Back to photostream

#Alfinbmc en negro: IES Agra I, 2º ESO A e PMAR

#Alfinbmc en negro é un proxecto desenvolto pola Biblioteca Ágora no marco estable de colaboración que mantén coa comunidade educativa e especificamente co IES Agra I.

 

Trátase dunha actividade deseñada para público xuvenil de 2º de ESO que ten por obxectivo favorecer a adquisición de habilidades coa finalidade de capacitar aos mozos e mozas para atopar, usar e avaliar a información de xeito eficaz e resolver problemas e tomas de decisión.

 

Con "Alfin en negro..." queremos promover a función formativa da biblioteca a través dunha temática encadrada nos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, entre os que se atopa a educación de calidade, a igualdade de xénero e a redución das desigualdades, ao tempo que colaboramos coa Concellaría de Igualdade da cidade poñendo o foco de atención no Día Internacional da Eliminación da Violencia Machista que se celebra o 25 de novembro.

 

Presentación en Prezi da proposta:

prezi.com/thxuicbjp-hk/alfin-en-negro_2oeso/

218 views
0 faves
0 comments
Uploaded on November 27, 2019
Taken on November 26, 2019