Back to photostream

José Sánchez Vázquez, Pepe o Xastre.

Visito a Pepe “o xastre” en Teixeiro, rodeado das súas máquinas de coser, os ferros de pasar, tesoiras, escuadras, regras e patróns.

 

“Comecei a coser con 12 anos polas aldeas. Levaba a máquina nunha caixa, suxeita ó lombo cunhas correas. Chegaba a unha casa e o que houbera que facer facíase. Podías botar alí dous ou tres días, ata rematar. Cosía de noite á luz do carburo”

 

Son palabras de Pepe que falan da dureza do seu oficio nunha época de escaseza. Nunhas condicións de traballo duras, había que ter minuciosidade e precisión para modelar e adaptar un tecido á forma do corpo. A roupa era un recurso escaso e había que coser e reparar prendas que pasaban dos pais aos fillos e dos irmáns máis vellos aos máis novos que ían medrando.

 

71 views
0 faves
0 comments
Uploaded on July 8, 2022
Taken on November 14, 2021