Back to photostream

Co mar as naus, a maré inexplicable

Desdeñosos cisnes, como icebergs

 

Co mar as naus, a maré inexplicable, os cetáceos estraños

as cósmicas reflexións dos filósofos no xardín aberto ás Cícladas

as profetisas do océano

os barcos ata Armórica, Cornualla, Gales, Irlanda, Escocia

a epigrafía das Burgas

os mosteiros nestorianos, os cupresos de Salustio

a elegancia dun pórtico nunha paisaxe erma

o negro sangue que avermella no cárcere de Tréveris

a doutrina dos Eons: Eucrocia, Prócula, Urbica, Hipatia, Trahamunda, Exeria

Os miñotos peixes con letras e cifras de presaxio

o imperio do terror, a final desesperanza romántica

o corazón de Bruce, o rei

BE TOM ATRON SAMBIANA, ATRON DE LABRO

o refluxo dun ecuador brasileiro, congolés, indostánico, malaio

a metamorfose de Adonis-Atis

o baile das damas

a política

a ciencia

as Investiduras

a Dieta imperial

a tiara das tres coroas.

Do Gulf-Stream as rápidas correntes

e as feras sirtes e as ásperas rompentes

 

Así é como eu imaxino o paradiso

o paradiso é un lugar murado

no paradiso éntrase por ósmose

no paradiso están as pombas e a rede que serve para atrapar as pombas

hai vexetación

pode ser un ermo

un libro

un camiño

nacer, nácese sempre en terra estrana

 

entón o astro é dous

Terreal

cadrado

catro

 

Chus Pato

 

MÚSICA: Behzad Khojasteh - Shadows In My Room

youtu.be/O9CwZsSmJmE

1,336 views
17 faves
4 comments
Uploaded on December 28, 2019
Taken on October 1, 2011