© MA.GO (OFF...)
A virxe do cristal
Texturas de: pareeerica
www.flickr.com/photos/8078381@N03/
A virxe do cristal/La virgen del cristal.
Manuel Curros Enriquez, autor do poema.A Virxe do Cristal é un poema de máis de mil versos escrito por Manuel Curros Enríquez que relata unha historia de base popular.
O argumento recollido do pobo por Manuel Curros Enríquez é o seguinte:
A historia d´A Virxe do Cristal transcorre en 1630. Os protagonistas son a parella de namorados Rosa e Martiño. Ambos traballan para o señor do castelo de Vilanova, que vive na Corte e non vén máis que para cobrar a renda e o foro. Outro personaxe é Xan de Ventrances (rival de Martiño no amor a Rosa, pero a quen ela rechazou), que lle comenta a Martiño calumnias sobre a virtude da súa moza. Martiño dá creto ás palabras de Xan e rompe a relación coa rapaza.
Entón a Virxe aparecéselle en soños a Rosa para a reconfortar e ao día seguinte cae do ceo, xunto cun raio, un cristal coa imaxe da Virxe dentro. Martiño encontra o cristal pero non cre que sexa unha proba que demostre a pureza da súa moza. Ao día seguinte, Rosa topa co cristal e a Virxe dille a Rosa que a enviou Deus para demostrar a súa pureza, á vez que manifesta o seu desexo de que lle ergan unha capela naquel val. O pobo celebra o milagre e Rosa entra nun convento. Martiño víngase de Xan arrincándolle a lingua. A narración acaba coa morte de Martiño en Allariz, conxelado nunha noite nevada, ao pé do convento de Rosa.
gl.wikipedia.org/wiki/A_Virxe_do_Cristal
Vilanova dos infantes.
Carretera Orence-Celanova.