Back to photostream

—¡Salve, d'antusiasmo cheo escraméi—patria sagrada d'o Dante e de Galileo!

Fotografía tomada coa vella Zenit-122 en setembro de 1991.

 

(...)

Acheguéime á ventanilla

Y-en terra italiana vínme,

N'a estación de Vintimiglia.

—¡Salve, d'antusiasmo cheo

Escraméi—patria sagrada

D'o Dante e de Galileo!

Feitos polvo y-en anacos

Os teus membros, posta a túneca

En cen xirons e buracos;

Os teus fillos perseguidos,

Queimados teus patriarcas,

Todos teus bens recollidos;

Ceibados ós catro ventos

Os osos d'os teus maores,

Afogados teus lamentos;

D'os Papas triste cautiva,

Baixo seus pes sempre morta,

Pero tamen sempre viva;

Tí, n'un traballo grorioso

De quince sigros, traballo

Cal ningun outro espantoso,

Recolliche gota a gota

Todo o teu sangue vertido,

E volto en guerreiro o ilota,

Dende a ergástola retache

Teus verdugos y-arrumbados

Liberta te levantache.

Tí, d'os cabalos d'Atila

Debaixo d'a ferradura,

Que canto toca aniquila,

Recolliche a tua coroa

E maldixeche a salvaxe

Civilización teutoa.

Tí, cando por tod'a terra

O corno feudal soaba

Chamando as naciós á guerra,

Convirtindo en estandarte

O vello sudario griego,

Proclamache a cencia e o arte;

Y-en tanto que n'un divino

Resprandor inunda os ceos

O sol de Tomás d'Aquino,

O verbo audaz de Xordano

Penetra o misterio, oculto

Sempre ó pensamento humano,

A forma en Rafael estrala

¡Y-hastra a pedra, ó golpe rudo

De Miguel Anxele, fala!

Dende enton, tí tés d'os povos

O sacreto, tí o candado

Y-a chave d'os tempos novos.

¡Ou patria, d'as patrias tempro,

Quen d'o teu mal adoleza

Cúrese c'o teu exempro!...

(...)

 

Manuel Curros Enríquez, O Divino Sainete, 1888.

 

MÚSICA: Claudio Monteverdi (1567-1643) - "Si dolce è'l tormento" (Accordone), interpretado por Marco Beasley e Guido Morini

youtu.be/g6e43zjwGr8

1,943 views
26 faves
10 comments
Uploaded on October 6, 2015
Taken in September 1991