View allAll Photos Tagged 430
Nome: Olalla Vizoso González
Escola: IES Antón Alonso Ríos
Texto:
Nesta imaxe, tomada a comezos dos sesenta na parroquia de Amorín (Tomiño), aparece o meu bisavó José (á dereita, con lentes e xersei claro) diante do carro da Virxe da Agonía. Segundo a tradición, que aínda perdura, dous nenos ou nenas acompañan a imaxe da virxe durante a procesión vestidos de anxiños, sentados no carro de madeira labrada e tirando pétalos de flores.
A festa da Agonía é a máis grande celebrada na parroquia, a pesar de que non é a patroa. A terceira fin de semana de agosto, dalgún xeito todos participaban dunha alegría conxunta, de días de trasfega, comidas familiares, música, baile e mesmo disfraces. Porque foi nesa época na que se comezou a máis curiosa e divertida costume destas festas: o desfile de carrozas. Os veciños e veciñas dos distintos barrios creaban carrozas temáticas, primeiro tiradas por burros e despois por tractores, nas que traballaban durante noites e noites. Aínda que os espectadores puidesen desfrutar deste espectáculo, realmente quen mellor o pasaban eran as persoas que participaban directamente, disfrazándose e asumindo un papel, para crear auténticas obras de teatro sobre rodas.
Toda a organización destas festas require moito traballo, como se pode observar na cara observadora do meu bisavó, que aquel ano estaba na comisión de festas.
Ferrari 430 Challenge
To view a hi-res version and for more information visit my website: Ferrari Club of America 2014 Meet, Summit Point Raceway