Back to photostream

Gin Tonic

Unha noite de furia e gintonics, así o lembra cando mira a imaxe daquel Conan colgado na parede. Xa levaba catro enriba cando se achegou aquela moza a dicirlle que lle semellaba a un profesor que tivera no instituto. Así lle entrou mentres apuraba a copa. Non lle respostou, contemplou o seu descuberto ombro ca tatuaxe. Non daba creto, outra vez aquel símbolo que non deixaba de aparecérselle no lugar que menos agardaba. Sinteu como se o mundo se lle viñera abaixo.

Ela seguía a falar e falar mentres os seus miolos lle avisaban dunha inminente perda do equilibrio a pesar de atoparse cun cóbado apoiado na barra do bar. Un suor frío deixouse notar e o último que sentiu foi un golpe na cachola mentras caía.

78 views
0 faves
0 comments
Uploaded on February 23, 2016
Taken on November 2, 2014