Back to photostream

1407-Diana Cazadora-Betanzos (Coruña)

Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 

Betanzos é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Betanzos. Segundo o INE no ano 2007 tiña 13.328 habitantes (13.165 no 2006, 13.059 no 2005, 12.990 no 2004, 12.822 no 2003).

 

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é Betanceiro - Brigantino ou garelo.

 

Betanzos padeceu as incursións normandas ao mando de Horrich e posteriormente do propio rei Olaf en 1015. En 1219 a poboación trasladouse da súa antiga ubicación (San Martiño de Tiobre, coñecido como Betanzos O Vello) á súa localización actual, sobre o antigo castro de Untia, onde houbo unha encomenda templaria onde actualmente se levanta o mosteiro de San Francisco.

 

Betanzos xogou un papel central na Grande Guerra Irmandiña. Líderes da Irmandade como Alonso de Lanzós ou Joan Branco foron naturais da cidade. Precisamente, en 1465 Henrique IV concedeu á poboación o título de cidade, e en 1467 permitiulle a celebración dunha feria franca anual grazas á mediación de Joan Branco. Grazas a este capitán irmandiño a cidade de Betanzos recuperou o seu voto nas Cortes.

 

Anos máis tarde, na reorganización territorial dos seus reinos, os Reis Católicos dividiron a antiga provincia de Betanzos en dúas, creando a de A Coruña e mantendo a Betanzos como capital de provincia, na que foi a época de maior esplendor da cidade. Porén, tras unha serie de incendios xerais e malas colleitas chegou unha decadencia, agravada en 1834 coa nova división administrativa de Javier de Burgos, que integrou a antiga provincia de Betanzos na da Coruña.

 

Unha serie de pragas da vide contribuíu á decadencia da cidade a cabalo entre os séculos XIX e XX. Revitalizada coa chegada do ferrocarril a principios do século XX, na actualidade Betanzos continúa sendo un importante núcleo turístico, comercial e administrativo. Desde 1970 o casco antigo está declarado Conxunto Histórico-Artístico

 

Monumentos:

Igrexa de Santiago, s. XI, reedificada no s. XIV.

Igrexa de San Francisco, s. XIV.

Igrexa de Santa María, s. XIV.

Murallas da cidade, s. XV, coas portas oxivais da Ponte Vella, Ponte Nova, RIbeira e Hórreo.

Pazo de Bendaña, s. XV

Casas góticas da Rúa da Cerca, dos s. XV (número 5) e XVI (número 9).

Torre Municipal, ou "do Relozo", s. XVI

Convento das Nais Agustinas, antigo Hospital Real, s. XVI

Santuario da Nosa Señora dos Remedios, s. XVI, obra de Juan de Herrera.

Pazo de Lanzós, s. XVII

Igrexa e Convento de Santo Domingo, s. XVII. Da torre colga o Globo de San Roque.

Casa Consistorial, s. XVIII

Edificio do Arquivo, ou "Liceo", s. XVIII, levantado para o Arquivo do Reino de Galicia.

Pazo dos condes de Taboada, s. XIX.

Casas e palacetes modernistas: Casa Núñez, Casa Pita, Casa Limiñón, Casa do Pobo, s. XIX-XX.

Palco da Música, s. XX, desde onde Manuel Lugrís Freire en 1907 pronunciou o primeiro discurso público integramente en lingua galega.

Legado dos irmáns García Naveira na cidade, s.XIX-XX e cargado do modernismo da época: Casa do Pobo, Lavadoiro Público, Escolas de San Francisco, Escolas e Asilo García Naveira, Refuxio, Sanatorio San Miguel, e o parque do Pasatempo.

 

Museos

Museo das Mariñas: museo etnográfico e histórico fundado en 1982. Destacan a súa colección de escultura medieval, a sala do Apostolado de Rubens, e a sección do traxe galego.

Museo da Estampa Contemporánea: ubicado na sede da Fundación CIEC, recolle obras de artistas tan destacados como Pablo Picasso, Amadeo Gabino, Luís Seoane ou Jesús Núñez.

 

Festas e celebracións

Romaría dos Caneiros

Festas de San Roque de Betanzos, que inclúen o Lanzamento do Globo e a Romaría dos Caneiros.

Feira Franca Medieval

Concurso Bienal de Balconadas

Festa do Viño de Betanzos

Festa dos Alborotados

Festa da tortilla

 

Anque che son das Mariñas,/ das Mariñas de Betanzos,/ anque che son das Mariñas/ non che vendo garabanzos.

 

 

Plaza Hnos García Naveira: centro neurálgico de la ciudad de Betanzos.También es conocida como Plaza del Campo por ser este lugar del campo de la Feria. A lo largo de su historia tuvo varias denominaciones,estando hoy en día dedicada a los ilustres benefactores de la ciudad. Junto a ella compartiendo espacio se encuentra la Plaza de Galicia.

 

Los puntos a destacar de esta plaza son: el Edificio Archivo o Liceo actual sede en una parte del Ayuntamiento de Betanzos y de salas para exposiciones y actividades culturales. Su fachada tiene 50 metros de largo y en un lateral se encuentra la Alameda.

 

Otro edificio singular es el Hospital de San Antonio fundado en 1675 y que actualmente alberga los juzgados. Un poco más abajo se encuentra el Colegio de Huerfánas con el escudo de la ciudad. Centran la plaza dos elementos muy siginificativos de la ciudad: la Estatua de los Hermanos García Naveira trasladada desde su ubicación del Pasatiempo, en honor y recuerdo de los filántropos y la Fuente de Diana Cazadora, copia de una Fuente de Diana del palacio de Versalles en Francia.

 

Un lado de la plaza aparece cerrado por los Soportales, calle con arcadas en la que se instala la población cuando la ciudad dentro de las murallas se queda pequeña. Destaca la casa de Don Juan García Naveira, por su estilo afrancesado.

 

El edificio principal de la Plaza es la Iglesia-Convento de Santo Domingo. La iglesia contiene la imagen del patrón de la ciudad, San Roque y el antiguo convento es hoy en día sede del Museo das Mariñas. Desde la Torre de Santo Domingo se lanza cada 16 de Agosto el Globo de San Roque, globo de papel más grande del mundo.

 

18,814 views
11 faves
56 comments
Uploaded on June 26, 2010
Taken on April 18, 2010