Luscofusco_Gz
Ondas do mar de Vigo
A lírica galaica medieval sempre é unha fonte constante de inspiración, tanto dos autores máis coñecidos (Martim Codax, Meendinho, Joam de Cangas, Dom Dinis,...) como outros que non tanto.
Onte no diario El Pais aparecía unha noticia asinada por Javier Rodríguez Ramos, titulada www.elpais.com/articulo/cultura/Apartheid/paraiso/elpepuc... onde unha vez máis se comete o erro de ocultar a existencia e a importancia da lírica galega do medievo. Parece que para moitos naquela época as linguas da península só eran o castelán-romance, o árabe e o hebreo, esquecendo o mozárabe, o galego ou o mesmo euskaro.
A noticia trata sobre a publicación de Locus amoenus (Galaxia Gutenberg / Círculo de Lectores) de Carlos Alvar e Jenaro Talens. Tentarei facerme cun exemplar, pois no artigo (e talvez no libro) se nos intente facer ver unha vez máis o erro de que as relacións de casteláns árabes e xudeus sempre tiveron unha relación un tanto arisca tanto nos reinos de Castela, como no de Aragón, Galiza, etc.
Se me din que moitos trobadores, escritores, políticos optan polo uso do romance castelán nese momento por comodidade, non mo creo... unha cousa é facer algo por comunidade e outra ben diferente por imposición,...
Obvia tamén que a lingua usada na música era o latín (para a de tipo sacro) e o galego (para a trobadoresca) en toda a península ibérica. Se o marqués de Santillana escribiu en galego,... sería por algo.