Back to photostream

bacaloura na sobreira

A Bacaloura (lacaunus cervus) camiña pola cortiza da vella sobreira (Quercus suber L.) buscando á súa parella.

 

Cando son novos, os escaravellos cervo teñen o aspecto dun verme. Pasan anos enteiros ocultos, alimentándose de madeira podrecida, preferentemente de carballo (pero talvez non unicamente). Cando xa son grandes vermes de máis de 10cm e sentense con forzas para afrontar á vida adulta, baleiran unha cámara dentro da madeira e realizan a metamorfose. A vida do adulto é relativamente curta e ten por finalidade case exclusiva a reprodución. Pero nada disto coñécese con certeza: a duración da vida larvaria, a súa dieta, o momento da metamorfose.. son pequenos misterios que probablemente nunca se van a resolver por que a extinción do Lucanus cervus xa se dá case por segura desde finais dos 80. É cuestión de tempo. O seu problema principal é a destrución do hábitat. Como no caso dun dos seus depredadores, o autillo, necesita bosques vellos con ramas e árbores caídos que podrezan tranquilamente alí mesmo. Ademais, os adultos son fatalmente atraídos pola luz.

68 views
0 faves
0 comments
Uploaded on August 15, 2016
Taken on August 14, 2016