Back to photostream

380

380

Alumna: Elsa Lupicki Rodríguez (4ºESO)

Escola: IES Alexandre Bóveda (Vigo)

 

Nesta foto aparecen cinco persoas na casa dos tíos da miña nai , Celsa e Manolo. Están na cociña, diante da fiestra, que ten posta unhas cortinas sinxelas e finas. Os mobles son simples e ben coidados. As persoas que se ven na foto son: os meus avós Antonio e Ana; Celsa, a irmá do meu avó e Manolo, o seu home; tamén está o Antonio de Lagariza, irmán de Manolo. Están ceando os chourizos que trouxeron Celsa e Manolo desde España ás agachadas, porque nesa época non se podía pasar carne de porco pola peste porcina. Ían en tren desde Galiza ata Xenebra ( Suíza ) pero cando levaban porco baixaban na última estación francesa (Lyon) e alugaban un coche para entrar en Suíza . Isto facíano así porque controlaban máis os estranxeiros na aduana do tren que cando pasaban en coche.

Meu avó emigrou a Suíza no 196 2 con 23 anos , un pouco polas circunstancias familiares Ata ese momento, vivía na casa familiar e traballaba as terras axudando a súa nai e a o seu irmán. Pero cando casou o irmán e este quedou a vivir na casa familiar, o meu avó decidiu marchar cara outro lugar para atopar traballo e intentar prosperar. Nese momento os galegos marchaban cara Suíza, fenómeno migratorio facilitado pol a supresión do visa do entre España e Suíza O meu avó tamén o fixo así porque sabía dalgún veciño que fixera o mesmo ao principio, foi moi duro para el porque non coñecía a ninguén e aínda por riba estaba a barreiro da lingua Ademais de non saber francés tampouco lle gustaban as comidas, en especial o queixo. Co tempo aprendeu o francés e encantoulle o queixo.

 

 

302 views
0 faves
0 comments
Uploaded on July 5, 2022