187
187
Alumna: Henar Iglesias del Ser (4ºESO)
Escola: IES Alexandre Bóveda
Esta imaxe é do 30 de xullo de 1930 e nela aparece a miña avoa María José Noya Fernandéz, que fora a unha festa de Santiago de Compostela. Ela era de alí polo que sempre ía ás festas. O nome da festa era “Batalla de flores”, e estaban patrocinadas por todos os comercios de Santiago. Nela, persoas e carrozas desfilaban por todas as rúas do centro e sobre todo pola zona da Alameda e da Ferradura.
Naquelas festas tomaban parte un gran número de carrozas, coches e automóbiles adobiados. Ademais da Batalla de flores tamén se realizaba unha velada musical e unha gran sesión pirotécnica. Para a velada musical contratábase a grupos tradicionais galegos e no que se refire á pirotecnia, realizábanse queimas de pezas fixas e fontes luminosas. Normalmente a xornada remataba cunha batalla de flores na que se lanzaban ao aire todo tipo de flores e soltábanse numerosos globos, fitas e serpentinas.
Nesta imaxe pódese apreciar unha carroza en forma de barco, que estaba patrocinada por un establecemento de camións (Camiones G.M.C). A miña avoa é a segunda comezando pola parte de atrás do barco, ao carón da rapaza que non está vendo para a cámara. Esta foi unha das ultimas celebracións da "Batalla de flores" xa que logo veu a guerra e deixou de realizarse.
Podcast: www.ivoox.com/o-lavadouro-3-a-batalla-flores-17-6-2022-au...