Back to photostream

Rehabilitación do Cruceiro de Couso 2 (Sandiás - Ourense)(Proxecto ARRAIANO)

Actuacións de rehabilitación do cruceiro de Couso (Sandiás - Ourense) dentro do proxecto ARRAIANO (Proxecto cofinanciado ó 70% polo FEDER) no ámbito dedicado á promoción do patrimonio cultural e preservación deste, a Deputación de Ourense convocou no 2010 unha liña de axudas destinadas á preservación e conservación do rico patrimonio etnográfico dos nosos concellos. A intención da Deputación de Ourense, ó convoca-las devanditas axudas, foi a protección, conservación, así como a posta en valor dos numerosos bens do patrimonio etnográfico que atesoura a provincia da Ourense (moitos deles nun pésimo estado de conservación), co fin de evita-la súa perda para sempre, coa perda que iso implicaría para o patrimonio cultural e, por ende, turístico, da provincia. Os investimentos subvencionados tiverón carácter de obras de limpeza, consolidación, conservación e rehabilitación das construcións, instalacións e do seu contorno, e articularán unha política de promoción da cultura e da paisaxe nas áreas xeográficas dos proxectos.

 

 

306 views
0 faves
0 comments
Uploaded on May 30, 2012
Taken on May 30, 2012