REDICXunta
Presentación do proxecto d-due lab artesán
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011.- Presentación aos medios na tenda da firma textil galega D-due do Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo dun proxecto experimental de incorporación do produto artesán feito en Galicia aos deseños da súa nova colección. A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, dependente da Consellería de Economía e Industria, colabora coa empresa neste novo proxecto que aposta pola interconexión entre deseño e artesanía, a través dun apoio económico de 10.000 euros.
Esta iniciativa, denominada D-due LAB, ten como obxectivo a creación da colección de verán 2012 da marca D-due na que se incorporarán pezas que se lle encargarán a artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Trátase dun proxecto que se irá conformando e medrando co paso dos meses e do que se presentoun nunha primeira mostra na Feria Bread&Butter de Berlín no mes de xullo.
Empresas artesáns como Elena Ferro ( Merza, Vila de Cruces) e Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), recentes finalistas dos Premios Nacionales de Artesanía 2011 participan neste proxecto. Nesta primeira fase do proxecto participan obradoiros especializados no téxtil, na olería tradicional, na xoiería, na elaboración de zocos ou nos complementos.
Asemade, D-due ten previsto incorporar pezas de artesanía tanto na decoración das súas tendas como para a súa venda directa a través dos tres establecementos comerciais dos que dispón en España, entre os que destaca o recentemente inaugurado en Mallorca.
Na actualidade, as prendas das coleccións de D-due pódense atopar tamén nos principais puntos de venda do mercado da moda tanto en Europa, en países coma o Reino Unido, Italia, Francia ou Suíza, coma nos Estados Unidos, a través do seu punto de venda en Nova Iorque, ou noutros países menos accesibles para os artesáns galegos como poden ser Xapón, China, Qatar, Kuwait, Indonesia ou Corea.
Dende a Consellería de Economía e Industria estanse a impulsar diferentes iniciativas encamiñadas a introdución do produto artesán galego en diferentes mercados, a través da presenza da marca Artesanía de Galicia en feiras profesionais internacionais de carácter internacional ou de iniciativas máis concretas como a promoción do produto artesán galego no eido do agasallo internacional.
Neste caso, a Consellería entende que o proxecto D-due LAB contribuirá a situar a artesanía en canles e mercados diferentes dos habituais, permitirá facer unha nova interpretación do produto artesán tradicional dende unha perspectiva relacionada co deseño de moda e da decoración de interiores, acorde coas tendencias actuais do mercado, o que lle abrirá sen dúbida novas vías de comercialización no futuro.