SINDO MOSTEIRO
Os pazos de Señoráns de Abaixo e de Arriba
Vaise todo, todo vaise.
O ronsel, o sol, os cheiros...
Todo vaise. Vaise todo.
E ti vaste e non te vexo.
Ti voltarás a-o teu río
lonxe en laxes corredeiros,
aquiles que fan das vidas
os certeiros sentimentos.
Os ledos bicos pousados
nas ramas do laranxeiro
non darán as frores brancas
que me daban
n-outros tempos.
Vaise todo. Todo vaise.
Mas ti ficarás no meu peito
Coma unha raíz da terra
nascendo do meu lamento.
Un pazo na veiga con xardin e fontes;
ialmas verdadeiras de ceo e de lar,
soños de anduriñas que vanse perdendo
nascendo outros novos de estrelas no chan
Xentes com-aquilas xa vanse perdendo
fóronse co vento, co-a escume do nau.
Agora ista terra de ánxes doentes
xa non ten fidalgos con lanzas na mau.
Mª do Carme Kruckenberg, Obra poética case completa: 1953-1999, 2000
MÚSICA: Kristin Andreassen - "The New Ground"
Os pazos de Señoráns de Abaixo e de Arriba
Vaise todo, todo vaise.
O ronsel, o sol, os cheiros...
Todo vaise. Vaise todo.
E ti vaste e non te vexo.
Ti voltarás a-o teu río
lonxe en laxes corredeiros,
aquiles que fan das vidas
os certeiros sentimentos.
Os ledos bicos pousados
nas ramas do laranxeiro
non darán as frores brancas
que me daban
n-outros tempos.
Vaise todo. Todo vaise.
Mas ti ficarás no meu peito
Coma unha raíz da terra
nascendo do meu lamento.
Un pazo na veiga con xardin e fontes;
ialmas verdadeiras de ceo e de lar,
soños de anduriñas que vanse perdendo
nascendo outros novos de estrelas no chan
Xentes com-aquilas xa vanse perdendo
fóronse co vento, co-a escume do nau.
Agora ista terra de ánxes doentes
xa non ten fidalgos con lanzas na mau.
Mª do Carme Kruckenberg, Obra poética case completa: 1953-1999, 2000
MÚSICA: Kristin Andreassen - "The New Ground"