View allAll Photos Tagged Transfronteiriza

A Cela, Lobios, Reserva Transfronteiriza Gêres/Xurés.

O forno comunal de Randín (#CalvosdeRandín #Ourense #Galicia #RBTGX) #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés #arquitecturatradicionalgalega @apatrigal @santiagogrial @ALimiaNews #raia

Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés

Diferentes cascadas en el transcurso del río Barxas o Castro Leboreiro.

Límite fronterizo SP-Galicia (Ourense) - Portugal

Representación teatral de Platea Lúa sobre a historia do #CoutoMixto, o 6 de xullo de 2019, realizada grazas ó proxecto #GerêsXurésDinámico #PortasdoXurés #INTERREG #FEDER #Xurés #RBTGX #Reservadabiosfera #CoutoMisto @DeputacionOU Poctep

Peto de ánimas de Vilar (#CalvosdeRandín #Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés #arquitecturatradicionalgalega #Gerêsxurésdinámico #petodeánimas @apatrigal @RXures #patrimoniogalego

Seguimos trabajando en los videos #3D con personajes reales en #AquisQuerquennis

@Aquis3D

 

(#PortoQuintela #Bande #Ourense)(Proyecto #Gerês #Xurés Dinâmico - Programa INTERREG V A #EspañaPortugal (

@poctep

) #Romanfort

Peto de ánimas de Barxés (#Muíños #Ourense #BaixaLimia) #RBTGX #reservadabiosfera @RXures @apatrigal #Gerêsxurésdinámico #Xurés

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

Canastros de Esperanzo (Lobios #Ourense #RBTGX)

Peto de ánimas de Barxés (#Muíños #Ourense #BaixaLimia) #RBTGX #reservadabiosfera @RXures @apatrigal #Gerêsxurésdinámico #Xurés

Peto de ánimas de Barxés (#Muíños #Ourense #BaixaLimia) #RBTGX #reservadabiosfera @RXures @apatrigal #Gerêsxurésdinámico #Xurés

Mansion romana #AquisOriginis na #VíaNova ou #VíaXVIII (@concellolobios #Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera @RXures portasxures.es/index.php/gl/que-visitar/lobios/mansio-aqu...

O pontillón de Portomuiño (#Entrimo #Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés @RXures

O secretario de relacións insternacionais Paulo Filgueiras expuxo no intergrupo de linguas o relatorio sobre a Carta que A Mesa presentou ao Consello de Europa

 

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou o seu relatorio sobre o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais e minorizadas Parlamento Europeo. A intervención tivo lugar no intergrupo de linguas minorizadas onde participan representantes de todos os grupos parlamentares europeos, por convite da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e correu a cargo do secretario de Relacións Internacionais da Mesa pola Nornalización Lingüística, Paulo Filgueiras.

 

Filgueiras explicou que, en ocasións anteriores, os expertos europeos alertaron sobre as graves deficiencias na aplicación da Carta, nomeadamente no ensino a través do mal chamado Decreto de plurilingüísmo que prohibe o galego en materias como matématicas, tecnoloxía e física e química, o que motivou unha recomendación do propio Consello de Ministros sinalando que a introdución doutra lingua non podía servir de escusa para a eliminación da propia no ensino. “Porén, nesta ocasión, o Estado remitiu ao Comité de Expertos un informe que manipula os datos e que mente, co fin de obter unha avaliación positiva”, denunciou o representante da Mesa.

 

Ao seu xuízo, a Carta se converte en “papel mollado” se non se habilitan mecanismos para facer cumprir o tratado. Neste sentido, Filgueiras mencionou diversos casos da situación do galego en Galiza, como as queixas da cidadanía que non poden acceder á xustiza en galego, a animadversión e insultos por parte de funcionarios, a ausencia do galego nos medios de comunicación, “menos actualmente nos medios escritos diarios que a principios dos anos 80”, apuntou.

 

Outro dos aspectos que denunciou Paulo Filgueiras é o da substitución lingüística que segundo ten constatado A Mesa se está producindo do galego polo castelán en espazos comunicativos que eran inicialmente en galego fomentados tanto polo goberno galego como o estatal.

 

A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas.

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

O forno de Rubiás (#CoutoMixto #CalvosdeRandín #RBTGX #reservadabiosfera) #Reservadabiosferatransfronteirizagerêsxurés #patrimoniogalego

Nela pasou longas tempadas Xaquín Lorenzo, especialmente os veráns, entrando en contacto coa cultura rural e surxindo o seu interese polo seu estudo. Así mesmo, pasou en Facós os derradeiros anos da súa vida, ata a súa morte acaecida en xullo do ano 1989.

 

Nesta casa, en 1933, residiu por breve tempo o investigador alemán, Hans-Karl Schneider, quen redixiu a súa tese de doutoramento sobre a variante do idioma galego-portugués falado no Val do Límia. Visitouna o cineasta Carlos Velo, grabando secuencias para o seu documental ¨Galicia¨ (1935), posteriormente refuxiariase nela fuxindo da represión franquista ó inicio da Guerra Civil.

 

No verán do ano 1940, Xaquín Lorenzo e o director Antonio Román, filmaran en Facós a curtametraxe etnográfica ¨El hombre y el carro¨.

Casa popular - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Restos da mansión romana #AquisOriginis en #RíoCaldo (#Lobios #BaixaLimia #Ourense) #RBTGX #Xurés #Gerêsxurésdinámico #reservadabiosfera #romanización

portasxures.es/index.php/gl/que-visitar/lobios/mansio-aqu...

A Casa da Escusalla (#Ludeiros #Lobios #RBTGX). Este edificio enmeigado, actualmente en ruínas, atópase nos arredores de Ludeiros

O forno de Rubiás (#CoutoMixto #CalvosdeRandín #RBTGX #reservadabiosfera) #Reservadabiosferatransfronteirizagerêsxurés #patrimoniogalego

A Casa da Escusalla (#Ludeiros #Lobios #RBTGX). Este edificio enmeigado, actualmente en ruínas, atópase nos arredores de Ludeiros

Mapa turístico da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés. Visite a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (Proxecto VALOR GERÊS-XURÉS).

Casa popular - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

O 5 de xuño de 2019, #DíaMundialdoMedioAmbiente, coñeceu a fauna e flora do xurés o CEIP Curros Enríquez de #Ourense. Visitaron a #PortadeLobios e coñeceron recunchos máxicos da nosa #ReservadaBiosfera

#RBTGX #PortasdoXurés #GerêsXurésDinámico #Xurés #Gerês

Mapa de monumentos megalíticos na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX) na Aula do Megalitismo do Val do Salas e da Serra do Leboreiro (Porta de Muíños - O Corgo) - Proxecto Gerês-Xurés Dinámico (Programa Interreg V A España - Portugal)

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

Neste santuario festexase a romaría máis importante da zona, o domingo de Pentecostés chamado o "Viso Grande", e a do 8 de setembro, o "Viso Pequeno".

Obras na Porta de Calvos de Randín (Proxecto VALOR GERÊS-XURÉS). A Deputación de Ourense participa neste proxecto a través da construción das 6 Portas do Parque do Xurés, unha por concello do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés (Estas Portas serán os centros de recepción de visitantes do Parque Natural do Xures, así como os centros de interpretación dos espazos naturais e historico-artísticos do parque galego) do lado galego, desta maneira complementaranse coas Portas xa existentes na parte portuguesa. No caso da Porta de Bande mellorarase os accesos ó Centro de Interpretación de Aquis Querquernis onde se situará a Porta de Bande.

 

O proxecto de cooperación transfronteiriza España-Portugal “Valor Gerês-Xurés”, aprobado no ano 2011, está cofinanciado nun 75% por fondos FEDER da Unión Europea.

O forno comunal de Randín (#CalvosdeRandín #Ourense #Galicia #RBTGX) #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés #arquitecturatradicionalgalega @apatrigal @santiagogrial @ALimiaNews #raia

Pezize-laranja

Orange Peel Fungus

 

Olelas, Xurés

2015

O forno comunal de Randín (#CalvosdeRandín #Ourense #Galicia #RBTGX) #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés #arquitecturatradicionalgalega @apatrigal @santiagogrial @ALimiaNews #raia

Paisaxe do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés - Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX)

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

Xacemento romano Aquis Querquennis (Porto Quintela - Bande - Ourense)

Palleira - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Palleiras - Casa popular - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Miliarios da Vía Nova ou Vía XVIII en Ríocaldo (Lobios - Ourense) #RBTGX

Cruceiro de #CalvosdeRandín (#Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés #arquitecturatradicionalgalega @apatrigal

Casa popular - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Fotogramas dos videos 3D do forte romano de Aquis Querquennis e a Vía Nova (Proxecto Gerês-Xurés Dinámico)

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

Pazo dos Tejada no concello de Calvos de Randín - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Pilón, lavadeiro - Arquitectura tradicional no concello de Calvos de Randín (Ourense) #RBTGX #reservadabiosfera #transfronteiriza #Gerês #Xurés

Canastros de Esperanzo (Lobios #Ourense #RBTGX)

Capela da Virxe do Castro en Guntumil (Muíños #RBTGX #Ourense).

Pequeno templo alongado construído en perpiaño. Posúe planta alongada, sen pórtico e coa maioría dos vans alintelados, agás a porta, que presenta arco escarzano (arco de medio punto rebaixado).

A súa decoración é sobria e baséase no tallado das bases e os capiteis das pilastras.

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

Marcos Maceira entregoulle hoxe en Irlanda ao xefe do Secretariado da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias un relatorio sobre a situación do galego que será tido en conta para a elaboración do 5º informe de avaliación do cumprimento deste tratado

 

O relatorio sinala incumprimentos en todas as áreas onde o Estado e a Xunta deben garantir a presenza normal do galego: educación, vida social e económica, xustiza, cultura, medios de comunicación, relacións transfronteirizas, etc.

 

Dublín, 3 de novembro de 2018.- O presidente e a vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira e Elsa Quintas, entregáronlle hoxe en Dublín ao xefe do Secretariado da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, Sixto Molina, un informe sobre a situación do galego advertindo que tanto o Estado como a Xunta incumpren as súas obrigas en todas as áreas nas que deben garantir a presenza normal da lingua: educación, vida social e económica, xustiza, cultura, medios de comunicación ou relacións transfronteirizas.

 

Maceira expuxo, tamén, o contido do informe na asemblea xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), entidade consultiva do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO e que aglutina 150 entidades representativas de 45 linguas minorizadas de Europa en 23 estados europeos. Desde novembro de 2016, a Mesa exerce unha das vicepresidencias de ELEN.

 

A Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias é un tratado internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas que o Estado español ratificou en 2001 no seu grao máximo. Segundo a Carta, o Estado ten que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo estatuto en ámbitos como educación, xustiza, administración, relación sociais e económicas, cultura ou relacións transfronteirizas. Isto afecta a Galiza e as zonas de lingua galega de Castela e León.

 

Tal e como se advertiu esta semana na presentación do informe da Mesa perante os medios galegos, os expertos europeos teñen alertado en varias ocasións sobre as graves deficiencias na aplicación da Carta, nomeadamente no do ensino, o que motivou unha recomendación do propio Consello de Ministros sinalando que a introdución doutra lingua non podía servir de escusa para a eliminación da propia no ensino. Nesta ocasión, o Estado remitiu ao Comité de Expertos un informe que manipula os datos e que mente, co fin de obter unha avaliación positiva. “O Estado mente ao Consello de Europa manipulando os datos oficiais”, asegurou Marcos Maceira. Ademais de ocultar o contido do mal chamado decreto de plurilingüísmo, cinguíndose a expor os aspectos xa contemplados no anterior, chega a afirmar que “a maior parte dos pais falan galego cos fillos”, que o descenso de galegofalantes “se produce, fundamentalmente, en nacidos antes de 1973” ou que o galego é a lingua máis empregada polo estudantado. Porén, tal e como sinala a Mesa no seu relatorio, recollendo datos do IGE, “en 2014 tiñamos a cifra máis alta de menores de 15 anos que aseguran non seren capaces de falar galego (20%)”. Neste sentido, o relatorio da Mesa emprega estatísticas oficiais, informes da propia Mesa e mais do Consello da Cultura e da RAG, así como informacións recollidas pola prensa que desmenten algunhas graves manipulación do Estado.

  

Algúns datos do informe

 

Ensino

– Segundo o último estudo IGE (2014) o 20% do alumnado que remata a ESO non sabe falar galego

– Mantense o decreto de plurilingüísmo a pesar das recomendacións do Comité de Expertos e do Consello de Ministro do Consello de Europa

– A aplicación da LOMCE impide cumprir os máximos para o galego do Decreto contra o galego da Xunta

– O ensino público non garante o ensino en galego como estabelece a Carta.

 

Xustiza

– Continúa sen haber garantías para o desenvolvemento da xustiza en galego: a xuíces, xuízas e fiscais non se lles require o coñecemento da lingua e a inexsitencia de galego nos programas infomáticos sobrecarga e provaca atrasos ao funcionariado e á cidadnía que opta polo galego.

 

Servizos públicos

– A administración do Estado e os servizos públicos externalizados encabezan os incumprimentos da Carta.

– A inexistencia de requisito de coñecemento do galego ao funcionariado impide a utilización do galego e fica á escolla do funcionariado.

– Evidénciase a inexistencia de formación de calidade.

– Nos concellos, sentenzas como a do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo supoñen unha regresión dos dereitos lingüísticos da cidadanía

 

Medios de comunicación

– Só a TVG garante unha presenza mínima do galego. Porén, é a única emisora pública do Estado que non conta cunha canle específica para a mocidade.

– Os medios en galego son os que menos axuda reciben polo uso do galego.

 

Servizos culturais

– Caída de publicación de libros en galego.

– Caída do investimento en dobraxe

– Dificultades para a distribución de cinema en galego

 

Vida económica e social

– Segundo o informe ao respecto elaborado pola Mesa pola Normalización Linguística, non opera neste momento en Galiza ningunha entidade bancaria que permita realizar todos os trámites en galego. No que ten a ver coa banca electrónica só chegan ao 40% as entidades que permiten operacións básicas neste idioma.

– En materia de recursos contractuais, a Xunta de Galiza atribuíu ao Tribunal Central de Recursos Contractuais as súas competencias. Xa que logo, todos os recursos especiais terán que ser redactados en castelán, o que só acontece no caso galego fronte ás outras linguas oficiais no Estado.

 

Intercambios transfronteirizos

– Os acordos institucionais que facilite ou favoreza os contactos entre Galiza e Portugal continúan a ser anecdóticos

Detalles da fermosa igrexa monacal #prerrománica de Santa Comba de #Bande (#Ourense) do século VII #RBTGX #Reservadabiosfera #Transfronteiriza #Gerês #Xurés

1 3 4 5 6 7 ••• 10 11