Back to photostream

O tormento do pecador

Capitel da Igrexa de Ventosa (Agolada)

 

Este capitel historiado parece provir do desaparecido arco triunfal que separaba a capela maior da nave da igrexa de Ventosa (Agolada). Representa un rostro humano que é atacado por un paxaro de longa crista apuntada que crava o seu pico na testa do home. Pola súa traza semella representar a unha bubela, unha das aves que figuran nos antigos bestiarios medievais que os mestres canteiros usaban como modelos. Ó seu carón ó lado esquerdo do capitel, unha especie de mono tapa a visión do ollo dereito do home cunha das súas poutas.

Todo un sermón en pedra que lembraba ós fieis os padecementos dos pecadores.

 

153 views
0 faves
0 comments
Uploaded on July 18, 2016
Taken on June 16, 2016