compostelaaberta
CA_150505_010
Este martes estivemos centrados na cultura, un dos motores necesarios para o novo relato de cidade que queremos construír entre todas e todos. De mañá denunciamos a situación de desastre cultural que estamos a vivir na cidade, e en grande parte por causa da inacción do Concello e do que aínda é peor, do seu obstrucionismo.
De tarde, o noso local case ficou pequeno no Encontro aberto para debater sobre o tema. Presentamos o grupo de traballo e comprobamos que a maioría dos actores culturais da cidade partillan a nosa diagnose. Tamén foi común a idea que este traballo terá de continuar despois do 24M independentemente do resultado eleitoral. Só desde unha sociedade articulada e forte conseguiremos impedir que volvan roubarnos algo tan prezado e un ben tan necesario como é a cultura.
Así foi o noso intenso día, no que aínda tivemos ocasión de reunirnos coas ANPA's da cidade e coa directiva do Mercado de Abastos.