174
174
Alumna: Carla Salgueiro Diego
(3º ESO)
Escola: IES Escolas Proval (Nigrán)
OS CASAMENTOS. A EMIGRACIÓN
Esta foto foi tomada no ano 1965. É unha fotografía da voda duns amigos da miña avoa, Dolores Travieso Ladra. Ela tamén sae, é a que está sentada. Están en Montevideo. Todos son emigrantes galegos que marcharon para alí buscando unha vida mellor.
Aínda que estaban fóra de Galicia seguían mantendo os seus costumes e tradicións. De feito, contoume a miña avoa que entre eles seguían falando galego.
Tiñan moita relación entre eles xa que, elas traballaban xuntas, e eles igual. Ían para as súas casas camiñando e falando das súas cousas todos os días.
Foi aquí, en Montevideo, onde coñeceu ao meu avó, José Diego González, grazas ás xuntanzas de galegos que había. Tempo despois de coñecerse casaron alí e tiveron dous fillos, o meu tío e a miña nai.