1365-Allariz (Ourense)
Tomada dende os restos do castelo no alto da vila.
Patrimonio histórico
O seu Casco Histórico ofrece un bo estado de conservación, grazas ao esforzo rehabilitador dos últimos anos, traballo que se viu recompensado co Premio Europeo de Urbanismo polo proxecto de Recuperación Integral do Conxunto Histórico-Artístico de Allariz e do seu río Arnoia, en 1994.
Monumentos
Convento de Santa Clara e Museo de Arte Sacra
Fundado en 1268 pola raíña Dona Violante, esposa de Afonso X o Sabio. O templo foi construído no século XIII pero a actual reconstrución é do XVIII a consecuencia dun incendio que sufriu o convento o 15 de xaneiro de 1757. Posúe o claustro barroco máis grande de España. Aquí residen monxas en estrita clausura polo que non é posible acceder máis que á igrexa e ao museo que contén dúas pezas de máximo interese: A virxe abrideira, relacionada cos modelos composteláns do s. XIII; A cruz de cristal;. A súa dereita atópase a Igrexa de San Bieito, patrón da cidade.
Campo da Barreira
Delimitado pola construción do Real Mosteiro de Santa Clara nun dos laterais, e no centro pola Fonte circular de Ferro Caaveiro do ano 1783 con árbore fasciculada.
Capela Santuario de San Bieito
A construción comezou no ano 1770, sendo o proxecto orixinal revisado na súa totalidade. É un modelo barroco, pola proporción dos seus elementos, a marabillosa lanterna e o campanario.
Igrexa Parroquial de Santo Estevo
Románica, do primeiro terzo do XII, modificada en 1581, cando se constrúe a torre. Na alzada sur, hai tres sartegos encaixados en arcos de descarga. A obra do s. XVI en Santo Estevo está feita cos perpiaños do “Campo dos Brancos”, cos que se inicia unha correlación entre a reconstrución das igrexas románicas e a destrución das fortificacións.
Penedo da Vela e Castelo
Atalaia natural no antigo asentamento do Castelo. Vista panorámica. Comezou a súa construción entre 1072 e 1078 con Afonso VI. Entre finais do XIV e principios do XV sufriu unha considerable reconstrución. Tiña planta rectangular, división interior en dous cadros, correspondentes posiblemente coas dúas plataformas actuais. Catro torres circulares, unha en cada esquina. Xa en moi mal estado dende tempo atrás, o Castelo desaparece a mediados do XIX por efecto da desamortización de Madoz.
Barrio Xudeu do Socastelo
Despois de varios asentamentos en San Pedro, Arroleiro e Vilanova, os xudeus de Allariz asentáronse extramuros no s. XIII no barrio do Socastelo. A súa presenza garda relación directa coa tradición e a lenda do fidalgo Xan de Arzúa e a Festa do Boi no Corpus.
Igrexa Parroquial de Santiago
Iniciada cara 1119 é un exemplar arquetipo do románico popular galego. De nave única e ábsida semicircular, conserva integramente a súa estrutura primixenia. O famoso treito semicircular da ábsida é un trunfo da decoración figurativa románica coa arquería cega. Ao norte ten unha á gótica con arcos, capela e sancristía. O retablo renacentista no que os altos relevos están perfectamente logrados, foi trasladado a San Bieito.
A Paneira
O monte de piedade era unha institución de crédito agrícola que estivo en funcionamento entre os séculos XV e XVIII.
Casa Torre De Castro Oxea
Posúe tres corpos arredor da torre que data de principios do século XVI. A alzada da Rúa da Cruz é de 1748, de estilo barroco.
Ponte de Vilanova
Logo de varias reconstrucións, pódese identificar a traza románica orixinal; calzada en ángulo, e no machón oposto ao tamallar, uns perpiaños co escudo da Vila de Allariz.
Pazo do xulgado e instrución
Agora convertido en Centro Social. Con aire de típico Pazo galego posúe dúas plantas e é un exemplar de estilo colonial incongruente en Galicia. Aloxa o “Museo Galego do Xoguete.”
Restos da muralla
No seu trazado definitivo (finais do século XV) acada unha lonxitude de 1 quilómetro, cunha anchura media de 2 metros e 11 metros de altura por termo medio, chegando nalgún punto aos 20 metros.
Igrexa de San Pedro
Consagrada en 1173, só queda da obra románica, que tiña un claustro, a capela maior desfigurada. Forte torre inspirada nas militares da Vila. No sur ten encaixado o notable portón da ex-parroquial de San Salvador de Piñeiro.
Igrexa de Santa María de Vilanova
Románica, de cara o ano 1180. Presenta unha nave de planta e capela única; o treito do presbiterio conserva toda a pureza primixenia. Sobre aquel hai un rosetón. Posúe un retablo barroco coa imaxe da patroa da vila.
Colexio dos Salesianos
Conserva encastrados arcos, pilastras, cornixas e pináculos da Igrexa da Asunción, que era de 1616. Severo estilo inspirado no Herreriano. Iníciase a súa construción no 1918.
Traido da Galipedia.
Samsung digital camera