Mostras: O amor nos tempos do algoritmo
Poliamor, parellas abertas, aplicacións de citas, match, novas sexualidades, mercantilización das emocións, a fin do amor… todos estos son tan so algún dos termos e expresións que, dun tempo a esta parte, véñense incorporando ao dicionario do que é considerado un dos grandes temas da humanidade dende que o mundo é mundo, especialmente no eido da literatura e artes afíns: o amor romántico. Mais todo ese vocabulario moderno incide nunha idea principal: a aparición de novas formas de relacións afectivas e, sobre todo, a crise do modelo clásico do concepto de amor. Xa hai uns vinte anos o sociólogo Zygmunt Bauman acuñara a expresión amor líquido para designar o tipo de relacións interpersoais que se estaban a dar na sociedade posmoderna. Esas relacións caracterízanse pola fluidez, a falta de vencellos sólidos, a volubilidade e, en definitiva, a tendencia xeral a escapar do compromiso. Por suposto, iso ten moita relación coa cultura da sociedade de consumo, co seu principio hedonista da satisfacción inmediata e a súa filosofía de usar e tirar. Dúas décadas despois, o fenómeno non puido senón ir a máis debido ao impacto da tecnoloxía e s novas posibilidades virtuais dos algoritmos, e quen sabe o que nos deparará o futuro coa intelixencia artificial.
Na Biblioteca Municipal Os Rosales, propoñémosvos facer un percorrido polo pasado, o presente e o futuro do concepto de amor romántico no ciclo temático O AMOR NOS TEMPOS DO ALGORITMO: CRISE E TRANSFORMACIÓN DAS RELACIÓNS AFECTIVAS.
Estes son os seus contidos:
- Unha mostra documental con materiais bibliográficos sobre a temática en distintos formatos.
- Lecturas e debates dentro das sesións do trimestre do programa O Pensatorio.
- Unha charla cunha experta na materia:
“Do amor e A Odisea: século XXI”. Ana de Miguel (Profesora Titular de Filosofía Moral y Política de la Universidad Rey Juan Carlos de Madrid); 2 de maio, 18:30 h.