Back to photostream

"ENCONTROS" EN BOS AIRES -Centro Galicia de Buenos Aires- Canal 9 TV (13 de marzo de 2005)

Tocando ante las cámaras de Canal 9 de televisión de Argentina para un programa periodístico.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O domingo 13 de marzo de 2005 produciuse, no Centro Galicia de Bos Aires, a xuntanza do programa da Televisión Galega "Encontros". O evento foi recollido pola televisión porteña na canle 9.

 

O telexornal presentou a noticia baixo o título "Fiesta a la gallega" por medio da súa conductora Karin Cohen. Con grande sorpresa atopamos que entre as notas ós concorrentes aparecía actuando a Agrupación Folklórica Baixo Miño de Bos Aires www.baixomino.com.ar

Polo que se viu na nota houbo moito baile, alegría, morriña nas entrevistas e como non podía ser doutro xeito moita comida: puidéronse ver queixos e sardiñadas.

O conductor Pablo Duggan pechou a nota aclarando que "a estes si se lles pode chamar galegos" facendo referencia a que na Arxentina lle chaman xenerícamente galegos a tódolos españois debido a que a inmensa maioría da emigración deste país proveu da nosa terra.

Duggan debe saber isto primeiro por bo periodista e despois porque o seu apelido evidencia a orixe celta, máis precisamente irlandesa.

 

Texto e imágen: Galicia Espallada www.galespa.com.ar/

 

Para ver nota completa: www.baixomino.com.ar/ga_baixomino.htm

 

1,585 views
0 faves
1 comment
Uploaded on June 12, 2007
Taken on June 12, 2007