SINDO MOSTEIRO
Un castelo e, logo a seguir, unha praza
A torre do principe francés e as torres sineiras das colexiatas rematan en fantasía. Nas partes altas, esconden o aparello de protección baixo as roupas floridas das festas. Préstanse para as aventuras fabulosas en que se perdían en florestas imaxinarias os cabaleiros da Táboa Redonda. Ou entón adórnanse de enfeites dunha natureza exuberante que mostra ao ollar do fiel a profusión dun Deus diseminado na creación. Imaxe do desperdicio cabaleiresco, teñen en si, para os espallaren arredor, todos os brillos dun tesouro (...). Son fortes, firmes, desconfiadas. Entreábrense nalgunhas varandas para a alegría de respirar, pero reúnen a compañía familiar, comunidade urbana ou o bando armado do xefe de señorío para un esforzo colectivo de conquista, económica ou militar, e de concorrencia. Retésanse á fin de superaren riquezas rivais (...).
O elemento central deste renacemento do urbanismo é dobre: un castelo e, logo a seguir, unha praza. O maxistrado, coma os reis, delibera nunha torre. Esta domina unha extensión libre onde se reúnen as milicias e os auditores de arengas.
George Duby, Le Temps des Cathédrales. L'Art et la Societé, 980-1420, 1967.
MÚSICA: Laboratorium Pieśni - Karanfilče devojče