o claustros entre a girola e a fortaleza dos Templarios, pero as maiores modificacións execútanse no reinado de Juan III de Portugal (1529-1557). Arquitectos como Juan de Castelo e Diogo de Arruda procurasen expresar o poder da Orde construíndo a igrexa que alcanzarán o seu máximo esplendor na portada principal asinada por Juan de Castelo e as dúas fiestras da fachada occidental, a inferior de Arruda e a superior de Castelo, e os claustros , dous deles góticos e seis en estilo renacentista de deseño de Juan de Castelo .

O núcleo do mosteiro é a charola do século XII, o Oratório dous Templários. Como noutros dos seus templos, baséase na Rotunda do Santo Sepulcro (Igrexa do Santo Sepulcro) de Xerusalén, adaptada polo Infante D. Henrique. En 1356, Tomar paso a ser a sede da Orde de Cristo en Portugal, e a decoración da Girola reflexa a riqueza da Orde. As pinturas e os frescos ( case enteiramente escenas bíblicas do século XVI) e a estatuaria dourada sobre a cúpula bizantina, foron coidadosamente restauradas. Cando foi construída a igrexa manuelina, esta permaneceu unida á Charola por unha arcada.

wikipedia.org

Trémeme a man sobre o rato, escorréganme os dedos entre as letras do teclado, non podo acreditar no que leo. Xa non vou ter á miña beira ao vello compañeiro, a outro irmán que marcha antes de tempo. Córreme un arrepío polo espiñazo cando sinto a nova da boca da miña nai: morreu Luís.

Pensaba que podías tamén con este embolado onde estabas metido, que sacarías adiante o choio como adoitabas facer, por difícil que fose, pero desta volta non foi así. Haberá un par de meses que te vin e nos saudamos na distancia, non había tempo para máis, sempre había algún enredo polo medio, as urxencias do cotián.

Coñecín a Luís Rei ao pouco de chegar á Casa da Cultura naquel pequeno curruncho da rúa Nova, e xa logo vin que non era un tipo común, un funcionario máis atento ao calendario laboral e ao mínimo esforzo posible, como adoitaba acontecer con outros colegas. El era o chisqueiro do fogueteiro, prendía lume en canto asunto pasaba polas súas mans e levaba adiante o empeño con resultados que adoitaban ser brillantes. Así foi co ecoloxismo, coas embarcacións tradicionais, con Cabanillas, co compromiso político, coa programación cultural, coa recopilación de fotos e textos para o etéreo Centro de Documentación Local... O seu carácter poñíao sempre na vangarda como un bauprés de galeón e desde a popa viñan inzando as velas as palabras que algún día lle dixera a súa nai: “ten confianza, sei que o que queiras facer, valo levar a cabo” (ou algo así era, cústame lembrar).

Foron moitas horas de conversas sobre os temas que nos ocupaban a ambos e que se superpoñían con frecuencia, xa desde que nos coñecemos na vella Casa da Cultura, á sombra daquel Cabanillas vestido de viño de Lino; no tempo do café, sempre fugaz, na barra do Pósito, entre as briscas dos mariñeiros; no meu taller entre trenchas e pinturas; ou tras aquelas sesións de teatro na feira compostelá de finais dos 80 e principios dos 90, cando me deixaba as entradas das sesións ás que non podía asistir e que eu agradecía tanto na miña precaria vida de estudante (había que estirar a beca canto se podía). Cando volvín a Cambados aínda tivemos ocasión de traballarmos xuntos naquel choio tan apresurado do Plan de Protección do Conxunto Histórico de Cambados. O seu traballo na biblioteca era sempre absorbente, mantendo en orden o caos e tendo conta de elementos perturbadores que sabía manter a raia. Pola miña parte, asistía polas mañás á Escola de Restauración e polas tardes poñía películas no Cine Avenida no choio de proxeccionista. Pero buscabamos o tempo e rematamos con esa experiencia por coñecermos moito da Historia de Cambados por boca da xente e por medio da escasa documentación á que había acceso. Se cadra foi ese o gomo do que abrollaron moitas páxinas imprescindibles para a difusión da nosa Historia e que tan ben soubo plasmar en artigos, teatro e a súa magnífica biografía de Ramón Cabanillas. Cando me chegou pola porta do taller co libro na man non puiden evitar darlle unha aperta, era a culminación de tantos anos de traballo do que sempre me tiña ao corrente das cousas novas que ía atopando polo camiño. Non quixen que me asinara ese exemplar daquela, díxenlle que me parecía un pouco ridículo andar detrás das firmas dos autores, pero agora boto de menos calquera risco trazado pola súa man, como un signo de que aínda está vivo no sangue azul do seu bolígrafo. Nos últimos anos aínda tivemos ocasión, entre as idas e vidas da súa doenza, de nos botar unha man mutuamente nas nosas teimas de difusión e investigación “para matar o xenio”, tal e como dicía el. Así, cando preparou unha charla sobre o convento, estivemos falando en varias ocasións sobre o enfoque e algúns datos que incorporar, e cando escribín un artigo para a revista Ardentía foi el quen fixo de editor con todas as consecuencias, deixando o orixinal na metade, pero é que non había sitio para máis.

A memoria vai deitando lembranzas a moreas, despois de tantos anos, como unha billa vella avariada. Non hei contar máis, só podo dar testemuña do baldeiro que sinto desde hoxe no peito ao saber que alguén a quen quixen non vai cruzar máis baixo o lintel da miña porta.

  

MÚSICA: Aínda lembro as risas que botamos Luís e mais eu a conta do disco que viñan de editar Os Resentidos que nos parecera xenial daquela, no 1993: Xa están aquí.

youtu.be/uHHMFB18uuQ

the Credit Valley Explorer on its final journey Saturday... here it is just south of Belfountain, ON.... the train was loaded with passengers...

Fai moito tempo, moito, antes de que existise a humanidade e o mundo fose mundo, un anxo e un demo namoráronse. Cando Deus e o demo decatáronse non entendia como podido ocorrer , dous seres tan distintos, tan antagónicos como a luz e a escuridade, alíanse e fúndense nun . Como ocorre cando non se entende ,ou non se quere entender, aquilo desato unha tormenta onde se mesturaban os raios dos ceos, cos lumes do inferno .Todo o universo estremeceuse

Pero eles mantivéronse firmes nos seus sentimentos e no desexo de estar xuntos. Ao final desterráronos a un anaco de rocha valeira e esteril , desposuídos dos seus atributos e privilexios. Ali, ,naquel valeiro , acurrucaronse a acaron un doutro, consentíronse e amáronse esperando o final dos seus dias.

Mais Deus é Deus e apiadouse deles, creandolles o mundo tal como coñecémolo Pero ao decatarse delo , o diaño, que é o diaño, tras cabilalo , deulles a amobolos dous un sexo

-Por iso rapaces-,grito a serpe coa cabeza inmobilizada e oprimida cun pau,- que os pecados do mundo veñan por culpa dunha mazá e unha serpe é só un conto : no que nos non tivemos nada que ver-

Ao pé da cordilleira violeta do Atlas, iníciase ,case sen transición ,o desertó do Sahara .Ao principio a mente sentese desconcertada. O vento modifícao todo . Todo flúe e cambia de forma, enmascarado báixo unha inmutable monotonía de area. Se os desertos son territorios áridos como é posible vivir aquí? Esta pregunta asáltache cando penetras nel Non atopas resposta ata que descobres que a súa natureza inhóspita, arrasada por tolas tormentas de area e sometida a dramáticos cambios de temperatura, procreou unha cultura especial que esixe un despojamiento do ser e permite a supervivencia nestas condicións extremas. No nómade prodúcese con naturalidade, no estrano que acode ao deserto convértese nunha aventura espiritual.

Sabedes canto pracer resulta do coñecemento dos astros e os seus cursos; mais aínda é raro o home que pasa o traballo de coñecer estas cousas. E aínda máis, critícase a aqueles que están embebidos en tal coñecemento.

(...)Urxides a un ancián pobre de inxenio a que examine os ceos cando aínda non ten aprendido os principios das cousas terreas, que explique os erráticos cursos dos planetas no ceo cando está lonxe de poder recoñecer a natureza das herbas que medran baixo os seus pés.

 

Alcuíno de York (ca. 735-804), Cartas a Carlomagno.

 

MÚSICA: Interstellar OST 02 Cornfield Chase by Hans Zimmer

youtu.be/mykUt3yhZWA

Dried thistles catching the last light of the day along the banks of Lake Alice, near Cando, North Dakota, USA.

Neste día, nesta hora, neste preciso lugar. Baixo estas nubes que non me deixan ve-lo sol e cando teño a eternidade a me agardar.

 

Rio abaixo as lembranzas de mellores momentos, aquí arriba so viven as nubes. Non teño a chave destas portas pero non hei abrilas se non subes.

 

Non importa que xa sexa inverno, as noites hai tempo que son todas frías, so a túa imaxe me devolve a calor das túas palabras, os teus bicos e ver como te rías.

 

A vida xa non ten sentido, mais dubido que algunha vez o tivera. Xa non teño gañas de seguir vivindo se xa nada é como era.

1 2 ••• 5 6 8 10 11 ••• 79 80