Back to photostream

Inauguración de PROVA de Patrícia Barbosa. Pazo de San Marcos de Lugo. VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

Fotos da inauguración de PROVA, exposición producida a raíz do proxecto gañador da VIII edición do Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un traballo que vai para alén do fotográfico. A exposición, curada por Vítor Nieves, inaugurouse en decembro de 2020 no Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo.

 

Logo de varios anos de investigación, a autora, mestura xunto coas súas fotografías documentais, documentos históricos, escenificacións, fotografías antigas e varios obxectos. Unha grande colección coa que deconstrúe o aprendido sobre a historia recente.

 

A artista parte do descubrimento dun álbum de fotografías do seu pai da época na que foi militar en África, enviado polo Novo Estado portugués para a defensa do que na altura chamaban “Províncias de Ultramar”. Logo dun proceso de desaprendizaxe e de relectura, consegue, a través de numerosa obxectoloxía como cartas ou postais, reescribir a historia dunha época na que a supremacía europea anulaba as numerosas identidades africanas. Nese proceso, Patrícia fálanos dos xogos de poder, exercido sempre na mesma dirección: desde o home branco cara todos os demais seres cos que cohabita, sexa nas colonias ou na metrópole.

 

 

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea é organizado pola Asociación Outono Fotográfico e patrocinado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e conta do apoio de Afundación para a itinerancia.

 

Fotos de Vítor Nieves, Xosé Lois Vázquex e Javi Rego (Gualteri)

225 views
0 faves
0 comments
Uploaded on January 29, 2021
Taken on December 29, 2020