144
Nome: Mencía González Landeira - 2ºB ESO
Escola: CPI Cruz do Sar (Bergondo)
Texto:
Nesta serie de fotografías aparece a miña avoa na súa festa dos 15 anos.
Os meus bisavós tiveron que emigrar cara Uruguay cando ela era unha nena. Eles eran republicanos e non vivían ben cando se instaurou a ditadura de Franco.
En Uruguay a festa dos 15 anos era unha das festas máis importantes xa que isto quería dicir que te estabas a converter nunha muller. Nas fotografías a miña avoa, chamada Raquel (como a miña nai) levaba un vestido branco.
Na primeira secuencia, podemos observar á miña avoa e aos meus bisavós.
Na segunda secuencia, podemos ver á miña avoa bailar. Como dato curioso, na súa festa dos quince anos, a miña avoa tivo que bailar con todos os invitados! Non sei se iso era algo típico de Uruguay pero dende logo que non o vira antes.
Estas fotografías, xunto con outras tomadas en Uruguay, son moi importantes para nós xa que a miña bisavoa sempre falaba de Uruguay. Ela quería volver, máis nunca o fixo. Para ela foron moi bos tempos, cando non morreran nin a miña avoa nin o meu bisavó. Eu non cheguei a coñecer a ningún dos dous. So coñecín á miña bisavoa, e fascinábanme as súas historias do Uruguay.