DAG Asociación Galega de Deseño
Drag to set position!
A DAG é unha asociación sen ánimo de lucro que se fundou en 2006 e que agrupa a profesionais do deseño de toda Galicia. Abrangue múltiples disciplinas, tales como o deseño gráfico e web, o deseño UX/UI, o deseño industrial, o deseño editorial, o deseño estratéxico ou o deseño de servizos.
Desde entón traballa para conseguir os seguintes obxectivos:
– Impulsar o deseño galego e defender os intereses dos e das profesionais de Galicia.
– Dar a coñecer e implicar a profesionais do deseño no tecido empresarial do país.
– Reivindicar que o deseño ten un valor de seu, e que as empresas e as institucións públicas que coidan este aspecto están a engadir valor á súa actividade.
– Crear canles de comunicación entre profesionais e tamén entre profesionais e estudantes das escolas de deseño, co fin de favorecer o diálogo e a reflexión sobre aquelas cuestións que máis lles preocupan e interesan.
- JoinedJanuary 2012
- OccupationDesign Deseño Diseño
- HometownGalicia
- CountryGalicia
Most popular photos
Testimonials
Nothing to show.