yuricarrazoni
Aspecto da xa reformada bancada de Tribuna, coa súa moderna —pero insuficiente— cuberta
Un estadio para o século XXI
Dende a súa apertura en 1928, o vetusto Estadio de Balaídos só fora remodelado con motivo do Mundial de España, hai máis de trinta anos, cando se derrubou o antigo graderío de Río e se substituíu polo actual. Xa que logo, na actualidade está en marcha o definitivo lavado de cara, cuberta exterior incluída. A primeira bancada do plan integral de renovación, a de Tribuna, está a piques de rematar e, polo tanto, a seguinte será Río.
O obxectivo principal é dotar ó Real Club Celta dun estadio adaptado ás necesidades e esixencias deste século, mellorando especialmente en termos de accesibilidade universal que non exclúa a ningunha persoa. Así e todo, as gradas achegaranse considerablemente ó terreo de xogo, o que dotará o fortín celeste dun ambiente máis cálido. Tamén vai trocar a súa “pel” exterior, lucindo unha moderna cuberta de aluminio que simula as ondas do mar.
Porén, a reforma non está a transcorrer como se agardaba. Unha serie de dificultades co financiamento e o orzamento da obra obrigaron ó Concello de Vigo —dono e arrendatario do campo celtiña— a suprimir unha serie de promesas coma o parking subterráneo, así como unha notable demora no comezo das obras. A reforma tampouco acaba de convencer á afección celeste. “Na grada de Preferencia —prolongación de Tribuna Alta, antes situada baixo a mesma— antes non te mollabas; agora si. Será un estadio moi bonito, pero non funcional”, apunta un seareiro, anoxado coa curta lonxitude do novo teito.
A seguinte bancada a reformar, a de Río, está en troques de comezar e na súa efectividade porase de manifesto o éxito ou non da remodelación dun estadio demasiado vello.