Back to photostream

Feijóo avanza que o proxecto Fogar Dixital Asistencial, dotado con máis de 3,5 millóns, permitirá aos pacientes crónicos un seguimento continuo do seu estado de saúde desde o fogar ao poder enviar información en tempo real ao seu hospital de referencia V

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, que o proxecto Fogar Dixital Asistencial, dotado con máis de 3,5 millóns de euros, permitirá a implantación de dispositivos nos fogares dos pacientes crónicos para enviar, en tempo real, información ao seu hospital de referencia sobre o seu estado de saúde. “Significa trasladar a infraestrutura sanitaria aos fogares dos galegos que padezan patoloxías crónicas e que precisen facer un seguimento continúo do seu estado de saúde. É como ter monotorizado a un paciente que necesita mandar información permanente ao seu hospital, tanto desde o punto de vista cardiolóxico, diabético ou calquera outro tipo de patoloxía crónica”, explicou.

01/06/2012

 

A noticia completa: imit.xunta.es/portal/actualidade/novas/2012_06_01_feijoo....

234 views
0 faves
0 comments
Uploaded on June 4, 2012
Taken on June 1, 2012