Algo sobre la gaita gallega en Argentina
A CURUXA, De Ruada en Bos Aires (Año 2006)
Temas de esta Obra:
1.- Alalá das Mariñas / Ferrol (Alalá/Muiñeira) Tradicional.
Gaita en Do Arturo Lamas
A peza é do repertorio do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol que, fundado en 1915, se destacou como unha das catro agrupacións históricas máis sobranceiras do folclore galego. A segunda interpretación pertence ao gaiteiro Constantino Bellón, de gran sona na Ferrolterra. Ambas as dúas pezas foron gravadas en outubro de 2005 e interpretadas polo gaiteiro Arturo Lamas Braña na súa visita á capital porteña.
2.- Manoeliña (Xota) Tradicional.
Gaitas en Do:
Xesús Mariño Barcia e
Walter Almirón García
Tamboril e bombo: Óscar Mouzo
Aturuxos: Óscar Ibáñez García
A peza é do repertorio de Manuel Dopazo Gontade (1882-1952), alcumado como O máis grande gaiteiro de América. Foi, ademais, o creador e director da primeira banda de gaitas do novo continente. Los Gaiteiros de Villaverde. Interpretámola coa colaboración do santiagués Xesús Mariño.
3.- O Cabaliño (Pasodobre) Tradicional.
Gaitas en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Bombo: Leonardo Almirón García
Con este pasodobre, Los Monfortinos, o grupo de máis prestixio para a colectividade galega na segunda metade do s. XX, abría as súas actuacións de ritmos bailables. Esta formación conclúe a súa actividade no 1992 ao finar o seu director, o gaiteiro Avelino Rodríguez Arteaga, natural do concello de Vila de Cruces, na provincia de Pontevedra.
4.- Muiñeira das Cernadas (Muiñeira)
Autor: Xulio Amado Silva
Gaita en Do e pandeireta: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Cunchas: Belén Bermúdez
Xulio Amado, hoxe radicado na Península, formou parte durante varios anos do desaparecido grupo folclórico César Quiroga, do Centro Betanzos de Bos Aires. Esta muiñeira é a nosa contribución á celebración do centenario da institución de caracter comarcal máis antiga do mundo (1905) .
5.- Xota de Coirós (Xota)
Autor: Walter Almirón García
Gaita en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
O autor quérelle adicar esta peza ao seu avó Xosé García Valiño, nado no lugar de Merille, pertencente á parroquia de Lesa, no concello coruñés de Coirós, quen na súa mocidadetanxera a caixa e o bombo con pratos xunto ao gaiteiro de máis sona da comarca betanceira no século pasado, Francisco Manso Barros, O Cafú.
6.- Baila, rapaza (Muiñeira)
Autor: A. Sisto / Hernández
Gaita en Do e aturuxo: Óscar Ibáñez García
Gaita en Do: Walter Almirón García
Tamboril: Óscar Mouzo
Bombo: Leonardo Almirón García
Muiñeira do repertorio de Aurelio Sisto de Chaparra, Compostela. Esta peza foi gravada coa colaboración do gaiteiro Óscar Ibáñez durante a súa pasaxe pola quinta provincia no mes de outubro de 2004.
7.- Cantar de Arrieiro (Canto de labor)
Tradicional.
Voz: María Recarey Rey
Coñecido como tradicional estendido por toda a xeografía galega. María Recarey aprendeuno do seu avó, Francisco Recarey, na parroquia da Pereira, no concello coruñés de Santa Comba.
8.- Danza de Malvares (Danza)
Tradicional.
Voz e pandeireta: María Recarey Rey
Os "agarradiños" formaban parte do repertorio dos bailes que se podían escoitar nas ruadas e fiadeiros. Trátase de bailes que, maila seren modernos, se adaptaron sen problemas ao concepto musical autóctono. Falamos, por exemplo, das polcas, mazurcas, valses, pasodobres... Popularmente as primeiras denomináronse xenericamente como "danzas". Estes bailes tiveron boa acollida entre a mocidade polo contacto físico que producía, xa que facilitaba a relación entre as parellas. Esta peza foi recompilada na aldea de Malvares, parroquia de Rial, no concello coruñés do Val do Dubra.
9.- Xota de Rial (Xota)
Tradicional.
Voz e pandeireta: María Recarey Rey
Interpretada pola nosa voz feminina María Recarey, residente na actualidade no municipio de Lanús, provincia de Bos Aires. María formou parte da fornada de emigrantes que de Galicia saíron cara ao continente americano alá polo ano 1981.
10.- Muiñeira de Rial (Muiñeira)
Tradicional.
Voz e pandeireta: María Recarey Rey
Unha das pezas máis características da parroquia de Rial, lugar de nacemento de María Recarey.
11.- Taramundi (Valse)
Tradicional.
Arranxos: Serxo R. Vaamonde & Walter Almirón García
Acordeón: Macarena Bermúdez
Violín: Serxo R. Vaamonde
Valse recolleito por Xosé Manuel Seivane no concello asturiano de Taramundi, estremeiro co concello lugués da Pontenova. A versión que ofrecemos con acordeón, a piano e violín achégase ao estilo interpretativo característico da Arxentina hai máis de cen anos, aderezada por un sutil aire francés.
12.- Mate amargo (Rancheira)
Tradicional.
Acordeón: Daniel Inger
Guitarra crioula: Serxo R. Vaamonde
Xénero musical popularizado na Arxentina, Perú, Venezuela e México; neste último país naceron as rancheiras máis coñecidas. As rancheiras crioulas son danzas rurais ao xeito de mazurca europea e xurdiron nos arrabaldes da cidade de bos Aires a finais do s.XIX. A nosa versión axústase ao xeito interpretativo actual da rexión pampeira.
13.- Día Domingo (Cumbia)
Popular.
Saxos altos: Walter Arce & Óscar Mouzo
Clarinetes: Alberto Vera & Walter Arce
Caixa e choca: Patricio Camino
Bombo, pratos e güiro: Walter Almirón García
Grupo: Brisas da Coruña, de Bos Aires.
A cumbia orixinouse como xénero musical na costa colombiana, producto da fusión entre elementos folclóricos de orixe negra, branca e indíxena, sendo na súa forma autóctona exclusivamente instrumental. Na Arxentina principiou a escoitarse no pasado século XX, concretamente na década dos corenta, e integrouse no folclore nacional. Adquire popularidade co grupo Wuawancó do Uruguai. A influencia de ritmos como o chamamé, o cuarteto e o merengue contribuíron a consolidar un estilo propio, diferenciado do orixinal. No contexto galego estes aires americanos foron incorporados aos repertorios dos chamados Conxuntos rexionais, Orquestiñas e Grupos de gaitas. Día Domingo foi recolleita do conxnto E Rivadavia.
14.- O negro Xosé (Candombe).
Autor: Roberto Ternán
Saxos altos: Walter Arce
Clarinete e clarón: Xurxo Álvarez
Clarinete:Roberto Motola
Caixa e choca: Óscar Mouzo
Bombo e pratos: Xoán Carlos Mouzo
Conxunto: Galicia (1999)
O candombe é un ritmo de orixe africana que representa a supervivencia do acervo ancestral de raíz bantú. Foi introducido no Río da Prata polos antigos escravos negros. Nos carnavais da cidade de Montevideo é onde se pode escoitar este ritmo con máis forza. Candombe para José ou El negro José é o nome co que se coñece mundialmente esta composición, da que é autor o músico de orixe arxentina Roberto Ternán.
15.- Zapateiros ambulantes (Pasodobre) Tradicional.
Gaita en Si bemol: Cándido Pérez
Clarinete: Roberto Motola
Saxos altos: Walter Arce e Xurxo Álvarez
Caixa: Óscar Mouzo
Bombo e pratos: Xoán Carlos Mouzo
Presentador: Rodolfo González Ouvel (Gonzalito)
Conxunto: Galicia (1999)
Trátase dun pasodobre popular do repertorio do conxunto Galicia, formación que foi creada e dirixida polo gaiteiro Manuel García Pose, natural do concello coruñés de Muxía. Esta peza foi extraída dun disco inédito gravado por esta agrupación en 1999, ano no que abandonou a súa traxectoria musical logo de dúas décadas de presenza ininterrompida no panorama musical galego-arxentino.
16.- Corridiño (Corridiño)
Tradicional.
Saxofón Tenor: Alberto Vera
Clarinete: Walter Arce
Acordeón: Beti Lefbad Ruppel
Caixa: Patricio Camino
Gaita en Do, bombo e pratos: Walter Almirón García
Conxunto: Brisas da Coruña, de Bos Aires
Tema orixinario de Minas Gerais (Brasil), de clara influencia portuguesa, Recolleito ao grupo Los Futuristas, do poboado do Soberbio, provincia de Misiones, por Beti Lefbad, irmá dalgúns dos músicos da formación. Nesta parte do país asentouse unha gran colonia de emigrantes procedentes do centro de Europa, o que fixo que o acordeón fose o instrumento máis utilizado para amenizar os bailes desta rexión do noreste da Arxentina.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Grabado, mezclado y masterizado por Guido Alfonsi. (*)
(*)Es Productor Profesional de Música, Técnico en Sonido y Grabación, Analista Universitario de Sistemas egresado de la Universidad Tecnológica Nacional, Experto Universitario en Implementación de Proyectos de E-learning, Técnico Electrónico y Músico. Ha realizado seminarios en AES (de la cual es miembro), UTN y UNQ, referidos a Audio Profesional, Multimedia, Programación, Tecnología Educativa, Autoría y Producción de DVD musicales, E-learning, Técnicas de Grabación y Mezcla, entre otros. Actualmente se encuentra concluyendo la carrera de Ingeniería en Sistemas de Información en UTN y desarrollando un sistema de educación a distancia.
Coordinador de la carrera “Técnico en Grabación de Sonido y Producción Musical”.
Docente de:
Técnicas de Grabación. Audio Digital II. Masterización.
Para escuchar esta obra: folkloregalego.blogspot.com/search?q=a+curuxa+de+ruada+en...