393
393
Alumno: Hugo Lorenzo Basanta
Escola: IES Perdouro (Burela)
O meu avó contoume que era un domingo e pescaran moita xarda. Trouxérana viva ata o porto porque como era un domingo igual ninguén a compraba. Trouxérana viva dentro do preeiro. Rulouse e comprouna un señor. Neste momento estábana subindo a bordo do barco e estábana preparando para metela nun camión.
Na imaxe sae o valente vello que era un taberneiro que tiña a taberna na avenida Arcadio Pardiñas.
Tamén sae o mudo que era o irmán do meu bisavó. Sae tamén meu avó que daquela tiña 13 anos.
Aparece o irmán do meu avó e tamén o resto da tripulación. Estaban traballando todos no barco do meu bisabó, A Laura en honor a miña tataravoa.
E a foto cre que a sacou Foto Sergio.