Back to photostream

Mellor praceira Quiroga Ballesteros 2010

A queixaría foi fundada por Arcadio Coroas no ano 1955.

 

Daquela, o produto estrela era o queixo do país, é dicir, o artesán elaborado a man con leite cru de vaca, callo e sal. Arcadio acudía a unha morea de feiras, tanto na provincia da Coruña coma na provincia de Lugo, onde mercaba os produtos para a posterior venda na Praza de Abastos.

 

Os produtos que alí podíamos atopar eran esencialmente lácteos, sobre todo manteiga, requeixo, e queixo, non só artesáns de vaca, senón tamén unha variante de tetilla afumada, denominada “Queixo San Simón”. Por outra banda, outro queixo de leite cru puro, pero de ovella, coñecidos de xeito xeral como “queixos de Castilla”. Ningún deles tiñan etiquetaxes identificativas, xa que, daquela, non facían falla porque o establecemento daba as súas propias garantías.

 

Outro produto de moita venda, eran os ovos campeiros, que Arcadio Coroas poñía a disposición dos clientes. Traíaos das das feiras de Castro (Lugo).

 

Ao longo dos anos, estando aínda Arcadio Coroas á fronte do establecemento, incorporáronse numerosos produtos, por exemplo: queixos industrializados nacionais, mel puro de abella e iogures “Rueda” e “Larsa”.

 

No ano 1995, incorpóranse ao negocio familiar María Luísa Arias Viña e Jose Luis Coroas López, nora e fillo de Arcadio, que xa levaban anos acompañándoo a feiras e aprendendo a profesión.

 

Tras cinco anos traballando xuntos Arcadio xubílase, deixando o negocio á seguinte xeración, no ano 2000.

 

Depois desta renovación mantéñense os típicos produtos artesáns, tanto o mel coma o queixo... que xa tiña o fundador. Porén, incorpóranse novos artigos, sempre tendo en conta a calidade dos mesmos, como queixos de importación: Provolone, Pecorino, Mozzarela de búfala, Taleggio, Emmental, Feta, Gouda, Roquefort, Gorgonzola, Mascarpone, Parmesano, Raclette, Ricotta, Scamorza, Brie, Camembert, Edam, Mimolette, Gruyere... e un longo etcétera de queixos de importación.

 

Esta queixaría posúe os mellores queixos en canto a Denominación de Orixe se refire, citamos algúns deles: Arzúa-Ulloa, Cebreiro, San Simón, Cabrales, Torta del Casar, Idiazabal, Roncal, e as distintas D.O dos puro de ovella, así como queixos das illas Canarias e Baleares.

 

Outros queixos a destacar son os de cabra, de diferentes rexións coma Galicia, Asturias...etc. Por outra banda, as noces, as abelás, o pementón, o trigo, herbas...son novos ingredientes que empregan na elaboración dalgúns queixos que en Arcadio Coroas podedes atopar.

 

Este comercio tamén ofrece outro tipo de produtos, como os derivados do porco. Todos estes produtos son de cochos criados en liberdade nsa Nogais con alimentación natural.

 

Ademais, dispoñemos de conservas das Rías Galegas. Por outra banda véndense diversidade de produtos como: pastas italianas, pimentón D.O. de la Verá, aceite de oliva, así como tamén distintos licores galegos.

 

O produto estrela, segue sendo o queixo artesán de leite cru de vaca, callo e sal, elaborado tradicionalmente como dende hai centos de anos.

 

Para finalizar, podemos dicir que se trata dunha concorrida queixaría que ofrece un trato amable e personalizado aos seus clientes, aos que se lles ofrece variedade de produtos e queixos que dificilmente atoparan noutro establecemento.

 

1,937 views
0 faves
0 comments
Uploaded on July 27, 2011
Taken on July 27, 2011