87
87
Alumna: Ainara Rodríguez Vaquero (2º Bacharelato)
Escola: IES Pino Manso (O Porriño)
“Á volta da misa”
É unha fotografía do ano 1954. Nesta fotografía vemos como os meus bisavós, Eufrasia e Jesús, reunían a toda a familia para celebrar que estaban unidos. Facían comidas familiares e gozaban da compañía mutuamente. Aínda que sen poder aseguralo totalmente polo que me contan na casa, coidamos que esta foto pode corresponder á festa que todos os anos celebraba Budiño (xa que o meu bisavó Jesús era de alí), nas festas de San Blás. E máis concretamente debeuse facer xusto ao volver da misa, xa que podemos ver como van vestidos con roupa elegante para aquela época.
A min gústame moitísimo a moda, e é para min unha ledicia ver nas fotos antigas como ían vestidos os meus antepasados. Aínda que o branco e negro non permite ver as cores, pódese observar o estilo, o deseño da roupa feita polas costureiras ou polas mesmas mulleres que aprendían a coser para facer os vestidos e así aforrar os escasos cartos que tiñan, e no caso dos homes eran os xastres aos que se acudía moi de vez en cando.
Isto permítenos coñecer oficios hoxe practicamente desaparecidos polo cambio no modo de vida e é por isto que considero a fotografía como un ben patrimonial, un documento que nos permite ter a constancia en imaxes dunha riqueza patrimonial que se debe coñecer e conservar.