113
113
Alumna: Gisela Fontela Rodríguez (2º Bacharelato)
Escola: IES Pino Manso (O Porriño)
“Arranxando as redes”
A muller da dereita é a miña abóa acompañada da súa veciña Pili cando tiñan aproximadamente dezasete anos. Normalmente as mulleres do pobo dedicábanse ás faenas que tiñan que ver co mar. Case sempre arranxaban as redes dos barcos de pesca de baixura que empregaban a técnica do cerco para pescar.
A fotografía foi feita na praia de Santa Marta en Baiona, que debe o seu nome á capela que está construída desde o século XIV, e que se pode ver ao fondo da foto.
Esta imaxe é moi reveladora porque na actualidade a praia de santa Marta énchese de veciños e turistas cada verán. Resulta inimaxinable que nos anos cincuenta fora un lugar de traballo, onde as mulleres como a miña aboa, realizaban a tarefa de coidar que as redes que empregaban os mariñeiros, estivesen en perfectas condicións cando saían a faenar.
Por iso é tan importante coidar as fotografías antigas para que se manteña viva a memoria do pasado.