Back to photostream

La ciudad. Massimo Cacciari. GG

La ciudad

Massimo Cacciari

 

Fotocollages de Thomas Bayrle

Traducción de Moisés Puente

 

Ed. Gustavo Gili. Barcelona. 2010

80 pág. 15x24 cm

ISBN: 978-84-252-2331-0

+ info

 

No final do 2010 deseñamos para a editorial Gustavo Gili o primeiro libro dunha nova colección que tratará sobre temas relacionados coa cidade e o territorio dende diferentes perspectivas e áreas de coñecemento.

 

Xunto cos editores, desenrolamos unha idea para definir a identidade gráfica da colección que consiste, paradóxicamente, en prescindir dunha gráfica constante a aplicar en todos os libros da colección, e tentar, case de maneira experimental, que a identidade da colección se vaia formando dende a heteroxeneidade e dende os puntos de vista particulares que aporte cada novo autor co seu texto.

 

Cremos que no momento actual, no que a realidade é cada vez máis necesariamente antidogmática, e na que so é posible achegarse a súa compresión dende diferentes disciplinas e posicionamentos, o deseño dunha colección como esta ten tamén que fuxir de modelos ríxidos que non reflexen isa complexidade e diversidade.

 

Patindo desta idea, os elementos que se manterán constantes nos diferentes libros serán máis físicos que gráficos: un mesmo formato (15x24 cm) de proporción 5:8, que sexa manexable para a súa lectura en calqueira lugar e compatible co formato de prego 70x100, ademáis de aportar flexibilidade para a maquetación de fotografías, planos ou esquemas, o material de cuberta (cartoncillo ou 'folding' estucado por unha cara) de diferentes cores, e unha encadernación tipo 'otabind' que permita a apertura total do libro e un aproveitamento máximo da superficie do papel.

 

A maiores do texto, no que Massimo Cacciari expón un percorrido histórico polas diferentes fases evolutivas da cidade (polis, civitas, cidade, metrópole e postmetrópole ou cidade territorio), o libro propón un discurso complementario e paralelo ao traverso dos fotocollages de Thomas Bayrle.

 

Para darlle personalidade a cada un dos dous discursos, decidimos imprimilos en diferentes tipos de papel: offset para o texto, e estucado mate para os fotocollages, intercalando estos últimos entre os pregos de texto, e facéndoos máis curtos na súa lonxitude horizontal.

 

As tipografías empregadas son a Bembo para o texto, que como o autor do texto, é de orixe veneciana, e que aporta a calidez e a lexibilidade necesaria para a lectura, ademáis de polo seu carácter clásico e por coincidir no momento da súa creación (Renacemento) coa época na que establecen as primeiras teorías de deseño urbano moderno en Europa, e a Whitney, de Hoefler & Frere-Jones, para folios explicativos e encabezamentos, como contraste á tipografía principal, e polo seu carácter ecléctico e contemporáneo.

 

Para a portada, asociamos cada unhas das fases da evolución urbana (polis, civitas, cidade, metrópole e postmetróple) a unha unidade de trama representativa (círculo para a polis grega, cruz para a civitas romana (cardo e decumanus), aspa para a cidade medieval (puntos estructurantes do territorio), un doble círculo para a metrópole (centro e periferia) e trama de puntos para a cidade difusa no territorio) e superpuxemos as diferentes tramas escribindo o nome de cada forma urbana coa súa trama asociada, reflexando así a evolución que amosa o libro, configurando unha maior densidade de tramas no centro do libro e súa expansión e crecemento cara os seus límites.

 

 

 

 

 

2,058 views
0 faves
0 comments
Uploaded on January 24, 2011
Taken on January 16, 2011