369
369
Alumna: Leo Pombo Seoane (2º ESO)
Escola: IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela)
Data: 1960
É o meu avó xurando a bandeira no ano 1960 . O meu avó fixo o servizo militar de voluntario , antigamente pasábase moita fame e non tiñan para vestir nin para comer.
O meu avó chamábase Gumersindo Seoane Blanco , quedou orfo por parte de nai con 5 anos e por parte de pai pódese dicir que tamén. O seu pai tivo que escapar polos tellados das Casa Novas fuxindo da Garda Civil porque era republicano. A vida fixo que se fose de voluntario ao servizo militar con 16 anos para ter un prato de comida , roupa e unhas botas novas.
Segundo conta a miña avoa fixo o servizo militar en Santiago de Compostela na rúa do Hórreo onde estaba no posto de telefonista; contan que foi cabo e que estivo 16 meses no servizo militar.