View allAll Photos Tagged imaxe
Galicia xa non é como era antes, unha inmensa procesion de mulleres vestidas de negro, Polo menos asi o teño nos meus recordos ,a imaxe de que fóra a onde fose a cor imperante na muller galega era o negro. Menos mal que mudou. Sempre tiven curiosidade por ese mimetismo cos dias do inverno, de noites longas, con cheiro a fume ou a onnipresente morte coa que se convive no latexar cultural galego , non se se polo misticismo magico das suas raices celtas, ou por cuestións mais tanxibles asociadas á emigración ,a opresion relixiosa, a soidade e pobreza do agro galego e por extension ao medio urbano nun sincretismo social
Dise tamén que este cor logra ocultar vulnerabilidades e inseguridades, facendo sentir á persoa que o usa regularmente, confiada e segura de si mesma. A verdade é que esta afirmación non me convence, a nivel de rúa inclínome a pensar mais por ocultar sentimentos e emocións, é como unha barreira co contorno. Aínda que agora isto tampouco é exactamente asi . É innegable a elegancia e a sofisticación con que se dotou esta cor na moda e en determinado tipo de roupa, tanto como para poder rachar o acougo do espíritu mais sereno
Quizas por todo iso o atoparme a explosion de cor nun contorno social , en aparencia, mais opresivo coa muller , resúltame altamente rechamante. Podria empezar a buscar causas á inversa : o clima , o carácter , razóns culturais , relixiosas ou………. quizas todo sexa mais sinxelo e trátese tan só de alegrar co que se ten o dia. Se é asi, benvido sea
(1) Rinlo, Ribadeo (Lugo) (Galiza) [Rareza local]
A Mariña, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[500px] | [Hiveminer] | [Instagram] | [Tumblr]
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
#Ribadeo
A Mariña, #Galiza
..........................................................................................................
Folosa políglota (GLG); Felosa-poliglota (PT), zarcero común (ES), melodious warbler (EN)
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[500px] | [Instagram] | [Tumblr]
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
PT: #Cotovia-de-poupa
EN: #crested_lark
#Tapia de Casarego #Asturias
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[SGO] | [achave.gal]
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography #birdwatching
- #aves #asturias #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #Cotovia-de-poupa #crested_lark #TapiadeCasarego #cotoviacristada #galeridacristata
O festival de jazz de Vigo, Imaxinasons, chegou a sua 10ª edición. Na foto, o contrabaixista Marko Lohikari, do David Mezquida Trío, no concerto de apertura no Auditorio do Concello.
Tamén pisco ou paifoque
Pt: Pisco-de-peito-ruivo;
En: Robin
........ ....... ....... ......
A Mariña, Galiza
500px | Hiveminer | Instagram | Tumblr
- #nature #naturephotography #instanaturefriends #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #amariñaluguesa #amariñalucense #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #best_birds_of_instagram #bestbirdshots #birdextreme #birding #birdphotography #birdphotographer #birds #birdsofinstagram #feathered_friends #igscwildlife #igscwildlifebird #planetbirds #pocket_birds
PT: Gaivota-polar ; EN: Iceland gull
#Burela, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography
#birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
Dave Douglas, do Riverside Quartet. Do folleto do Imaxinason copio o seguinte: "O Riverside Quartet pon un selo contemporáneo en formato cuarteto á música das emsembles lideradas polo clarinetista Jimmy Giuffre (1921-2008). Nacido en Dallas, Giuffre, tocou nos anos cincuenta e sesenta en varias big bands converténdose nun dos nomes imprescindibles da escena jazzeira da costa oeste dos EUA. Nos anos sesenta vínculase ao free jazz, colaborando con músicos como Carla Bley e Steve Swallow, con quen Imaxina Sons ten a fortuna de contar neste concerto. Jimmy Giuffre vivirá uns anos en Francia e será considerado un dos promotores do jazz contemporáneo e das pontes entre os EUA e Europa. Riverside Quartet reparte liderado entre o trompetista Douglas e o clarinete e saxo Chet Doxas, cunha sección rítmica formada polo referido Swallow no contrabaixo e Jim Doxas na bateria. Tres xeracións de músicos sobre o escenario. Entre todos debuxan unha estética enraizada na música americana e no jazz na que hai cabida para a improvisación, o bluegrass, os himnos sacros e a música apalache": Pois eso.
Probablemente quede unha imaxe mais para completala serie do fermoso camposanto de San Froilán en Lugo..un lugar fermoso e con historia...
Pt: Gaivota-prateada-americana;
En: Herring Gull (American)
........ ....... ....... .......
Lago, Xove, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography
#birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
Imaxes da longa ruta feita por un lugar fermosísimo. As illas Cíes son tres, se ben só e posible visitar dúas. Son a xoia do Parque Natural das illas Atlánticas de Galicia (na ría de Vigo) incluindo a nomeada mellor praia do mundo, a praia de Rodas, que foi o punto de partida desta boa camiñada.
PT: Gaivina-de-faces-brancas
EN: whiskered tern
- #Galiza
- #EuFaloGalego #FalemosGalego #VivamosEnGalego
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #nature #naturephotography #birdwatching #Ribadeo #Rinlo #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds
Nesta praza anterior á imaxe
a água é un verso longo e só.
Cando e qué falará a pedra
a flor da fonte,
qué contará aos consagrados.
Cesáreo Sánchez, A escrita do silencio-Antoloxía persoal, 1997.
MÚSICA: Mark Knopfler -"Secondary Waltz"
Pt: Gaivota-de-bonaparte
En: Bonaparte's Gull
........ ....... ....... .......
Lago, Xove, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography
#birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
(Coal tit - chapim-carvoeiro - Carbonero garrapinos - Mallerenga petita - Pinu-kaskabeltza)
Santiago de Compostela, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[500px] | [Hiveminer] | [Instagram] | [Tumblr]
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
(c) 2014 - Abel Pereira "Birnbaum", Vigo.
Prohibido o uso da imaxe sen o expreso consentimento do autor.
Ribadeo (Galiza)
[PT] maçarico-do-norte, maçarico-de-dorso-malhado e maçarico-bastardo | [EN] Wood sandpiper | [ES] Andarríos bastardo | [CT] valona | [FR] chevalier sylvain
..........................................................................................................
Tamén bilurico pintado ou bilurico bastardo [GLG] >
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[500px] | [Instagram] | [Tumblr]
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
Réplica da imaxe do apóstolo Santiago do parteluz do Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago de Compostela. O Pazo do Faramello atópase no derradeiro tramo do Camiño da Translatio (Camiño de Santiago), dende Padrón a Compostela.
Serra do Xistral, A Mariña, #Galiza
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography
#birdwatching
[SGO] | [achave.gal]- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariñaluguesa #amariñalucense #amariña #Galiza #galizaimaxes #galiciabirding #galiciannature #galice #birdwatching #birdphotography #birds #amariña
esta serie de tres imaxes das manciñas e dos peiños do meu pequeno como recordo do que somos o nacer.. un tipo de imaxe que desborda tenrura polos catro costados ..agardo que vos gusten...saudos !!
Barreiros, Galiza
EN: sanderling
PT: Pilrito-das-praias
ES: Correlimos tridáctilo
500px | Hiveminer | Instagram | Tumblr
- #nature #naturephotography #birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #barreiros #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds #amariña #limícolas
............Tal coma as nubes
............que leva o vento,
i agora asombran, i agora alegran
os espacios inmensos do ceo,
............así as ideas
............loucas que eu teño,
as imaxes de múltiples formas
de estrañas feituras, de cores incertos,
............agora asombran,
............agora acraran,
o fondo sin fondo do meu pensamento.
Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)
Tal como las nubes
.............que lleva el viento,
y ahora asombran, y ahora alegran
los espacios inmensos del cielo,
.............así las ideas
.............locas que yo tengo,
las imágenes de múltiples formas
de extrañas hechuras, de colores inciertos,
.............ahora asombran,
.............ahora aclaran,
el fondo sin fondo de mi pensamiento.
Nubes negras
Barreiros
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography
#birdwatching
[SGO] | [achave.gal]
- #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds
... ... ... ...
- #bluethroat #Barreiros #Galiza #nature #naturephotography #birdwatching #amariñaluguesa #amariñalucense #ribadeo #aves #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes
© Abel Pereira "Birnbaum". Vigo, 2015.
Prohibido o uso desta imaxe sen o expreso consentimento do autor.
Pese a malicia dos eucaliptos, baixo os fentos que vedes na imaxe escondense os máis estranos seres.
DEUTSCH:
Hoch über dem Thunersee gelegen, bietet die Sonnenterrasse von Beatenberg ein einmaliges Panorama auf die Alpengipfel des Berner Oberlandes mit dem weltbekannten Dreigestirn Eiger, Mönch und Jungfrau. Abseits der grossen Tourismusströme ist der Ort insbesondere bei Naturliebhabern und Familien beliebt.
FRANÇAIS:
Sur les hauteurs du lac de Thoune, la terrasse ensoleillée de Beatenberg offre une vue panoramique unique sur les sommets alpins de l’Oberland bernois dont l’Eiger, le Mönch et la Jungfrau, célèbres dans le monde entier. Cet endroit à l’écart des grands flux touristiques est particulièrement apprécié des amoureux de la nature et des familles.
ITALIANO:
Sulle alture del Lago di Thun, la soleggiata terrazza di Beatenberg offre una veduta panoramica unica sulle cime alpine dell’Oberland Bernese, tra cui l’Eiger, il Mönch e la Jungfrau, famose in tutto il mondo. Questo luogo lontano dai grandi flussi turistici è particolarmente apprezzato dagli amanti della natura e dalle famiglie.
ENGLISH:
This picture was taken from the village of BEATENBERG.
Located high above Lake Thun, this sun terrace offers a unique panorama of the Alpine peaks of the Bernese Oberland including the famous threesome, Eiger, Mönch and Jungfrau. Away from the main tourist streams, the village is particularly popular with nature-lovers and families.
ESPAÑOL:
Esta foto fue tomada desde el pueblo de BEATENBERG.
Situado en lo alto sobre el lago Thun, esta terraza ofrece unas vistas únicas de los picos de los Alpes del Oberland bernés, incluyendo el famoso trío, Eiger, Mönch y Jungfrau. Lejos de las principales corrientes turísticas, el pueblo es muy popular entre los amantes de la naturaleza y las familias.
GALEGO:
Esta imaxe fui tomada desde o pobo de BEATENBERG.
Situado no alto sobre o lago Thun, esta terraza ofrece unhas vistas únicas dos picos dos Alpes do Oberland bernés, incluindo a do famoso trío, Eiger, Mönch e Jungfrau. Lonxe das principales correntes turísticas, o pobo é muy popular entre os amantes da natureza e das familias.
Texturas de: pareeerica
www.flickr.com/photos/8078381@N03/
A virxe do cristal/La virgen del cristal.
Manuel Curros Enriquez, autor do poema.A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros Enríquez que relata unha historia de base popular.
O argumento recollido do pobo por Manuel Curros Enríquez é o seguinte:
A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor do castelo de Vilanova, que vive na Corte e non vén máis que para cobrar a renda e o foro. Outro personaxe é Xan de Ventrances (rival de Martiño no amor a Rosa, pero a quen ela rechazou), que lle comenta a Martiño calumnias sobre a virtude da súa moza. Martiño dá creto ás palabras de Xan e rompe a relación coa rapaza.
Entón a Virxe aparecéselle en soños a Rosa para a reconfortar e ao día seguinte cae do ceo, xunto cun raio, un cristal coa imaxe da Virxe dentro. Martiño encontra o cristal pero non cre que sexa unha proba que demostre a pureza da súa moza. Ao día seguinte, Rosa topa co cristal e a Virxe dille a Rosa que a enviou Deus para demostrar a súa pureza, á vez que manifesta o seu desexo de que lle ergan unha capela naquel val. O pobo celebra o milagre e Rosa entra nun convento. Martiño víngase de Xan arrincándolle a lingua. A narración acaba coa morte de Martiño en Allariz, conxelado nunha noite nevada, ao pé do convento de Rosa.
gl.wikipedia.org/wiki/A_Virxe_do_Cristal
Vilanova dos infantes.
Carretera Orence-Celanova.
Un ángulo de luz nas ruínas,
como oblicua ollada de escenario
revela o espanto da imaxe.
No alá da dimensión precisada
agárdame, onde se confunde a tebra e a mañá,
onde encetaron a cópula a lúa e o leopardo,
esparexendo un tempo de asombros e mudanzas.
Só unha cantiga abonda. Unha lingua
de discursos tristes,
tecedeira de mares,
aproxima os silencios.
E vou, na espiral do tempo transcurrido,
deixando pegadas de sopor no andado.
Eusebio Lorenzo Baleirón, Gramática do silencio, 1996.
MÚSICA: G. F. Händel - Concerto para harpa HWV 294, Andante allegro
Silke Lange, acordeonista, durante o concerto que Lucía Martínez e o seu proxecto berlinés Azulcielo deron no (abarrotado) Auditorio de Vigo.
O home primitivo crea deuses á súa propia imaxe. Xenófanes sinalou hai tempo que a cara dos deuses dos negros era negra e o seu nariz chato; que os deuses de Tracia eran rubicundos e de ollos azuis, e que se os cabalos, bois e leóns creran en deuses e tivesen mans con que os retrataren, indubidablemente darían ás súas deidades a forma de cabalos, bois e leóns (...).
O home creou aos deuses á súa propia semellanza e sendo mortal supón naturalmente que os por el creados teñen a mesma triste fin (...).
Os mitos cambian mentres os costumes quedan; os homes seguen a facer o que os seus pais facían antes do que eles, aínda que as razóns que para tal tiveron os seus pais se teñan esquecido desde hai moito. A historia da relixión é un prolongado propósito de reconciliar vellos costumes con novas razóns, de atopar unha teoría admisible para unha práctica absurda.
J. G. Frazer (1854-1941), The Golden Bough, 1922.
MÚSICA: Antonio Vivaldi - Catone in Utica, RV 705 (reconstruído por A. Ciccolini): Acto I, escena 9: Aria: Apri le luci e mira.
Unha chea de nubres escorregando polo ceo azul, e ofrecendo a cada intre unha nova imaxe; unha imaxe sempre distinta e sempre marabillosa.
Sei que hai un cento de imaxes coma esta, ou mui semellantes, da Caracola de Donón, pero é inevitable chegar alí, toparse con isto e non tirar unhas cantas fotos...
Un proverbio árabe di “Quen non comprenda unha mirada, dificilmente poderá entender unha longa explicación.” O poder dunha imaxe reside, talvez, na súa capacidade de comunicación, pero cunha linguaxe onde é relativamente frecuente que as palabras perdan o seu significado, ou se converte nun instrumentos vulnerables ou ineficaces para expresar ese laberíntico mundo dos sentimentos. Temos tantos factores que matizan a carga emocional dese otro tipo de linguaxe , que fai que non existan nin dúas miradas similares nin dúas sensacións iguais. Cando escoito ou leo as palabras, ás veces francamente retortas e intencionalmente difíciles de entender, que disertan sobre as virtudes das fotografías ou do fotógrafo , na presentación entusiasta da inauguración dunha exposición , adóitome perder en observar os silencios, os xestos ou as miradas dos asistentes e se é certo que vén a representar case o 90% da comunicación fágome unha idea, ás veces cruel, do interese ou das emocións que esperta . Quizais sexa por iso que cando a alguén lle ensino unha das miñas fotos, sinto ese escalofrió de terror de atoparme, na franqueza da súa mirada, a ausencia da emocion
Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en maio de 1991.
A última campaña constructiva da Catedral románica de Santiago (ca. 1168-1211) discorreu durante o pontificado de tres arcebispos -D. Pedro Gudestéiz, D. Pedro Suárez de Deza e D. Pedro Muñiz- e os reinados de dous monarcas que o foron de León e de Galicia, Fernando II e Alfonso IX. O patrocinio rexio está documentado no principio e fin da empresa, pola donación de Fernando II ó mestre Mateo, no 1168, e pola presencia do seu fillo, Alfonso IX, na solemne consagración de que foi obxecto a basílica, a instancias do propio monarca, no 1211. A intervención directa dos mencionados prelados na obra do Pórtico hai que dala por suposta, aínda que só no caso do último deles, D. Pedro Muñiz, quedaran testemuños documentais suficientemente explícitos. El foi quen consagrou a Catedral e dispuxo a súa sepultura ó mesmo pé do parteluz do Pórtico, xunto á estatua orante que se ten por efixie do mestre Mateo, como se á fortuna do monumento quixera encomenda-la súa memoria. Non é seguro que a inscripción "GUDESTEO" que se le no cimacio dun capitel da tribuna septentrional da nave, se refira ó prelado que derivou o seu patronímico de tal nome, aínda que a localización do epígrafe se corresponde cunha campaña que puido levarse a cabo baixo o seu pontificado.
No mesmo programa do Pórtico quedou a pegada deste dobre patrocinio, rexio e prelacial. O mesmo ca nos portais reais franceses, é moi posible que a conspicua e reiterada presencia de David e Salomón -na Árbore de Xesé e no exterior-, obedeza á intención de presentalos como arquetipos dos monarcas entón reinantes, sen menoscabo da súa primordial función na xenealoxía e promesa mesiánica. Ós ollos dos contemporáneos, quizais non pasara desapercibido o paralelismo entre o relevo de Fernando II por Alfonso IX, do que foi testemuña a obra do Pórtico, e o de David por Salomón, pai e fillo tamén, no trono de Israel e de Xudá. Tan conflictiva coma a de David foi a sucesión de Fernando e en ámbolos dous casos foi o sacerdocio -Natán e Sadoc, no primeiro; D. Pedro Suárez de Deza, no segundo- o garante da lexitimidade dinástica.
Máis explícitas son as alusións que o Pórtico contén á liñaxe espiritual da Igrexa compostelana. Santiago represéntase alí dúas veces e en ambos casos dáselle figura co báculo en tau dos camiñantes, ó que se engade, na imaxe do machón da dereita, un pano entrelazado (pannissellus) que gornece xeralmente os báculos prelaciais. Non ha ser casual o feito de que pola mesma época D. Pedro Suárez de Deza adoptara tamén o báculo en tau como insignia arcebispal en lugar do máis común báculo en voluta. No citado atributo viña pois a significarse a tradición e estatuto apostólico que os prelados composteláns reivindicaban para a súa igrexa.
Santiago é representado así no Pórtico como o primeiro prelado hispano e como patrón do reino, segundo reiteradamente o invocan nos seus diplomas os dous monarcas citados. Ambos dispuxeron a súa sepultura na mesma catedral compostelana, cercana ó sartego do Apóstolo, "para có seu corpo resucitaren e presentárense baixo a súa protección no día do Xuízo Final". Como intercesor dos seus devotos, ós pés de Cristo xuíz, ofrécese tamén Santiago no parteluz do Pórtico.
Serafín Moralejo, O Pórtico da Gloria e o seu Tempo, 1988.
MÚSICA: Vox nostra resonet (Códice Calixtino), interpretado por Ochote Ardual
Non contaba con que se puidese entrar e menos aínda con ter opción a imaxes que mereceran a pena tanto coma resultou.
Esta é, sen dúbida, unha desas nas que ter modelo faríaa máis interesante ou, cando menos, un tipo diferente de interese.
Hai algo en visitar a soas sitios abandonados que non teñen outras fotografías. Quizáis sexa o inherente risco.
Manolo Gutiérrez, durante o concerto de Sumrrá na Praza da Constitución, en Vigo,. Gutiérrez é, o meu parecer, un dos mellores músicos que hai actualmente, e dende hai tempo, en Galiza.
#ilovetofly #likeabird #horuselgordo
(Ubicacion do voo sen restricción por zoa Zepa nin rede Natura 2000)
zona miradoiro Con Da Hedra
#ilovetofly #likeabird #horuselgordo
Moi preto do Miradoiro da Siradella está este miradoiro que está orientado ao oeste, cara ao océano Atlántico. Un cartel indicador na estrada informaranos do camiño a seguir. Un camiño habilitado levaranos ata o cumio do promontorio que se eleva algo máis de 100 m sobre o nivel do mar, onde se situou o miradoiro, composto por bancos e un balcón con vistas ao océano. Dende aquí e rodeados de inmensas pedras, poderemos admirar as Illas Ons e as Illas Cíes, ambas pertencentes ao Parque Nacional Illas Atlánticas. Tamén veremos a magnífica praia da Lanzada.
Onte cumpriu 6 mesiños o meu neno e parece que foi onte cando veu o mundo...deixovos con esta imaxe na que aínda non tiña un día de vida. ...
Ganso-de-bico-curto
{pink-footed goose}
#Galiza exterior asturiana
..........................................................................................................
Os nomes galegos das aves: Unirte ó grupo (Facebook)
..........................................................................................................
[SGO] | [achave.gal]
- #imaxes_en_galego #nature #naturephotography - #Tapia #Asturias #aves #galiza #galiciabirding #galiciannature #galizaimaxes #galicia #galicianatural #imaxes_en_galego #paxareando #birding #birdphotography #birds
Vexamos un petador curioso situado nunha casa da rúa do Hospital de Cambados.
O ουροβóρος ou uróboros é unha vella representación dun dragón ou unha serpe devorándose a si mesmo, un símbolo ancestral e común a moitas culturas ao longo do tempo, de significados diversos, aínda que habitualmente relacionados co eterno retorno ou o ciclo da vida, onde todo o que nace morre e volve nacer. Un dos mitos máis coñecidos que desenvolve esta imaxe é o de Jörmundgander, a serpe de Midgard da mitoloxía nórdica que medra de xeito descomunal até abarcar toda a terra, inimiga eterna de Thor destinada a un episodio final no que ambos morren, o día do Ragnarök. Aparece na parte final da Völuspá, un poema épico profético do século XIII, onde se dá conta do estado da Humanidade naquel tempo tan aciago, curiosamente tan semellante ao de hoxe:
Irmáns loitarán
e se matarán uns aos outros,
os filhos das irmás
lixarán o parentesco.
Iso é duro no mundo,
prostitución corrente
—unha era de machado, unha era de espada (e o sol xurde)
—os escudos son esnaquizados —
unha era de vento, unha era de lobo —
antes de que o mundo vaia precipitadamente.
Ningún home terá
misericordia para os demais.
MÚSICA: hedningarna - dolkaren