SINDO MOSTEIRO
Un día virá e direille que inda non é tempo
A MORTE NON É UN POEMA
Non, non é un poema a morte.
Un día virá e direille
que inda non é tempo,
que non o deixo todo feito,
que si os fillos non están criados,
que a miña obra é o meu testamento,
que os persoaxes cos que falo
na miña soedade
inda non acadaron o esceario.
E Ela rirase. E voltará a reire novamente
cando lle diga inxenuo
que inda non rematei de coñecer a Hegel,
que si Platón ou Scheller.
Rirá batendo os dentes
cando teime decindo que non me irei de eiquí
denantes de acadar o senso do destino
e do mundo os enigmas.
Escachará de risa
ao escoitar a miña derradeira vountade,
que si mediante o yoga e o budismo,
que si o bahaismo,
que as miserias e as guerras
poden se rexeitadas.
E ollando a morea de libros de que falo,
reíndo fará voar as follas
nun vento arremoinante
e me dirá que é tarde,
que sempre foi o mesmo,
que xa está tudo dito
inda que ninguén fale de Ela co respeto debido,
que isto que engado agora,
xa llo dixeron outros para alongar a vida,
mais que Ela non agarda,
que é da vida o cumplimento
coma da fror o froito,
que vai a ser o mesmo,
que é inútil todo esforzo,
que non sexa un inxenuo e que o deleixe todo.
E seductora, co xesto dunha amada,
sentarase ao meu carón na cama
borboriñando:
non penses máis agora,
ao fin, acouga.
Tomás Barros, Vieiro de señardade, 1987.
MÚSICA: Franz Schubert - Cuarteto para corda Nº 14, D. 810 "Der Tod und das Mädchen": II. Andante con moto"