242
Nome: Cíes Portela Rodríguez
Escola: IES A Sangriña
Texto:
Nesta imaxe, tomada o 23 de setembro de 1954, aparece á esquerda María Martínez Conde, á dereita Manuela Martínez Conde e entre as dúas Marcelino Portela Lorenzo (irmán do meu pai) . A familia do meu pai era e é recoñecida como “Os Murjas”. Ese día subiron ao monte pola Romaría de Santa Trega, e xa que subían , aproveitaron a viaxe para coller restrollo. Na foto podemos ver o meu tío, vestido para a ocasión e coa súa pequena gaita.
A Romaría de Santa Trega celébrase na Guarda desde o 23 de setembro de 1951, ano no que a santa chegou á ermida. A historia conta que unha seca, no século XIV, prexudicou gravemente as colleitas e fixo que os veciños do lugar subisen ao monte para facer xaxún de pan e auga durante tres días como ofrenda á virxe para que parase a choiva. Hoxe en día, a tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña.
Por outra parte, o carreto cara ao monte para recoller materiais era habitual desde tempos inmemoriais. Na maioría dos casos recollíase leña, toxo, pedra ou outros materias aptos para a realización de diferentes tarefas: construción da casa, apousento dos animais, material para a lareira… Nesta fotografía podemos observar a dúas mulleres portando o carro para realizar estes traballos, feito común nas casas galegas, pois as mulleres eran (e son) quen de facer calquera traballo que fixesen os homes.