2346-Torre Andrade de Vilalba (Lugo)
A Torre do Castelo dos Andrade ou Torre dos Andrade é o que queda do Castelo de Vilalba, construción que tivo as súas orixes na familia dos Castro aló polo século XI. A imaxe actual é resultado da reconstrución feita no século XV polo conde de Vilalba Diego de Andrade.
Sitúase no casco urbano de Vilalba, a carón da praza e igrexa de Santa María.
A elección do lugar para a súa construción baseouse no valor estratéxico do emprazamento xa que no lugar confluían o Camiño do Norte e o antigo Camiño Real de Betanzos e A Coruña.
Durante unha boa parte da Idade Media a vila de Vilalba pertenceu a familia dos Castro. Durante a guerra civil entre Henrique II de Trastámara e Pedro I este dooulle a vila ao naquel momento o seu aliado Fernán Pérez de Andrade II O Bo. Fernán abandonou a causa petrista e puxo a salvo das forzas inimigas na fortaleza de La Rochele ao finalmente vitorioso Henrique II. Unha vez vitorioso o rei outorgou ao Andrade, entre outras moitas posesións, o señorío da vila.
No século XV os Irmandiños atacaron o castelo do señor de Vilalba Nuno Freire de Andrade O Mao derrubándoo. O edificio non foi reconstruído ata que os Reis Católicos lle concederon o condado de Vilalba a Diego de Andrade.
Anos máis tarde o castelo retornou ao patrimonio dos Castro por mor do casamento entre Teresa de Andrade, neta de Diego de Andrade, e Fernando Ruiz de Castro Osorio da casa de Lemos.
No século XVIII foi obxecto de novas reformas.
A estrutura do antigo castelo era de planta poligonal rodeada por unha muralla. A fortaleza tiña tres torreóns, un deles comunicado a través dunha ponte levadiza.
A actual torre é de planta octogonal. Trátase da antiga torre da homenaxe do castelo. Levántase en cachotaría de xisto e reservando o uso do granito para os remates e elementos decorativos (almeas e xambas de portas e ventás).
Foi habilitada na década de 1960 para a súa explotación económica como Parador de turismo, sendo o Parador de Vilalba o máis pequeno de toda a rede.
Castelo de Vilalba
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.