Back to photostream

e-phone life

Antes a televisión nos atontaba e ocupaba o noso tempo libre. Oxe temos un novo inimigo que xa non se limita a apropiarse do noso lecer, senón que se coa en calquera oco e físgoa de tempo do noso día: é a síndrome da conexión permanente.

Os móbiles con Internet fan a nosa vida moito máis doada en infinidade de tarefas, pero tamén nos fan máis escravos que nunca.

Temos agora un novo medo, o medo para perdernos algo importante por non estar conectados, o denominado FoMO (fear of missing out ou medo a perderse algo) que xa sofren 3 de cada 10 persoas de entre 13 e 34 anos. Estar continuamente conectado á rede de redes está a nos volver máis parvos e vagos, pero tamén está a cambiar a forma que temos de interactuar cos nosos semellantes, de relacionarnos en eventos sociais e ata de xestionar os nosos estados emocionais.

Cando o primeiro que un fai ao levantarse é mirar os emails e mensaxes pendentes, cando a cada vibración ou son de forma instintiva colles o móbil ao instante, cando non podes resistir a tentación de mirar as actualizacións da rede social de quenda, cando estas a mirar o móbil no canto de estar a gozar da compañía doutras persoas Algo non vai ben

1,410 views
13 faves
2 comments
Uploaded on June 24, 2017
Taken on June 9, 2017