Back to gallery

1494-Cruceiro de Hio (Pontevedra)

www.goear.com/listen/b4f9cc4/danza-de-san-roque-de-hio-mi...

 

O cruceiro do Hío é sen dúbida o máis importante e elaborado dos cruceiros galegos [1]. Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas.

 

Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872

nunha soa peza de granito,

 

A escultura consiste nunha representación dramatizada dos momentos máis significativos do home, desde a creación ata a redención, co habitual simbolismo iconográfico do estilo barroco. A identificación e papel das figuras esculpidas tamén é obxecto de diferentes interpretacións segundo a fonte que se consulte.

 

A escea principal reflicte o descendemento ou desencravo de Cristo. A figura central, naturalmente, é Xesús, xa morto, ó que baixan da cruz suxeito cunha tea por baixo dos brazos. Dous homes encaramados nos brazos da cruz, Xosé de Arimatea (propietario do sepulcro onde se enterraría a Xesús) e Nicodemo (un fariseo próximo a Xesús), suxeitan o pano e descenden o corpo de Cristo ás mans de San Xoán que, no pé da cruz, cólleo polas pernas. A San Xoán acompáñano a Virxe e de María Magdalena, aínda que hai quen di que son as tres Marías. Dous anxelotes completan o grupo.

 

O Calvario está sobre unha ménsula, cuxa cara superior imita a forma dun monte, apoiada sobre catro anxos, a modo de atlantes.

 

Tomado da Galipedia.

3,242 views
3 faves
19 comments
Uploaded on August 10, 2010
Taken on August 8, 2010